{"id":16226,"date":"2018-04-17T02:15:19","date_gmt":"2018-04-17T00:15:19","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=16226\/"},"modified":"2018-04-17T02:15:19","modified_gmt":"2018-04-17T00:15:19","slug":"a-cartografia-ao-servizo-da-depredacion-ii-oscar-r-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/a-cartografia-ao-servizo-da-depredacion-ii-oscar-r-carreiro\/","title":{"rendered":"A CARTOGRAF\u00cdA AO SERVIZO DA DEPREDACI\u00d3N (II). \u00d3scar R. Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">A CARTOGRAF\u00cdA AO SERVIZO DA DEPREDACI\u00d3N (II)<\/span><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00d3scar R. Carreiro &#8211;\u00a0 \u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O territorio na Idade Media entend\u00edase de xeito moi diferente \u00e1 de agora. Os mapas nacionais eran raros na Europa medieval. As lealdades, en lugar de nacionais, eran locais, rexionais ou non territoriais. Baixo o sistema feudal as fronteiras se solapaban e m\u00faltiples autoridades exist\u00edan dentro de calquera rexi\u00f3n particular. A representaci\u00f3n pol\u00edtica fac\u00edase m\u00e1is ben de xeito literario, con viaxes e listas de lugares, no canto de por medio de mapas.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a> Os actores medievais reclamaban autoridade sobre un conxunto de lugares no canto de sobre espazos definidos xeometricamente. Eran com\u00fans as autoridades non territoriais. Os mapas medievais ilustraban estas ideas sobre a autoridade pol\u00edtica. Os <em>mappae mundi<\/em>, por exemplo, eran grandes mapas mundiais que representaban esquematicamente os tres continentes do Vello Mundo e conti\u00f1an imaxes e textos que representaban e describ\u00edan lugares e acontecementos relixiosos e hist\u00f3ricos. D\u00e1baselle m\u00e1is importancia \u00e1s cidades que ao espazo entre elas.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A concepci\u00f3n do territorio transf\u00f3rmase na Idade Moderna. Por exemplo, en Francia, ao longo do s\u00e9culo XVI utilizouse a idea das fronteiras naturais para desacreditar as divisi\u00f3ns medievais do territorio franc\u00e9s. Os monarcas franceses, como Francisco I e Henrique II, quer\u00edan unha representaci\u00f3n completa do reino nun mapa. As representaci\u00f3ns que se realizar\u00e1n a partir deste momento, asimilar\u00e1n Francia coa antiga Galia, afirmando que a extensi\u00f3n desta representaba as fronteiras naturais do reino. En 1525, Oronce Fin\u00e9, que ensinaba matem\u00e1ticas no Royal Coll\u00e9ge (o actual Coll\u00e9ge da France) fundado por Francisco I, publicou un mapa de Francia chamado <em>Nova totius Galliae Descriptio<\/em>, primeiro mapa destas caracter\u00edsticas publicado en Francia, do que se publicaron cinco edici\u00f3ns entre 1525 e 1557. En 1560, Jean Jouliet publicou outro mapa que melloraba o de Fin\u00e9, <em>Nouvelle Description des Gaules<\/em> e que serviu, directa ou indirectamente, como modelo para mapas posteriores.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a> En 1575, Andr\u00e9 Thevet utilizou imaxes derivadas da Guerra das Galias de C\u00e9sar e do xe\u00f3grafo Estrab\u00f3n, quen describiran a Galia como limitada polos Pirineos, o Rin, os Alpes e os mares.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As\u00ed pois, durante o s\u00e9culo XVI, os mapas de Francia cham\u00e1ronse frecuentemente mapas de Galia e inclu\u00edron zonas de Italia, Alema\u00f1a e Holanda. Esta tendencia continuou no s\u00e9culo XVII. Richelieu encargou en 1627 a Nicol\u00e1s Sanson que debuxase un mapa que representase a extensi\u00f3n da antiga Galia ata o Rin. Moitos mapas producidos a partir de 1630 equiparaban a Francia coa antiga Galia, en contraste coa Idade Media, que as consideraba d\u00faas ideas diferentes.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a> A idea das fronteiras naturais de Francia foi diseminada pola literatura educativa e erudita a partir do s\u00e9culo XVI, e, para a \u00e9poca da Revoluci\u00f3n Francesa, volveuse xeneralizadamente aceptada. Os grandes oradores da Revoluci\u00f3n, como Danton, refer\u00edanse \u00e1s fronteiras naturais para xustificar a expansi\u00f3n do territorio franc\u00e9s, igual que os seus predecesores reais. O establecemento da fronteira francesa moderna foi un proceso que levou entre tres e cinco s\u00e9culos e que non se completou ata 1789. Trala Revoluci\u00f3n Francesa impo\u00f1er\u00edase finalmente un poder estatal uniforme sobre o territorio franc\u00e9s.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Ademais dos mapas individuais, tam\u00e9n se recorreu aos atlas. O <em>Th\u00e9\u00e2tre Fran\u00e7ois<\/em> foi o primeiro atlas nacional franc\u00e9s, producido en 1594 por Maurice Bougereau. Este atlas era un s\u00edmbolo da unidade nacional baixo o liderado de Henrique IV. Cont\u00e9n mapas de diferentes zonas do pa\u00eds realizados en anos anteriores e mapas xa producidos por Ortelius e Mercator. Converteuse no modelo dos seguintes atlas nacionais:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Un pode ver nos seguintes atlas nacionais o progreso da naci\u00f3n francesa por medio do reforzamento das s\u00faas fronteiras e do progreso da s\u00faa estrutura administrativa.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Os atlas foron instrumentos que inculcaron a reorganizaci\u00f3n administrativa na mentalidade p\u00fablica, nas burocracias gobernamentais, nos parlamentos e noutras entidades p\u00fablicas. Exist\u00eda un forte interese en mapear o pasado, en parte porque ti\u00f1a unha relevancia directa nos intentos borb\u00f3nicos de xustificar o expansionismo franc\u00e9s e en parte por un interese na historia francesa que reflect\u00eda un aumento da conciencia nacional entre a elite. Ao longo dos s\u00e9culos XVI, XVII e XVIII, os atlas relacion\u00e1ronse cada vez m\u00e1is co territorio pol\u00edtico e xogaron un papel importante na construci\u00f3n do Estado, axudando a crear unha conciencia e unha visi\u00f3n nacional.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Establecer a identidade territorio-naci\u00f3n-Estado requir\u00eda o establecemento dunha fronteira lineal. O establecemento desta fronteira lineal ti\u00f1a como prerrequisito t\u00e9cnico a elaboraci\u00f3n de mapas precisos.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn8\" name=\"_ednref8\">[viii]<\/a> Como destaca Jordan Branch:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">A revoluci\u00f3n cartogr\u00e1fica de principios da Idade Moderna foi fundamental para a construci\u00f3n de Estados modernos baseada na exclusividade territorial.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn9\" name=\"_ednref9\">[ix]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Esta revoluci\u00f3n cartogr\u00e1fica iniciouse na produci\u00f3n privada de mapas. A partir do s\u00e9culo XV empez\u00e1ronse a utilizar t\u00e9cnicas de cartograf\u00eda usando unha cuadr\u00edcula de coordenadas de latitude e lonxitude, base\u00e1ndose na obra <em>Xeograf\u00eda<\/em>, de Ptolomeo. Ao mesmo tempo produciuse unha explosi\u00f3n cuantitativa na produci\u00f3n de mapas debido \u00e1 utilizaci\u00f3n da imprenta. Os mapas ptolemaicos, ao contrario que os medievais, representaban o mundo como unha superficie homox\u00e9nea na que os puntos local\u00edzanse en t\u00e9rminos xeom\u00e9tricos. Estes mapas utilizaban unha escala espacial uniforme que correlacionaba xeometricamente a superficie da terra co mapa.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn10\" name=\"_ednref10\">[x]<\/a> A traduci\u00f3n ao lat\u00edn da <em>Xeograf\u00eda<\/em> de Ptolomeo a principios do s\u00e9culo XV contribu\u00edu ao que se chamou a \u201cxeometrizaci\u00f3n\u201d do espazo, a visi\u00f3n de que a terra pod\u00eda describirse e medirse en t\u00e9rminos precisos e matem\u00e1ticos. A finais do s\u00e9culo XV as ideas de Ptolomeo e os seus seguidores estaban desprazando ao concepto aristot\u00e9lico de describir a terra fundamentalmente en t\u00e9rminos da s\u00faa utilidade para os homes e ao enfoque cristi\u00e1n dos <em>mappae mundi<\/em> de delimitar as fronteiras morais do espazo. As novas ideas do espazo empez\u00e1ronse a utilizar para resolver disputas xurisdicionais. A resoluci\u00f3n destes conflitos axudou a cimentar a idea de que a soberan\u00eda, antes entendida como relaci\u00f3ns contractuais entre se\u00f1ores e vasallos, tam\u00e9n pod\u00eda representar poder sobre espazos particulares cuxas fronteiras necesitaban medirse e cartografarse.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn11\" name=\"_ednref11\">[xi]<\/a> Sen a produci\u00f3n e o uso extensivo do mapeado ptolemaico o m\u00e1is probable \u00e9 que estivesen ausentes tres caracter\u00edsticas claves da autoridade pol\u00edtica moderna: a homoxeneidade do territorio como un espazo medido xeometricamente, o car\u00e1cter puramente lineal das fronteiras pol\u00edticas e a eliminaci\u00f3n das autoridades non territoriais. O dominio resultante dunha autoridade territorial con fronteiras definidas \u00e9 unha caracter\u00edstica \u00fanica da estatalidade moderna.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Consid\u00e9rase xeralmente o reinado de Lu\u00eds XIV como o do inicio da cartograf\u00eda cient\u00edfica. Segundo Colbert, os mapas tradicionais non eran adecuados para as reformas econ\u00f3micas e navais que se pretend\u00edan realizar. Non cubr\u00edan todas as provincias e ti\u00f1an diferentes graos de precisi\u00f3n. Necesit\u00e1banse mapas de todo o reino con escalas m\u00e1is grandes para facerse unha idea precisa dos ingresos e recursos do reino. Para iso recorreuse \u00e1 triangulaci\u00f3n xeod\u00e9sica e aos c\u00e1lculos de lonxitude. Nos labores de mapeado e cartografado tivo unha gran importancia o traballo de Jean-Dominique Cassini na Academia, sociedade cient\u00edfica fundada por Colbert. A Academia intentou completar un preciso e detallado mapa de Francia con est\u00e1ndares uniformes. O primeiro paso foi medir o arco do meridiano de Par\u00eds para determinar o tama\u00f1o dun grao de latitude. Estendendo este meridiano, a triangulaci\u00f3n converteuse na base dos mapas topogr\u00e1ficos dun pa\u00eds enteiro, o que permitiu alcanzar unha gran precisi\u00f3n. Catro xeraci\u00f3ns da familia Cassini continuaron o traballo do fundador durante m\u00e1is de cen anos, ata a Revoluci\u00f3n Francesa. O mapa de Cassini, segundo Jung, \u201crepresentou a conquista do espazo por medio da medida\u201d.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn12\" name=\"_ednref12\">[xii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O mapa de Cassini socavou o principio din\u00e1stico, obxectivando a autoridade pol\u00edtica, suxerindo que se localizaba nun Estado impersoal e que non descend\u00eda dun li\u00f1axe real.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn13\" name=\"_ednref13\">[xiii]<\/a> Ademais, o uso da triangulaci\u00f3n permitiu ao Estado levar a cabo moitos programas de pol\u00edticas p\u00fablicas como construci\u00f3n de canles e estradas. A triangulaci\u00f3n unificou o pa\u00eds nunha serie de tri\u00e1ngulos que \u00edan de cima a cima dividindo Francia segundo unha malla arbitraria que descartaba as xurisdici\u00f3ns tradicionais. O mapeado e a representaci\u00f3n instrumental do Estado durante os s\u00e9culos XVII e XVIII fixeron posible a reforma da divisi\u00f3n administrativa.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A mentalidade xeom\u00e9trica promovida pola triangulaci\u00f3n levou a Robert de Hesseln a propo\u00f1er en 1780 que Francia fose dividida en nove rexi\u00f3ns en forma de cadrado; cada rexi\u00f3n estar\u00eda dividida en nove subunidades, e cada unha destas noutras nove subunidades en forma tam\u00e9n de cadrados. Coa Revoluci\u00f3n Francesa, o espazo homox\u00e9neo do mapa converteuse na base da autoridade pol\u00edtica. A Revoluci\u00f3n reemplazou os criterios xurisdiccionais-territoriais ao redibuxar radicalmente as fronteiras dentro e f\u00f3ra de Francia. En 1789, o abad Siey\u00e8s propuxo dividir o territorio de Francia en divisi\u00f3ns administrativas rectangulares seguindo o modelo de Hesseln. Estas divisi\u00f3ns, adoptadas en 1790, acabaron tomando formas irregulares debido \u00e1s complicaci\u00f3ns pr\u00e1cticas da modificaci\u00f3n tan dr\u00e1stica dos patr\u00f3ns espaciais tradicionais, pero serviron para desmantelar as peculiaridades territoriais do Antigo R\u00e9xime e para dar forma ao Estado.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn14\" name=\"_ednref14\">[xiv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O uso dos mapas como unha das formas coas que o Estado buscou representarse de xeito inequ\u00edvoco levou \u00e1 institucionalizaci\u00f3n da cartograf\u00eda. A cartograf\u00eda empezouse a institucionalizar, como moi tarde, na segunda metade do s\u00e9culo XVI, reflectindo o crecente interese do Estado nos mapas. Unha das formas de institucionalizaci\u00f3n foi a creaci\u00f3n, por parte das monarqu\u00edas, de oficios cartogr\u00e1ficos para a produci\u00f3n de mapas de uso estatal.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn15\" name=\"_ednref15\">[xv]<\/a> O proceso de institucionalizaci\u00f3n intensificouse no s\u00e9culo XVII. O papel da Academia no desenvolvemento da cartograf\u00eda francesa \u00e9 innegable. A Academia, admirada e imitada como un modelo de instituci\u00f3n cient\u00edfica ao servizo dun Estado absolutista, non s\u00f3 desenvolveu m\u00e9todos cartogr\u00e1ficos sen\u00f3n que tam\u00e9n cultivou a mentalidade cient\u00edfica. Os mapas foron utilizados para resolver problemas pr\u00e1cticos ao servizo do Estado facilitando a realizaci\u00f3n de obras p\u00fablicas.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn16\" name=\"_ednref16\">[xvi]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Outro importante factor na institucionalizaci\u00f3n da cartograf\u00eda foi a estandarizaci\u00f3n da educaci\u00f3n cartogr\u00e1fica. Lu\u00eds XV fundou dous colexios cient\u00edficos (Ecole deas Ponts et Chauss\u00e9es en 1747 e o Ecole du G\u00e9nie de M\u00e9zi\u00e9res en 1748), cuxos esforzos educativos promoveron as innovaci\u00f3ns t\u00e9cnicas. Grazas ao uso do m\u00e9todo cient\u00edfico, os mapas franceses eran moi admirados a mediados do s\u00e9culo XVIII. Pero o interesante do enfoque cient\u00edfico dos cart\u00f3grafos desta \u00e9poca, como Nicolas Sanson, Guillaume Delisle e outros, \u00e9 que puxeron o \u00e9nfase na identidade nacional e na territorialidade.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En resumo, as melloras t\u00e9cnicas da cartograf\u00eda e a produci\u00f3n de mapas d\u00e9ronse, en principio, por iniciativa privada, debido a que hab\u00eda un mercado para estes obxectos impresos. Con todo, moi pronto os actores pol\u00edticos utilizaron estes obxectos como un medio de expresar as estruturas pol\u00edticas de xeito territorial. A finais do s\u00e9culo XV os mapas eran, fundamentalmente, o traballo duns poucos practicantes habilidosos, eran escasos e caros. A mediados do s\u00e9culo XVI, a cartograf\u00eda gobernamental empezou a seguir os pasos da privada, reflectindo o crecente interese dos gobernantes no tema.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn17\" name=\"_ednref17\">[xvii]<\/a> A finais do XVII, a produci\u00f3n de mapas, sempre en aumento, fora asumida por oficios gobernamentais especializados ou, polo menos, por individuos e axencias cuxos intereses eran os mesmos que os do Estado. Os avances tecnol\u00f3xicos significaban que os mapas estaban m\u00e1is amplamente distribu\u00eddos, m\u00e1is accesibles e transformados facilmente en obxectos coti\u00e1ns.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn18\" name=\"_ednref18\">[xviii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Conforme a xente foi visualizando o mundo en t\u00e9rminos dos novos mapas, as ideas sobre a autoridade pol\u00edtica que non estaban ou non pod\u00edan representarse neles perderon a s\u00faa base normativa e foron eliminados como fundaci\u00f3ns aceptables de autoridade pol\u00edtica. Este cambio favoreceu a centralizaci\u00f3n e a burocratizaci\u00f3n que levou ao moderno estado soberano territorialmente uniforme.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn19\" name=\"_ednref19\">[xix]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref10\" name=\"_edn10\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> In-Chul Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building in France from the Sixteenth to the Eighteenth Century\u201d, <em>Journal of the Korean Geographical Society<\/em>, 41, 5 (2006): 550.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> Jordan Branch, \u201cMapping the Sovereign State: Technology, Authority, and Systemic Change\u201d, <em>International Organization<\/em>, 65 (Invierno 2011): 9-10.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, pp. 550-551.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a> Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, pp. 551-552.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a> Malcom Anderson, <em>Frontiers. Territory and State Formation in the Modern World <\/em>(Cambridge: Polity Press, 1966), pp. 21-23.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a> \u201cOne can see in the following national atlases the progress of the French nation through the strengthening of its borders and the progress of administrative structure\u201d. Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, p. 554.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref7\" name=\"_edn7\">[vii]<\/a> Anderson<em>, Frontiers<\/em>, pp. 19-20.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref8\" name=\"_edn8\">[viii]<\/a> \u201cThe early modern cartographic revolution was fundamental to the construction of modern states built on territorial exclusivity\u201d. Branch, \u201cMapping the Sovereign State\u201d, p. 7.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref9\" name=\"_edn9\">[ix]<\/a> Branch, \u201cMapping the Sovereign State\u201d, p. 12.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref10\" name=\"_edn10\">[x]<\/a> Branch, \u201cMapping the Sovereign State\u201d, pp. 12-15.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref11\" name=\"_edn11\">[xi]<\/a> Richard L. Kagan y Benjamin Schmidt, \u201cMaps and the Early Modern State: Official Cartography\u201d, en <em>The History of Cartography. Volumen 3. Cartography in the European Renaissance<\/em>, ed. David Woodward (Chicago y Londres: University of Chicago Press, 2007), p. 663.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref12\" name=\"_edn12\">[xii]<\/a> \u201cThe Cassini map represented the conquest of space through measurement\u201d. Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, p. 552.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref13\" name=\"_edn13\">[xiii]<\/a> Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, p. 556.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref14\" name=\"_edn14\">[xiv]<\/a> Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, pp. 552-553.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref15\" name=\"_edn15\">[xv]<\/a> Kagan y Schmidt, \u201cMaps and the Early Modern State\u201d, p. 666.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref16\" name=\"_edn16\">[xvi]<\/a> Jung, \u201cDevelopment of Cartography and State-building\u201d, p. 556.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref17\" name=\"_edn17\">[xvii]<\/a> Branch, \u201cMapping the Sovereign State\u201d, p. 13.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref18\" name=\"_edn18\">[xviii]<\/a> Kagan y Schmidt, \u201cMaps and the Early Modern State\u201d, p. 679.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref19\" name=\"_edn19\">[xix]<\/a> Branch, \u201cMapping the Sovereign State\u201d, p. 15.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-16226","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16226","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16226"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16226\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16228,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16226\/revisions\/16228"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16226"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16226"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16226"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}