O ESTADO, PROPIETARIO DO TEU CORPO

 – Gregorio Frescovaldi –

  En agosto deste ano, o goberno colombiano tomou a medida de facer obligatoria a donación de órganos.[i] Na práctica, isto significa que a todo falecido subtraeránselle os órganos, sen ter en conta a opinión dos seus familiares, a menos que, en vida, deixe rexistro de ter decidido o contrario.

  Este modelo de obrigatoriedade de donación é moi similar ao modelo español, o cal se fundamenta na presunción legal de donación, tal e como vén recollido no artigo 6 do Real Decreto 2070/1999:

 Que a persoa falecida, da que se pretende extraer órganos, non deixe constancia expresa da súa oposición a que logo da súa morte se realice a extracción de órganos. Dita oposición, así como a súa conformidade si a desexa expresar, poderá referirse a todo tipo de órganos ou soamente a algún deles, e será respectada calquera que sexa a forma na que se expresou.[ii]

  Si o presente falecido non quería doar, debería telo deixado por escrito, é dicir, debería presentar oposición a que os seus órganos fosen subtraídos trala súa morte. Ademais, cabo destacar que é legal que o médico proceda a extraer os órganos do falecido aínda que a familia se negue xa que na lei non se establece que se necesite o consentimento dos familiares.

  A cuestión é, ¿por que supón a lei que debe haber donación no caso de que non se atope unha obxeción? ¿Por que non supoñen os gobernantes que ninguén quere doar? Resulta rechamante, ademais, que sexa o Estado, e non os familiares do falecido, o único capacitado para decidir sobre o futuro do cadáver. Si nos baseamos no costume, parece máis natural que sexan os familiares os que decidan que facer co corpo do falecido.

  Aínda que é difícil saber a quen pertence o corpo do falecido si non deixou instrucións previas, a apropiación por parte do Estado non parece, a priori, a opción máis xusta. Ademais, hai que destacar que o Estado, no seu afán de crecemento e control sobre os individuos, pode chegar a facer obligatoria a donación por parte de suxeitos vivos. Teóricamente, nada lle impide cruzar esa delgada liña que lle separa da situación actual. Esta situación hipotética non sería máis que unha extensión do control sobre os corpos dos individuos que o Estado xa exerce de facto, como vemos no Real Decreto 2070/1999:

 En devanditas actividades deberán respectarse os dereitos a que se refire o artigo 10 da Lei 14/1986, de 25 de abril, Xeneral de Sanidade , o artigo 9 da Lei 41/2002, de 14 de novembro , básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica, e as normas e principios recolleitos na Lei 30/1979, de 27 de outubro , sobre Extracción e trasplante de órganos, concretamente os de voluntariedade, altruismo, gratuidade, ausencia de ánimo de lucro e anonimato, de forma que non sexa posible obter compensación económica nin de ningún outro tipo pola donación de ningunha parte do corpo humano.

  O Estado prohibe obter unha compensación económica pola venda dos nosos propios órganos, sendo o incumplimiento castigado pola forza. É dicir, o Estado toma o control do noso corpo, prohibíndonos realizar unha determinada actividade co mesmo.

  Por nobres que poidan parecer os obxectivos perseguidos polos lexisladores, esta lei é unha clara violación da liberdade máis íntima do home, que é o de poder facer co seu corpo canto dispoña, xa que é o único propietario do mesmo. Para entender a importancia desta lei e a inxustiza que representa debemos partir da base do principio de auto-propiedade. Este principio estipula que cada home é o único dono do seu propio corpo, sendo xa que logo o único que pode tomar decisións sobre que ocorre en relación co mesmo. Isto é así porque cada individuo é o único que, en última instancia, pode controlar o seu corpo.

  O comentado principio, exposto, por exemplo, na obra La Ética de la libertad de Murray Rothbard, é de gran importancia, xa que grazas a el podemos diferenciar que é xusto e que non o é. Este principio dinos que cada persoa é a única que pode decidir que pasa co seu propio corpo. É, xa que logo, inxusto que unha persoa leve a cabo algunha acción sobre o corpo doutra sen a aprobación desta última, iso sería incurrir nunha agresión. É por iso que, para facer referencia a este principio, tamén se lle adoita denominar principio de non agresión, polo cal eu podo facer o que queira co meu corpo mentres non agreda a propiedade dos demais. Si tomamos este principio como fundamento ético, vemos automáticamente por que a lei que prohibe a venda de órganos é inxusta, xa que establece de forma coercitiva que non podo facer o uso que eu queira do meu corpo (neste caso concreto, a venda dunha parte del).

  Segundo o principio de auto-propiedade, tanto podo doar os meus órganos de forma altruísta como podo esperar un pago a cambio de ceder o meu título de propiedade sobre o órgano en concreto. É igual de xusto, xa que o que importa é que sexa eu mesmo o que decida que ocorre co meu corpo.

  Ademais, por este principio pódese refutar o argumento, ampliamente estendido, que defende que a instauración dun mercado de órganos legal faría que se cometesen actos como o asasinato ou o secuestro co fin de extraer os órganos da vítima. Para empezar, presumiblemente estes actos ocorrerían con maior frecuencia en mercados ilegais, consecuencia da prohibición estatal, que en mercados legais posto que, unha vez instalado o mercado legal, habería moitas formas e medidas que axudarían a coñecer a calidade e orixe do órgano en cuestión, sendo plausible o descarte dun órgano de orixe pouco clara, de mala calidade ou proveniente dun sospeitoso mercado negro e, xa que logo, reducindo a demanda destes órganos sospeitosos. E máis importante aínda, o principio de auto-propiedade serve de fundamento á legalización do mercado de órganos pero condena de forma categórica a extirpación coercitiva dun órgano, sexa con fin comercial ou non. Nun sistema de libre mercado de órganos reduciríanse esas indesexadas situacións, e as existentes condenaríanse con firmeza.

  O avance da intromisión e agresión estatal é evidente, e neste momento apunta directamente á nosa posesión máis íntima, o noso corpo. É vital, xa que logo, para todas as persoas entender que só nós mesmos somos os lexítimos propietarios dos nosos corpos e que debemos loitar contra a intromisión estatal.

[i] Ver http://www.elperiodico.com/es/noticias/internacional/colombia-hace-obligatoria-donacion-organos-5314783
[ii] Ver http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/rd2070-1999.html#a1