{"id":16295,"date":"2018-05-05T03:08:31","date_gmt":"2018-05-05T01:08:31","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=16295\/"},"modified":"2018-05-05T03:26:30","modified_gmt":"2018-05-05T01:26:30","slug":"proba-e-erro-ignacio-almara","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/proba-e-erro-ignacio-almara\/","title":{"rendered":"PROBA E ERRO Ignacio Almar\u00e1"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">PROBA E ERRO <\/span><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00a0Ignacio Almar\u00e1 &#8211;\u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 No libro <em>Socialismo, C\u00e1lculo Econ\u00f3mico y Funci\u00f3n Empresarial<\/em> do Profesor Jes\u00fas Huerta de Soto,<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a> podemos ver unha defensa da imposibilidade l\u00f3xica do socialismo base\u00e1ndonos en que a propia natureza da informaci\u00f3n empregada polos axentes d\u00eda a d\u00eda no mercado co fin de satisfacer o maior n\u00famero de necesidades da mellor forma posible, fai desta informaci\u00f3n un obxecto imposible de transmitir ao \u00f3rgano coordinador central.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A informaci\u00f3n que manexan os actores no mercado \u00e9 unha informaci\u00f3n puramente subxectiva, na maior parte de ocasi\u00f3ns pr\u00e1ctica, non articulable e dispersa en mill\u00f3ns de mentes. Estas caracter\u00edsticas, propias da informaci\u00f3n coa que os actores estruturan os seus plans de acci\u00f3n no mundo, fan que un \u00f3rgano coordinador non poida recoller esta informaci\u00f3n, xa que non \u00e9 unha compilaci\u00f3n de datos obxectivos e inm\u00f3biles como o que poderiamos atopar nas ciencias naturais.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 P\u00f3dese sinalar, ademais, que, a\u00ednda que se puideran recoller estes datos, non valer\u00edan para nada por dous motivos: o primeiro deles \u00e9 que, para cando os datos recolleitos puidesen ser procesados, xa ter\u00eda cambiado, dada a constante variabilidade de valoraci\u00f3ns e de elecci\u00f3n de fins e medios que hai no mercado real, facendo dos datos recolleitos \u00fanicamente un rexistro hist\u00f3rico sen valor \u00fatil alg\u00fan para o \u00f3rgano central. En segundo lugar, a propia existencia dun \u00f3rgano coactivo que se atope regulando a econom\u00eda orixinar\u00e1 numerosas alteraci\u00f3ns na cantidade e percepci\u00f3n de oportunidades dispo\u00f1ibles, levando a que se produzan verdadeiros \u201cfallos de mercado\u201d. O resultado ser\u00e1 que os datos finalmente recolleitos non ter\u00e1n valor alg\u00fan si o que se persegue \u00e9 verdadeiramente satisfacer o maior n\u00famero de fins da mellor forma posible.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, moitos foron aqueles que se aventuraron a desenvolver m\u00e9todos que puidesen conseguir unha forma de coordinar a econom\u00eda baixo unha direcci\u00f3n socialista.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un intento de defensa dun m\u00e9todo que permitise realizar a coordinaci\u00f3n nun sistema socialista foi o m\u00e9todo de proba e erro proposto por Dickinson e Taylor, o cal pres\u00e9ntase como unha alternativa algo m\u00e1is simple ao modelo de coordinaci\u00f3n baseado na resoluci\u00f3n pr\u00e1ctica de ecuaci\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Este modelo bas\u00e9ase en herdar as soluci\u00f3ns de equilibrio do capitalismo e partindo desde a\u00ed ir efectuando os cambios necesarios para levar o sistema ao equilibrio sempre que se producisen cambios.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En t\u00e9rminos pr\u00e1cticos este sistema consiste en que todos os xerentes e responsables dos sistemas produtivos pasen informaci\u00f3n constantemente ao \u00f3rgano de goberno para que, as\u00ed, este poida fixar unha serie de prezos. Base\u00e1ndose nestes prezos os xerentes axustar\u00edan os factores produtivos para chegar a unhas novas cantidades que producir. A actividade destes xerentes po\u00f1er\u00eda de manifesto os erros no sistema en forma de escaseza ou exceso de bens finais. Desta forma, o \u00f3rgano de goberno poder\u00eda de novo modificar os prezos ata chegar ao momento en que os prezos e os bens sexan axustados chegando ao novo sistema de equilibrio.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A defensa deste sistema ten como punto de partida a falsa crenza en que o modelo de equilibrio pode ser real nalg\u00fan momento e que pode ser alcanzado polo sistema capitalista.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Nun sistema capitalista tal estado de equilibrio \u00e9 inexistente, dado que as valoraci\u00f3ns sobre fins e medios van cambiando constantemente. Os prezos e o interese var\u00edan de forma constante, sendo un sistema marcado non por un equilibrio est\u00e1tico sen\u00f3n por unha eficiencia din\u00e1mica. \u00c9, ademais, especialmente triste por parte dos socialistas idear un sistema que deba nutrirse do sistema capitalista en inicio para posteriormente, no seu propio sistema, activamente modificalo para afastalo de tal estado para, posteriormente, intentar devolvelo ao equilibrio.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por outra banda, o paso dun sistema capitalista a un sistema socialista supor\u00eda tal cantidade de cambios que se producir\u00eda unha completa terxiversaci\u00f3n dos prezos de mercado, sendo esta de tal magnitude que pensar que se poder\u00edan herdar eses prezos sen que aparecese calquera outra modificaci\u00f3n de interese \u00e9 inxenuo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por outra banda, a escaseza ou exceso dun ben non ten unha contrapartida no prezo de forma mec\u00e1nica, dado que poden acharse bens que poidan usarse como complementarios ou substitutivos, ou simplemente cambiar a valoraci\u00f3n sobre os mesmos bens empregados.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 \u00c9 necesario, tam\u00e9n, resaltar que unha modificaci\u00f3n dos prezos s\u00f3 ser\u00eda relevante si non houbese un aumento na emisi\u00f3n de \u201cdi\u00f1eiro\u201d (permisos ou certificados de compra), xa que un aumento da emisi\u00f3n de unidades monetarias levar\u00eda a unha escaseza na maior parte dos bens.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Produciranse tam\u00e9n dous fen\u00f3menos connaturais aos sistemas socialistas. Por unha banda, a fuxida da poboaci\u00f3n cara \u00e1 compra de valores reais, isto \u00e9, bens que se prev\u00e9n altamente demandados e cuxa escaseza pr\u00f3xima \u00e9 evidente, ante o cal apresuraranse a comprar para poder proverse no futuro, ou intercambialo no mercado negro. E, por outra banda, un curioso fen\u00f3meno de acumulaci\u00f3n de stock industrial. \u00c9 dicir, de escaseza nalg\u00fans bens cun exceso esaxerado noutros.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Os xerentes pronto empezar\u00e1n a ver como a escaseza de inputs \u00e9 a t\u00f3nica xeral das industrias socialistas. Con todo, o mandato de manter unha determinada produci\u00f3n \u00e9 coactivo, o risco de ser castigado por non cumprir coas ordes de continuar co nivel produtivo \u00e9 grave e real. Por outra banda, o custo de acumulaci\u00f3n de inventario \u00e9 nulo para o xerente, o cal pode facer uso debido a que non existe unha presupostaci\u00f3n rigorosa. O resultado, loxicamente, ser\u00e1 unha acumulaci\u00f3n de inventario nalg\u00fans sectores mentres que noutros haber\u00e1 unha escaseza xeneralizada.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Existe outro punto en contra do m\u00e9todo de proba e erro. Para que o m\u00e9todo de proba e erro poida levarse a cabo debe existir un patr\u00f3n de referencia con respecto ao cal eu poida ir axustando as mi\u00f1as medidas, a fin de que se acheguen paulatinamente a esa referencia. Si esa referencia \u00e9 eliminada, como ocorre no sistema socialista, o organismo de control quedarase sen saber que medidas tomar en cada momento, ao non haber un modelo co que comparar as medidas.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 P\u00f3dese destacar outro punto negativo do m\u00e9todo de proba e erro, e \u00e9 que sup\u00f3n unha est\u00e1tica mentres se realiza a proba e corr\u00edxese o erro. Con todo, mentres os dirixentes empregan tempo para chegar \u00e1 correcci\u00f3n do erro de forma te\u00f3rica, os cidad\u00e1ns seguir\u00e1n operando durante ese mesmo tempo, propo\u00f1endo un novo esquema que tam\u00e9n presentar\u00e1 novos desaxustes, sendo xa que logo os resultados da an\u00e1lise dos erros primeiros in\u00fatiles para achar coordinaci\u00f3n algunha dado o novo panorama do \u201cmercado\u201d.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Para rematar, o maior problema suscitado polo m\u00e9todo de proba e erro \u00e9 quen levar\u00e1 a cabo ese m\u00e9todo. Nun sistema de mercado real, din\u00e1mico, o m\u00e9todo l\u00e9vase a cabo polos axentes que, diariamente, act\u00faan base\u00e1ndose na informaci\u00f3n subxectiva que perciben e empregan para chegar aos seus fins. Usando os prezos como fonte de informaci\u00f3n sobre valoraci\u00f3ns, emprenden cursos de acci\u00f3n que poden ou non ser corrixidos de forma constante. Neste caso, os axentes individuais est\u00e1n levando a cabo o sistema de proba e erro, que non \u00e9 m\u00e1is que empregar a innata capacidade empresarial de cada actor. Con todo, o sistema de proba e erro suscitado desde a perspectiva socialista sup\u00f3n a idea de que son os propios dirixentes os que levan a cabo este m\u00e9todo, pero, \u00bfcomo van a facelo si a\u00ednda non son capaces de facerse coa informaci\u00f3n necesaria para realizar os axustes precisos? E non por unha incapacidade pr\u00e1ctica sen\u00f3n pola propia natureza da informaci\u00f3n a co\u00f1ecer, a cal ao ser subxectiva, pr\u00e1ctica, non articulable e estar dispersa en mill\u00f3ns de mentes non pode de ning\u00fan xeito chegar a ser co\u00f1ecida por ningu\u00e9n, excepto por Deus.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Unicamente nun sistema de mercado pode ter sentido usar o m\u00e9todo de proba e erro. Onde, ademais, ser\u00e1n necesarios os prezos co fin de poder realizar o necesario c\u00e1lculo de custos e beneficios cos que ir co\u00f1ecendo os resultados das acci\u00f3ns empresariais.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Como conclusi\u00f3n podemos dicir que todos os intentos de levar a cabo un m\u00e9todo que permita instaurar un sistema socialista intentando salvar o problema da informaci\u00f3n caeu sempre no mesmo problema de orientarse cara \u00e1 vertente m\u00e1is computacional e refer\u00edndose tan s\u00f3 ao problema orixinal de forma tanxencial ou parcial. O n\u00facleo do problema, a saber, que \u00e9 imposible que o \u00f3rgano de goberno se faga coa informaci\u00f3n necesaria para coordinar o mercado debido \u00e1 natureza mesma da informaci\u00f3n coa que se leva a cabo o desenvolvemento do mesmo, segue sen liquidarse, e \u00e9 m\u00e1is, non se liquidar\u00e1 xamais. O \u00fanico xeito de poder coordinar aos axentes econ\u00f3micos co fin de satisfacer o maior n\u00famero de necesidades do mellor xeito posible \u00e9 deixando plena liberdade aos actores econ\u00f3micos, sen que haxa o menor atisbo de intervenci\u00f3n por parte dos gobernantes.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong>Bibliograf\u00eda <\/strong><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong>\u00a0<\/strong><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">Huerta de Soto, J., <em>Socialismo, C\u00e1lculo Econ\u00f3mico y Funci\u00f3n Empresarial<\/em>, Uni\u00f3n Editorial, Madrid, 2010.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">Von Mises, L., <em>La Acci\u00f3n Humana<\/em>, Uni\u00f3n Editorial, Madrid, 2011.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> Este artigo \u00e9 un resumo do apartado do m\u00e9todo de proba e erro que se atopa no cap\u00edtulo V da citada obra do autor con algunhas consideraci\u00f3ns adicionais sobre como a \u00fanica forma de levar a cabo un m\u00e9todo de proba e erro realmente eficiente en t\u00e9rminos econ\u00f3micos \u00e9 a trav\u00e9s do c\u00e1lculo econ\u00f3mico, sendo este o que usan os actores d\u00eda a d\u00eda na econom\u00eda real.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-16295","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16295","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16295"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16295\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16298,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16295\/revisions\/16298"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16295"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16295"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16295"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}