O DICCIONARIO DO DEMO DO INTERVENCIONISMO / Definicións irónicas según o modelo de Ambrose Bierse

*tódalas definicións están escritas por Daniel Carreiro e Óscar Carreiro

A

Absolutismo: Forma imperfecta de despotismo que facilitou o desemvolvemento da guillotina ao concentrar o poder nunha soa cabeza.
Academia: Aquela parte do mundo intelectual que se especializa na producción de títulos oficiais e o suministro de falacias. 
Ad hominen: falacia que ataca á persoa en lugar do argumento. É unha forma de razoamento inválido porque a inventou un idiota. 
AdultoMolesto membro da especie humana que pretende ser capaz dun comportamento moral autónomo e responsable. O Estado de Benestar implementou as necesarias medidas para erradicalo prolongando a adolescencia ata os 80 anos.
Aire: gas que constitúe a atmosfera terrestre e os discursos parlamentarios.
Anarquía: Nefasta doutrina que pretende eliminar toda autoridade política. Ignora a maldade intrínseca do home, que levaría ao caos e a matanza xeneralizada, e despreza, xa que logo, a solución correcta: concentrar todo o poder e as armas nun pequeno grupo de homes. Só un fascista se atrevería a sinalar a evidente incongruencia lóxica de que este pequeno grupo de persoas, segundo o suposto que expuxemos ao principio, debe compartir a mesma natureza malvada que o resto.
Anarcocapitalismo: Variante da anarquía. Á maldade de opoñerse a toda coacción política une a indecencia de promover un sistema económico que mellora o nivel de vida de todo o mundo
ArbitrarioActo suxeito á vontade e o capricho. Para evitar os actos arbitrarios e ditaminar quen ten a razón en caso de conflito, os países civilizados utilizan a lei, que se crea mediante a vontade e o capricho dos lexisladores.
Argumentum ad baculum: O tipo de razoamento preferido polo poder, pois implica persuadir a xente dura de molleira a bastoazos.
Asesor do goberno: Especialista en ofrecer pretextos sobre os erros das medidas pasadas para xustificar a necesidade das medidas presentes en espera de que os fracasos do futuro dean comezo de novo a todo o ciclo.
Atentado contra a autoridade: Delito contra a administración pública consistente en empregar a forza ou intimidación contra un funcionario público para impoñerlle a execución ou omisión dun acto propio das súas funcións. Funcións que consisten en empregar a forza ou intimidación contra individuos para impoñerlles a execución ou omisión dun acto.

B

BandidoSalteador de camiños, bandoleiro, ministro
Bandeira: Capote da tauromaquia política coa que se instiga ós becerros da patria.
Barbarie: Estado de fiereza ou crueldade que se contrapón á civilización. Según un erudito moderno a civilización págase con impostos, o que explicaría por qué o siglo XX foi unha época de paz e armonía entre os pobos.
Ben públicoPatraña con dúas características específicas: en primeiro lugar, o seu uso por parte dun economista concreto non reduce o seu uso por parte de calquera outro economista e, en segundo lugar, non se pode impedir que ningún deses necios a sigan utilizando
Benestar: Tipo de Estado que se caracteriza pola súa extraordinaria eficiencia á hora de incrementar a riqueza, a seguridade e a tranquilidade das clases dirixentes.
Bipartidismo: sistema de partidos onde a loita entre dúas grandes opcións políticas determina se vanche a desplumar coa man dereita ou coa esquerda.
Bo: Todo acto do goberno que coincide coa miña opinión e supón o espolio doutros.  Boletín Oficial do Estado: obra literaria de baixa calidade que rexistra de forma tremendamente aburrida as tropelías cometidas por un grupo de canallas
BordelEstablecemento que se distingue do Parlamento polo compromiso e a respectabilidade dos seus empregados.
Brevidade: Cualidade que estivo ausente na barba, os discursos e o goberno de Fidel Castro.
Burocracia: labirinto mitológico de propósito insensato e imposible saída. Fai moito, moito tempo, nun país moi afastado unha medida burocrática fixo algo positivo.
 

C

Capitalismo:Besta negra da humanidade; orixe de todos os males. Este sistema económico foi creado nunha reunión secreta entre Hitler, Atila e Hannibal Lecter. Acabou coa civilización en Marte, afundiu a Atlántida, extinguiu aos dinosauros, provocou os asasinatos de Kennedy, Mufassa e Laura Palmer e causa disfunción eréctil. A investigación histórica máis rigorosa demostrou que os seus defensores reúnense en aquelarres onde comen nenos crus e logo obríganos a traballar 26 horas diarias en pozos de petróleo en chamas onde teñen que loitar a morte con especuladores psicópatas montados en hienas.
CábalaTradición esotérica de orixe xudía que busca a revelación da verdade a través da combinación mística de números. Ensínase nas facultades de economía.
Centralismo: Modelo de goberno que ten un obxectivo comparable ao do achegamento dos presos terroristas: xuntar a todos os criminais nun mesmo lugar.
CensoSistema de información co que o Estado elabora as súas listas de voda.
Constitución: Documento que, do mesmo xeito que o Necronomicón ou o Libro dos Feitizos de Harry Potter, posúe poderes imaxinarios
Corrupción: Efecto indesexado que o poder provoca nalgunhas persoas. A súa incidencia e extensión adóitanse esaxerar pois aínda non afectou á actuación pública de ningún político despois do seu falecemento
Consumo: Obxectivo último de toda produción económica. Segundo doutrinas moi respectadas a súa mellora e crecemento pasan necesariamente por un aumento do consumo. Que o medio para alcanzar o fin coincida co fin que se pretende alcanzar só pode resultar inaceptable a aqueles reaccionarios intransixentes que mostran unha preocupación mórbida pola consistencia lóxica.
Contrato Social: pacto fantasioso cuxa inexistencia autoriza ao Estado a vixiar, entorpecer ou castigar calquera tipo de contrato verdadeiro.
Creba:
  1. Situación na que unha persoa ou empresa non pode facer fronte aos pagos que debe realizar aos seus acredores dado que estes son maiores que os recursos económicos que posúe, polo que, para facer fronte ás débedas, debe vender o seu patrimonio.
  2. Situación na que un Estado non pode facer fronte aos pagos que debe realizar aos seus acredores dado que estes son maiores que os recursos económicos que posúe, polo que, para facer fronte ás débedas, debe recordarlles aos acredores que non teñen medio algún para obrigarlle a pagar.
Criminalística: Outra forma de denominar as ciencias políticas. 
Crise: Alimento favorito do Estado, que o deixa louzán e gordiño, por iso constitúe o seu cultivo principal.
“Cui bono?”: latinajo usado para preguntar a quen beneficia un crimen ou unha decisión política, perdoen a redundancia.

D

Declaración a FacendaFenómeno que demostra o progreso técnico dos medios políticos. Mentres que as bandas de ladróns desperdician enerxía no esforzo de obter información, os Estados modernos optimizaron o seu desempeño o conseguir que sexan as propias vítimas as que realicen ese servizo
Demagoxia: Apelación aos instintos máis baixos da poboación con promesas irrealizables para conseguir o poder. O abc da polític, o luns pola mañá da democracia.
                 – Práctica política consistente en gañarse con adulacións e concesións o favor popular. Pode dar orixe ao populismo, que é a práctica política consistente en gañarse con adulacións e concesións o favor popular. Distínguese nitidamente da democracia, que é a práctica política consistente en gañarse con adulacións e concesións o favor popular.
Demanda: Concepto económico que se refire á cantidade que un está disposto a comprar dun certo produto a un prezo determinado. Existen dous tipos ben diferenciados. A demanda boa establécese pola acción ilustrada e racional do goberno que compra (co diñeiro doutros) inxentes cantidades de produtos que ninguén quere. A demanda mala establécese pola acción ignorante e egoísta dos individuos que compran co seu diñeiro aqueles produtos que desexan.
DemocraciaSistema político no que o pobo participa na selección periódica de déspotas.
Desemprego: Resultado natural das políticas de emprego.
Desorde pública: literalmente, a acción de goberno.
Disciplina de partido: Mover a cabeza con aprobación e aplaudir con entusiasmo cando fala o líder.
Ditadura: Democracia desprovista da fanfarra electoral.
Droga: sustancia prohibida polas autoridades para evitar efectos indesexables, como a adicción ou a liberdade.

E

Ecoloxismo: Ideoloxía que considera que o lémur do bambú, a avaturda magallánica ou o escaravello pelotero son máis importantes que as persoas, o que non é unha idea tan desatinada no que se refire a os propios ecoloxistas.
Economista austríaco: Aguafiestas pálido e consumido pola lectura de pesados tratados de economía que persiste en dicirlle ao goberno o que non debe facer en lugar de relaxarse e gozar do gasto público. Os economistas austríacos teñen merecida fama de sedutores pois non hai nada tan efectivo como unha longa disertación sobre o teorema regresivo do diñeiro para conquistar o corazón dunha muller.
Egoísmo: Defecto moral predominante en ausencia de coacción política. É característico daqueles desalmados que se preocupan polos seus propios intereses en lugar de preocuparse polos meus. 
Empirismo: Teoría do coñecemento á que só lle custa unha palabra caer en contradición.
EnvexaEmoción de resentimento ante o ben alleo. O decoro esixe que se oculte con vergonza cando está espida pero que se exhiba con orgullo si se viste coas roupaxes da xustiza social.
ErmoInculto, infecundo, extraordinariamente empobrecido. Dise dos desertos e das facultades de economía.
Espíritos animais: Expresión keynesiana utilizada para referirse a a influencia do optimismo irracional na conciencia dos empresarios e cuxos efectos prexudiciais deben ser corrixidos polos membros do goberno, que están capacitados para enfrontarse a este problema ao carecer por completo de conciencia.
Estado: Banda de ladróns que espremen sistematicamente aos habitantes dun determinado territorio. Grazas á alquimia da xerga ilustrada tradúcese como ente impersoal e abstracto monopolizador da forza física lexítima nun determinado territorio. Esta definición é un canto inmortal á capacidade humana para encubrir realidades desagradables con equívocos pretensiosos.
Eu político: Concepto que alude á identidade inconfundible e incambiable de cada persoa ou grupo no referente ao xeito de vivir a política. Tamén foi a frase que dixo o home das cavernas sinalándose co dedo a primeira vez que lle abriu o cranio a un conxénere para quitarlle a súa propiedade.
ExércitoConxunto das forzas militares dunha nación que teñen a función de protexer de agresións exteriores o territorio de caza dos gobernantes
ExcepciónA regra á que se somete o Estado.
Executivo: Un dos poderes do Estado, así chamado por encargarse da execución, como os verdugos.

F

Fabianismo: sistema de envelenamento a longo prazo que segue un rufián para poder dilapidar a herdanza da súa avoa.
Facenda públicaConxunto dos bens do Estado coa sua conseguinte administración. Créase co obxectivo de satisfacer necesidades comúns que os individuos non poderían satisfacer por si mesmos, tales como as guerras con outros países, a inflación, as crises económicas, o desemprego e os altos salarios para políticos e funcionarios.
Falecemento: Astuta forma de evasión fiscal.
Falsificación de diñeiroAcción e efecto de falsificar, de falsear, adulterar ou contrafacer o diñeiro. Unicamente recibe ese nome cando resulta da acción a pequena escala dun individuo particular. Cando resulta da acción a gran escala do Estado denomínaselle “estímulo económico”
FascismoSistema político totalitario cuxo lema era “Todo dentro do Estado, nada contra o Estado, nada fora do Estado”. Foi derrotado polas democracias occidentais, que querían o monopolio dese lema.
Ficción xurídica: O Estado de Dereito.
 Fiscalidade.Desenvolvemento avanzado dos instrumentos tradicionais do asaltante de camiños.
Fronteira: Liña coa que unha manada de depredadores delimita o seu territorio de caza
Fuga de capitais: Versión libre da Gran Evasión protagonizada por activos financeiros no papel de Steve McQueen.
Función social: É a función primordial que cumpre o Estado mediante o desenvolvemento de certas actividades económicas, sanitarias, sociais e políticas que si fosen deixadas á iniciativa privada estarían expostas ao risco de que non puidesen ser utilizadas como xustificación da existencia do Estado.
FuncionarioEmpregado público encargado de tres tarefas principais: estimular o consumo nas cafeterías, promover a lectura de xornais deportivos e esgotar a paciencia do cidadán corrente.
Futuro: único momento da historia onde o socialismo promove a felicidade e a abundancia.

G

Gabinete: Habitación pequena, se estamos a falar de cousas que teñen utilidade práctica; conxunto de ministros que forman un goberno, se estamos a falar de cousas que soben impostos.
Gasto públicoMedida que promove a creación de riqueza a través do efecto multiplicador. Este efecto foi maxistralmente explicado por Lord Keynes, quen se deu conta de que canto máis tempo gastaba en dicir insensateces máis se multiplicaba o número de necios que lle facían caso.
GobernarApoderarse, empregando a violencia, das cousas que se atopan nun lugar que foi dominado militarmente. Noutros dicionarios menos ilustrados esta definición aplícase a “saquear”.
Goberno mundialAplicación global do principio das economías de escala á produción de inxustiza e miseria.
Gratuito: Que no custa diñeiro. Aplícase aos servizos provistos polo Estado pois a afirmación de que non nos custan nada é totalmente gratuita.
Guerra civil: método infalible para garantir a mediocridade subvencionada da industria cinematográfica
Guerra de prezosSi atendemos ao fenómeno real, consiste nunha manifestación da libre competencia na que as empresas baixan os prezos intentando atraer á clientela para beneficio do consumidor. Si atendemos á analoxía bélica, debe ser un desembarco masivo de empresarios nas praias da economía nas que se enfrontan nun combate a matar utilizando os prezos baixos como arma letal, causando caos e destrución xeneralizada e pisando os cadáveres de inocentes traballadores e consumidores, que non desexaban máis que unha vida en paz e prezos exaxeradamente altos.

H

Hemiciclo: Sala semicircular onde lexislan os representantes públicos. Dá nome ao famoso problema coñecido como a cuadratura do semicírculo: que os políticos fagan leis que controlen e limiten o seu propio comportamento. 
HerexíaToda falsa doutrina que se afasta da verdade revelada do Estado democrático de dereito.
Hidra: Monstro mitológico moi semellante á administración pública posto que lle crecían dúas cabezas novas cada vez que lle cortaban unha das antigas.
HisteriaTrastorno nervioso provocado pola lectura de modelos económicos matemáticos. 
Hixiene e seguridade no traballoSistema co que o Estado se asegura de que os empregados non sufran danos no espazo de traballo a través de aumentar os seus costos e provocar desemprego, o que sen dúbida constitúe o medio máis eficaz para evitar accidentes laborais.
HomenaxeForma de plaxio que os infames disfrazan de eloxio. Véxase o título deste dicionario. 
Horda: Grupo de bárbaros incivilizados que outrora ocupaban as estepas e hoxe prefiren galopar as pradarías das redes sociais.
Homicidio: A morte dun ser humano a mans doutro. Ao contrario do que ocorre co consumo de alcohol non é recomendable a moderación ao realizar esta práctica. Mentres que a comisión dun número pequeno de homicidios pode levar ao individuo á prisión ou o patíbulo, un número elevado garante a entrada en vos libros de historia como xeral, estratega ou estadista.

I

Ideal, Teoría: Concepción filosófica de Rawls que explora as características que debería posuír un Estado nunha situación na que todos os cidadáns compórtanse con xustiza. A Rawls esquecéuselle explicar o pequeno detalle de que, nestas condicións, o Estado xa non tería xustificación.
IdolatríaA tendencia a corporeizar a idea da divinidade a través de manifestacións propias do politeísmo pagán como as bandeiras, os himnos e as estatuas dos prohomes da patria.
Imperialismo: Cando a cariñosa aperta do Estado fai turismo.
Imperio da leiRéxime xurídico dos Estados de Dereito que contrasta co dos sistemas autocráticos. Si neste último os gobernantes atópanse por encima da lei, no primeiro, pola contra, a lei atópase por baixo dos gobernantes.
ImpostoForma de persuasión cuxos argumentos se transmiten desde a porra do policía á cabeza do contribuínte. 
Ilusionismo: Conxunto de enganos e manipulacións que usan os magos para facer trucos tales como facer desaparecer a carteira do peto dun espectador. Os políticos perfeccionaron ao límite esta disciplina, pois con eles é espectáculo nunca se termina e xamais devólvenche a carteira.
Investimento públicoTodo malgasto realizado polo Estado. Diferénciase do malgasto privado, que consiste no investimento produtivo realizado polos individuos.
IntelixenciaCapacidade que permite distinguir a un deputado dun vampiro pola sede de sangue do deputado.
Insensato: Todo aquel que se atreve a cuestionar a sabeduría contida nas definicións deste dicionario.

K

K: Letra con poderes máxicos que na alquimia dos economistas pode transmutar na mesma sustancia a un martelo, unha imprenta e un reactor nuclear.
Keynesianismo: versión económica do milagre dos pans e os peixes. Segundo Keynes, se sepultamos billetes en minas de carbón e deixamos logo que a xente os desentierre a riqueza da comunidade aumentará. Este proxecto mellora substancialmente se en lugar de billetes enterramos economistas keynesianos.

L

Latrocinio: Ciencia da administración e xestión pública. Legal: Toda acción lícita, permitida ou esixible pola ley, según o determina un grupo de persoas cuxa cualidade máis destacada é a sua complexa falta de escrúpulos.
Lei de GreshamTeoría económica segundo a cal cando nun país hai dúas moedas a mala saca de circulación á boa. Tamén funciona cos condutores e as filosofías políticas.
LiberdadeCondición daquel que non é escravo. Un escravo é alguén a quen se obriga pola forza a traballar para outros. Os Estados garanten a liberdade mediante impostos, é dicir, obrigando á xente pola forza a traballar para outros.
Liberdade de expresiónDereito fundamental dos sistemas democráticos que permite a libre expresión de calquera opinión ou idea excepto daquelas que non se permitan.
Liberal: Estraña variante de socialista que canta as virtudes do libre mercado cando se trata da venda de chicles pero entrégase con paixón ao Soviet Supremo cando se trata da creación e aplicación das leis.

M

MaioríaTirano de múltiples cabezas e escasas razóns.
Manifiesto comunista: Evanxelio revolucionario cuxo paraíso socialista conseguiu un gran triunfo sobre o inferno tradicional e a sua capacidade de producir miseria.
Medio ambiente: sistema de elementos naturais, sociais e culturais que hai que protexer mediante políticas públicas. Os estudos empíricos sinalan que, co investimento apropiado, poderiamos lograr que na próxima década as condicións do medio ambiente anteriores a esa data formen parte do pasado.
Megalomanía: Delirios de grandeza daquel que se cre capaz de facer cousas imposibles, por exemplo, controlar as órbitas dos planetas, someter ás mareas ou dirixir a economía por decreto.
Mercantilismo: Doutrina que tiña por obxectivo unificar a actividade económica dun país baixo o control do Estado. As súas medidas proteccionistas resultaron moi eficaces. Protexeron a determinadas empresas da molestia de atender aos desexos dos consumidores e aos gobernantes da necesidade de buscar un traballo honesto.
Ministro: Cargo situado por baixo de padriño pero por encima de consigliere.

N

Nacemento: acto a través do cal un individuo manifesta o seu consentimento a obedecer as leis dun determinado Estado. En xusta correspondencia, un pode renunciar a ese consentimento efectuando o acto contrario.
Nación: Señora que vive nunha rexión do Universo inaccesible aos sentidos e transmite de forma descoñecida os seus verdadeiros intereses aos representantes públicos
NarcotráficoActividade que, na práctica, referenda as teorías intervencionistas pois demostra a posibilidade do desenvolvemento dun puxante sector económico grazas á intervención estatal.
Necesidade: Elemento básico para levar unha vida digna. O goberno satisfai as máis apremiantes, como a política exterior con Kirguizistan e a selección nacional de waterpolo.
Neoliberalismo: monstro lendario da criptozoología. Ao contrario que o Yeti foi avistado, principalmente, en países occidentais. Ninguén sabe definilo con precisión pero é moi, moi malo.
Nerón: Heroe protokeinesiano, que prendeu lume a Roma e impulsou a sua demanda agregada.
NómadasGrupos de pastores, xeralmente de tendencias predatorias, que tiñan por costume trasladarse periodicamente de lugar en lugar saqueando ás civilizacións sedentarias ata que decidiron instalarse nos Parlamentos.

O

Obligación política: Deber moral que teñen o cidadán  de acatar a autoridade e as leis do Estado. A sua existencia é tan evidente como a do éter ou o flogisto.
Obras públicas: Aquelas obras realizadas polo Estado en beneficio da colectividade. Divídense en tres clases: as superfluas, as inútiles e as perxudiciais.
Odio, crime de: Delito que consiste en defender valores e opinións e opinións que non coinciden cos meus.
Oferta: bens que os empresarios pon á venda no mercado a través dun proceso insólito no que os consumidores teñen a extravagante capacidade de rexeitar a compra.
OligarquíaPasaxe de primeira clase do cruceiro Democracia.
Opinión pública: Para algúns eruditos modernos é un dos principios esenciais sobre os que se sostén a democracia. Para algúns eruditos antigos era unha forma de coñecemento aparente, limitado, superficial e enganoso. Ambas posicións son correctas, para a tranquilidade de todos
OposiciónAqueles partidos que se opoñen á acción dun goberno debido a que as súas políticas non son o suficientemente perniciosas.
OuroMetal precioso que en tempos máis bárbaros utilizábase como medio xeneral de intercambio, ata que o Estado, na súa bondade e sabedoría, librou aos individuos da necesidade de cargar cun material tan molesto e pesado e substituíno por pedaciños de papel que se dobran facilmente e son moito máis cómodos de gardar na carteira. Para evitar á xente o recordo traumático dunha época escura, o Estado aceptou a ingrata tarefa de acumular a recado grandes reservas de tan noxento material.

P

 ParasitismoDignidade e honor que outorga a condición de cargo público.
Patriotismo: Historia de amor entre unha persoa corrente e a sua entidade imaxinaria preferida.
Pirata: Político con pouca ambición e escasos medios.
Planificación: forma ordenada e sistemática de producir o caos.
Pobreza: En termos materiais, é a situación que pretende paliar o intervencionismo. En termos morais e intelectuais, é a cualidade que describe ás medidas e aos individuos seleccionados para facelo.
PopulismoEstratexia política consistente en presentar propostas atractivas para o pobo presentadas de xeito persuasivo pero das que se di que teñen un compoñente manipulador e demagóxico. A aparición do populismo débese á desvirtuación da democracia polos partidos tradicionais que recorreron á presentación persuasiva de propostas atractivas para o pobo de xeito manipulador e demagóxico. Os verdadeiros demócratas recoñeceron os perigos do populismo e responderon presentando de xeito moi persuasivo novas propostas moi atractivas para o pobo. Estas propostas esperan conducir a unha rexeneración da democracia e a unha volta a aquela idade de ouro na que a política simplemente consistía na presentación persuasiva de políticas moi atractivas para o pobo con intencións manipuladoras e demagóxicas.
Pragmatismo: Teoría filosófica que só se preocupa polos resultados prácticos e por render tributo á ironía.
Prezo: Instrumento dos capitalistas para obter beneficios desmesurados. O intervencionismo busca neutralizar as súas tácticas: a colusión, que supón establecer o mesmo prezo que os competidores, o dumping, que supón establecer un prezo máis baixo que os competidores ou o abuso de posición dominante, que consiste en establecer un prezo máis alto que os competidores. Como vemos a maldade dos capitalistas non coñece límites. 

R

Radical.: Persoa extremista e intransixente que se obstina en rexeitar a forma moderada e razoable na que distorsiono a verdade.
Raposo: Animal famoso pola súa astucia. Segundo Maquiavelo o principe debía posuír esta cualidade xunto coa forza do león, recoñecendo así que as virtudes do poder son as mesmas que as das bestas salvaxes.
Razón de EstadoCaso de proxenetismo no que unha moza inocente é secuestrada por con un criminal sen escrúpulos.
RabañoA ollos dos gobernantes, o conxunto da poboación dun país. 
Reaccionario: adxectivo co que defino a alguén co que non estou de acordo pero aínda non me molesta o suficiente como para chamarlle fascista.
Realista: Individuo que promove a consolidación eficiente das miserias e os erros presentes. 
RedundanciaEmprego de palabras innecesarias para expresar un concepto por estar xa expresado con outras palabras ou por sobreentenderse. Por exemplo: Estado depredatorio.
RéximePódese entender como o sistema político polo que se rexe unha nación ou como o conxunto de normas que regulan a cantidade, o tipo e a distribución dos alimentos que debe tomar unha persoa para adelgazar por motivos de saúde. Tendo en conta que o adelgazamento do sistema político polo que se rexe unha nación é o máis beneficioso para nosa saúde, podemos chegar á conclusión de que hai que poñer a réxime ao réxime.
Ruína: Estación final da liña de tren do intervencionismo.

S

Segunda voltaForma de tortura de certas democracias coa que se pretende paliar a escaseza de mitins e discursos electorais.
Seguridade SocialConxunto de medidas públicas que busca protexer ás persoas das privacións económicas e sociais causadas polas medidas públicas; Truco de maxia que fai aparecer un coello da chistera pública mentres desaparece a carteira do peto privado.
Seguridade xurídica: Principio de certeza do dereito que establece que cando alguén chegue a entender a incomprensible maraña de leis e regulacións públicas éstas xa terán sido modificadas polas autoridades.

Socialismo: Filosofía que promove a produción eficiente de miseria, a repartición igualitaria do sufrimento e o turismo educativo do gulag. 
Statu quo: O deplorable estado actual da situación política. É provocado polo Goberno e denunciado pola oposición, que aspira a empeoralo.

T

Tecnocracia: Réxime que combina maxistralmente a habilidade política dos enxeñeiros coa erudición científica dos ministros.
Tedio: Xénero literario perfeccionado polos economistas matemáticos.
Tellado: lugar polo que empeza a construción do edificio intervencionista. 
TeocraciaForma de goberno na que as políticas gobernamentais son idénticas ou están moi influídas polos principios da relixión dominante. Distínguese da democracia en que nesta última forma de goberno son os seus principios políticos os que se converten na relixión dominante.
Totalitarismo: doutrina política que defendía o control total do Estado sobre todas as actitudes, actividades e pensamentos do individuo. En contraposición a esta doutrina, as modernas democracias parlamentarias só interveñen para regular cuestións sobre a seguridade, a saúde, a educación, a investigación, o comercio, o medio ambiente, a vivenda, a arquitectura, o urbanismo, as obras públicas, o turismo, a industria, a pesca, a agricultura, a acuicultura, as festas, os matrimonios, as canles de televisión, as licenzas de taxi, os rótulos comerciais, as pensións, as herdanzas, os ferrocarrís, os aeroportos, os portos, as rúas, a auga, a costa, as praias?
Transporte públicoMedio a través do cal os políticos, preocupados pola soidade e illamento do mundo moderno, conseguiron que as persoas pasasen longas horas da súa vida en compañía dos seus semellantes en espazos abarrotados.

U

UniversidadeLugar de estudos superiores no que, de xeito predominante, ensínase a unha multitude de futuros parados todas as marabillas e logros conseguidos polo Estado, aínda que niso probablemente teña pouco que ver o feito de que é o Estado quen regula o ensino superior.
Unión Europea: xugo que une aos habitantes europeos ao arado comunitario para mellorar a colleita de políticos e burócratas.
Urraca: Ave de gran astucia e inclinación ao roubo que aínda non deu o salto evolutivo de presentarse ás eleccións.
Uso de razónMolesta costume que convén neutralizar con slogans, promesas e eleccións.
Utopía: Proxecto quimérico e irrealizable, como, por exemplo, unha ópera de Justin Bieber ou o minarquismo.

V

Vagos e maleantes: no pasado había leis dirixidas a castigar a estas persoas pero foron progresivamente abandonadas pola dificultade de distinguir aos lexisladores dos suxeitos aos que se aplicaba a lei.
Veganismo: movemento que loita pola igualdade entre as especies e rexeita alimentarse de produtos de orixe animal. Os seus argumentos aínda non persuadiron a un gran número de hienas ou voitres pero son moi populares entre os herbívoros, que gozan dunha maior conciencia social.
VenezuelaPaís no que a socialdemocracia alcanzou o estadio último da súa evolución natural.
Vermello: cor coa que se representa a ira, a vergoña, o sangue vertido e o socialismo.
VergonzaEnfermidade que incapacita para ocupar cargos públicos.
ViolenciaAcción creadora de consenso. Ferramenta pedagóxica para ensinar aos individuos a conveniencia e sabedoría das medidas adoptadas polo Estado.
Virtudes cívicasTodas aquelas actitudes dos cidadáns que facilitan o funcionamento ininterrompido da depravación pública.
VítimaCidadán, en relación co seu Estado nacional.
Voto: estraña moeda que lle serve a un para comprar un amo.

W

Walras: economista cuxo método científico consistía en investigar as características dos unicornios para entender aos cabalos.
WalrasianoEconomista seguidor de Walras, o que significa que busca poñerlles corno aos cabalos.
WilsonNome que comparten un estadista que fixo compañía a Tom Hanks nunha illa deserta e unha pelota de voleibol que promoveu unha política exterior intervencionista e agresiva en nome da democracia.

X

X: En matemáticas é a incognita dun cálculo, ou a primeira delas si hai máis dunha. Nun mapa pirata é o símbolo que marca o lugar do tesouro. Os economistas modernos mostran unha preferencia efectiva polo primeiro deses medios aínda que ambos teñen unha utilidade similar á hora de atopar verdades económicas.
Xacobino: Partidario de unha ideoloxía política que cría nos principios da democracia, a soberanía popular e o Estado como representante do interese xeral e utilizaba os medios apropiados para defendelos: a coacción, o centralismo e a guillotina.
Xerga: Lenguaxe incomprensible que usan delincuentes e filósofos políticos para cometer as suas fechorías.
Xogo de suma ceroAquel no que se agrega a intelixencia dos economistas que pensan que no capitalismo non se crea riqueza.
Xornada de traballoDuración máxima que a lei permite traballar a unha persoa nas 24 horas de cada día ou no transcurso dunha semana. Grazas á intervención do Estado reducíronse as xornadas inhumanamente longas de outrora. Que as primeiras regulacións laborais aparecesen con anos de atraso en relación coa redución efectiva dos horarios débese a un fallo evidente na lei da causa e o efecto. 
Xudicial: Un do tres poderes separados dun Estado democrático. Separación que se manifesta no feito de que, aínda que están controlados polas mesmas persoas, ocupan edificios diferentes. 
Xustiza socialImaxinativo oxímoro que demostra o avance da expresión literaria nas modernas democracias.

Z

Zimbabue: Epicentro mundial da Banca Central. 
Zona ceroExpresión que se utiliza para designar a zona de maior alcance ou máxima devastación en traxedias, accidentes e ataques. Para referirse a unha devastación monetaria emprégase a variante “zona euro”.
Zona de libre comercio: Ecosistema que, ao contrario que os bosques tropicais, atópase en verdadeiro perigo de desaparición.