{"id":16266,"date":"2018-04-26T03:11:15","date_gmt":"2018-04-26T01:11:15","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=16266\/"},"modified":"2018-04-26T03:11:15","modified_gmt":"2018-04-26T01:11:15","slug":"a-historia-ao-servizo-da-depredacion-oscar-r-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/a-historia-ao-servizo-da-depredacion-oscar-r-carreiro\/","title":{"rendered":"A HISTORIA AO SERVIZO DA DEPREDACI\u00d3N. \u00d3scar R. Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">A\u00a0HISTORIA AO SERVIZO DA DEPREDACI\u00d3N<\/span><\/h1>\n<h1 style=\"text-align: center;\"><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><em><span style=\"color: #428fc9;\">\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00d3scar R. Carreiro &#8211;\u00a0 \u00a0<\/span><\/em><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un dos elementos que facilitou o aumento do poder estatal e a reduci\u00f3n das resistencias \u00e1 s\u00faa intervenci\u00f3n foi a utilizaci\u00f3n de distintas disciplinas cient\u00edficas para materializar ao Estado como unha entidade real que pod\u00eda ser representada de xeito inequ\u00edvoco. Os Estados nacionais intentaron representarse a si mesmos de maneira que a s\u00faa existencia adquirise trazos obxectivos expresados de xeito inequ\u00edvoco. Desta forma, a propia existencia dos Estados parecer\u00eda inevitable, obxectiva, a expresi\u00f3n natural dun pobo que habitaba un territorio demarcado con fronteiras reco\u00f1ecibles.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Michael J. Shapiro afirma que o mantemento simb\u00f3lico do Estado-naci\u00f3n requir\u00eda un manexo tanto das narrativas hist\u00f3ricas como do espazo territorial. O Estado realizou as s\u00faas aspiraci\u00f3ns \u00e1 existencia como Estado-naci\u00f3n por medio de varias modalidades de autobiograf\u00eda colectiva. A naci\u00f3n-estado inscribiuse en documentos oficiais, en documentos hist\u00f3ricos e en comentarios xornal\u00edsticos dun xeito que impo\u00f1\u00eda coherencia sobre unha serie de sucesos hist\u00f3ricos fragmentarios e arbitrarios.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Para iso, utilizouse, entre outros medios, a cartograf\u00eda, cuxos mapas, como sinalou Ana Mar\u00eda Alonso, axudaron a crear e naturalizar unha identidade entre o pobo, o territorio e o Estado, por medio da cal o espazo converteuse en propiedade nacional.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a> A cartograf\u00eda axudou \u00e1 inscrici\u00f3n cultural da idea de Estado, permitindo o que Alonso denomina a \u201cespacializaci\u00f3n do tempo\u201d. Para poder capturar ao seu \u201cpobo\u201d, o Estado deb\u00eda capturar tam\u00e9n o tempo: deb\u00eda monopolizar a traxectoria temporal por medio da cal a s\u00faa existencia se fac\u00eda coherente e natural.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A disciplina da historia ser\u00e1 utilizada tam\u00e9n para \u201ccapturar o tempo\u201d e constituir\u00e1 outro dos medios que os Estados utilizar\u00e1n para presentarse como entidades naturais cunha existencia obxectiva que se pode expresar de xeito inequ\u00edvoco.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O nacionalismo do s\u00e9culo XIX base\u00e1base na idea de que os Estados conti\u00f1an unha naci\u00f3n coherente, un \u201cpobo\u201d, que prov\u00eda a base da s\u00faa autoridade.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a> Segundo Bermejo Barrera e Piedras Monroy, un s\u00edntoma filos\u00f3fico da construci\u00f3n hist\u00f3rica dos Estados-naci\u00f3n son os <em>Discursos \u00e1 naci\u00f3n alem\u00e1<\/em> de Fitche.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a> Para Fitche, o n\u00facleo de referencia hist\u00f3rico xa non \u00e9 a humanidade sen\u00f3n o pobo alem\u00e1n, que \u00e9 perfectamente identificable porque pos\u00fae unha historia e unha lingua propias. Segundo Fitche, cada pobo pos\u00fae un \u201cesp\u00edrito\u201d que lle outorga unha visi\u00f3n do mundo e debe gobernarse a si mesmo nunha forma pol\u00edtica que coincida exactamente cos seus l\u00edmites xeogr\u00e1ficos e hist\u00f3ricos: \u00e9 dicir, un Estado-naci\u00f3n. O pobo alem\u00e1n enc\u00e1rnase de forma simb\u00f3lica nunha figura que \u00e9 a depositaria do seu ser, o campesi\u00f1o alem\u00e1n, que conservou a s\u00faa lingua pura e sen contaminaci\u00f3ns e que \u00e9 depositario dun saber e dunhas formas de vida que se transmiten de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n. Ese saber, do que a lingua \u00e9 todo un s\u00edmbolo, merece ser estudado. En devandita \u00e9poca os irm\u00e1ns Grimm analizar\u00e1n e sistematizar\u00e1n a gram\u00e1tica alem\u00e1 e recoller\u00e1n por escrito o folklore dos campesi\u00f1os alem\u00e1ns.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O campesi\u00f1o encarna a identidade alem\u00e1, pero non ten conciencia de si. As elites, depositarias da cultura, te\u00f1en tal conciencia, pero carecen de identidade. Segundo Fitche, \u00e9 necesaria unha simbiose por medio dunha educaci\u00f3n nacional que cimente o Estado nacional.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O pobo pos\u00fae un territorio co que se identifica e que \u00e9 algo as\u00ed como o corpo da naci\u00f3n. Ademais, vive e desenv\u00f3lvese no tempo: a expresi\u00f3n da s\u00faa vida \u00e9 a historia. Fitche v\u00eda no primitivo xermano que se resist\u00eda \u00e1 dominaci\u00f3n romana a orixe da esencia nacional alem\u00e1.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a> Nel atop\u00e1banse as ra\u00edces da s\u00faa lingua, do seu esp\u00edrito e do seu car\u00e1cter. O estudo da historia alem\u00e1, debido o seu poder formativo, pasar\u00e1 a ser do m\u00e1ximo interese nacional. A historia pasar\u00e1 a desempe\u00f1ar un papel privilexiado como o \u00fanico modo de obter co\u00f1ecemento sobre a vida colectiva da naci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Pero, como sinalan Barrera e Monroy, si se pretende fundamentar o poder do pobo cuxa forma pol\u00edtica \u00e9 o Estado-naci\u00f3n, haber\u00e1 que contar cun saber inapelable, xa que del depende o exercicio do poder e a administraci\u00f3n da econom\u00eda. Xa que logo, \u00e9 preciso institucionalizar o saber hist\u00f3rico e outorgarlle unha validez universal cient\u00edfica. Xa que ao cidad\u00e1n do Estado-naci\u00f3n es\u00edxeselle tanto pagar impostos como realizar servizos persoais, especialmente arriscar a s\u00faa vida na guerra, \u00e9 evidente que ter\u00e1 que facelo por unha causa xustificada. Por iso, a historia ten que ser inapelable.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A forma na que a historia buscar\u00e1 unha base s\u00f3lida que a converta en inapelable ser\u00e1 por medio da \u201crevoluci\u00f3n documental\u201d, o uso por parte da Escola Hist\u00f3rica Prusiana de t\u00e9cnicas que vi\u00f1an desenvolv\u00e9ndose desde o s\u00e9culo XVII como a filolox\u00eda, a paleograf\u00eda e a diplom\u00e1tica.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">O instrumento formal b\u00e1sico do historiador non vai ser agora a linguaxe matem\u00e1tica, sen\u00f3n a cita documental e bibliogr\u00e1fica. A cita ou nota de p\u00e9 pos\u00fae unha importancia fundamental porque permite ofrecer un referente obxectivo dos enunciados que o historiador fai.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O historiador conv\u00e9rtese nun investigador que recompila obxectos: documentos e monumentos, que son os que pos\u00faen a credibilidade, unha credibilidade que estar\u00e1 garantida grazas ao uso de todas as t\u00e9cnicas da cr\u00edtica externa do documento. O que o historiador di bas\u00e9ase nunha determinada fonte, e como esta fonte est\u00e1 rexistrada e catalogada, calquera outro historiador poder\u00e1 acceder a ela seguindo as claves contidas na nota respectiva. Suponse ent\u00f3n que, unha vez lida a fonte, o enunciado do segundo historiador ten que ser igual ao do primeiro. O documento hist\u00f3rico \u00e9, as\u00ed, concibido como un espello n\u00edtido que recolle o reflexo dun acontecemento pasado e conc\u00edbese como inapelable e digno de estudo e conservaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Da mesma forma que sucedeu coa cartograf\u00eda, produciuse a institucionalizaci\u00f3n do saber hist\u00f3rico, que se consagrou primeiro nas universidades, cre\u00e1ndose cada vez m\u00e1is c\u00e1tedras desta materia. En Alema\u00f1a hab\u00eda, en 1804, unha c\u00e1tedra de Historia. En 1810 hab\u00eda catro. En 1830, catorce. En 1850, vinte e oito. En 1874, trinta e sete. Estas c\u00e1tedras pasar\u00e1n a ser ocupadas por historiadores profesionais que se dedicar\u00e1n exclusivamente a ese labor. Crearanse, ademais, arquivos que garden e recollan a documentaci\u00f3n e museos, que custodien e expo\u00f1an as \u201cantig\u00fcidades nacionais\u201d. Utilizaranse fondos p\u00fablicos e privados para po\u00f1er as fontes ao servizo dos historiadores.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Todo isto forma parte dun proceso institucional polo que os historiadores constit\u00faense como comunidade cient\u00edfica. Comunidade que, dado o patrocinio p\u00fablico do ensino da historia e da importancia ideol\u00f3xica que se lle atrib\u00fae como fundamento ideal do Estado, mostrar\u00e1 un grado de identificaci\u00f3n moi elevado coas ideolox\u00edas pol\u00edticas dominantes e cos grupos sociais que administran o poder. De feito, a Escola Hist\u00f3rica Prusiana declarouse a si mesma \u201ca garda de corps intelectual da Casa de Hohenzollern\u201d.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As\u00ed pois, os Estados utilizar\u00e1n o ideal da inequivocaci\u00f3n para expresar a s\u00faa existencia como a dunha entidade natural, obxectiva, clara e precisa, tanto no tempo como no espazo. En canto ao espazo, recorrer\u00e1n \u00e1 cartograf\u00eda para presentarse de xeito inequ\u00edvoco como a expresi\u00f3n dunha naci\u00f3n cun territorio identificable, homox\u00e9neo e continuo. En canto ao tempo, utilizar\u00e1n a disciplina da historia para ofrecer un co\u00f1ecemento inapelable, presentado en t\u00e9rminos inequ\u00edvocos, que demostra a s\u00faa existencia como a forma pol\u00edtica perfecta que adopta o pobo ao longo do tempo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> Michael J. Shapiro, \u201cNation-states\u201d, en <em>A Companion to Political Geography<\/em>, ed. John Agnew, Katharyne Mitchell y Gerard Toal (Malden: Blackwell Publishing, 2003), p. 278.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> Ana Mar\u00eda Alonso, \u201cThe Politics of Space, Time and Substance: State Formation, Nationalism and Ethnicity\u201d, <em>Annual Review of Anthropology<\/em>, 23 (1994): 381-382<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> Shapiro, \u201cNation-states\u201d, p. 280.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a> Ver Jos\u00e9 Carlos Bermejo Barrera y Pedro Andr\u00e9s Piedras Monroy, <em>Genealog\u00eda de la Historia. Ensayos de Historia Te\u00f3rica III<\/em> (Madrid: Akal, 1999), pp. 73-78.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a> Por exemplo, os nacionalistas alem\u00e1ns do s\u00e9culo XIX consideraron a Arminio, o lider da confederaci\u00f3n de tribos dos queruscos que aniquilou dous lexi\u00f3ns romanas no bosque de Teotoburgo no 9 d.C., como o modelo arquet\u00edpico do heroe alem\u00e1n. Xermanizaron o seu nome, transform\u00e1ndoo en Hermann e levantaron un xigantesco monumento no seu honor. Ver Philip Matyszak, <em>Los enemigos de Roma<\/em> (Madrid: Oberon, 2005), pp. 168-171.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a> Bermejo y Piedras,<em> Genealog\u00eda de la Historia<\/em>, p. 78<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref7\" name=\"_edn7\">[vii]<\/a> \u201cThe intellectual bodyguard of the House of Hohenzollern\u201d. Ludwig von Mises, <em>The Historical Setting of the Austrian School of Economics<\/em> (Auburn: Ludwig von Mises Institute, 2003), p. 10.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-16266","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16266","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16266"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16266\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16268,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16266\/revisions\/16268"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16266"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16266"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16266"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}