{"id":16031,"date":"2018-03-20T01:33:40","date_gmt":"2018-03-19T23:33:40","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=16031\/"},"modified":"2018-03-20T01:33:40","modified_gmt":"2018-03-19T23:33:40","slug":"thomas-hobbes-a-ciencia-como-xustificacion-do-absolutismo-oscar-r-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/thomas-hobbes-a-ciencia-como-xustificacion-do-absolutismo-oscar-r-carreiro\/","title":{"rendered":"THOMAS HOBBES: A CIENCIA COMO XUSTIFICACI\u00d3N DO ABSOLUTISMO &#8211; \u00d3scar R. Carreiro"},"content":{"rendered":"<p><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">THOMAS HOBBES: A CIENCIA COMO XUSTIFICACI\u00d3N DO ABSOLUTISMO<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00d3scar R. Carreiro &#8211;\u00a0 \u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo explica Hobbes (1588-1679), os homes establecen a autoridade soberana por medio dun contrato no que transfiren todos os seus dereitos ao Leviat\u00e1n, entidade que representa a noci\u00f3n abstracta do Estado.<a href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a> Para Hobbes, a vontade e a conduta humanas tenden \u00e1 acci\u00f3n motivada polo desexo. O poder do home reside na s\u00faa capacidade de actuar e a adquisici\u00f3n do poder conv\u00e9rtese nunha procura permanente dominada pola paix\u00f3n. As persoas act\u00faan segundo os impulsos do exterior, evitando os impulsos que lle resultan desagradables e buscando aqueles que lle resultan agradables.<a href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a> Hobbes define a liberdade como a ausencia de impedimentos externos ao movemento, enerx\u00eda ou poder humanos.<a href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a> Hobbes relaciona a liberdade coa vontade, afirmando que unha persoa libre non ten impedimentos para facer aquilo para o que te\u00f1a a vontade, o desexo ou a inclinaci\u00f3n. Como todas as persoas act\u00faan do mesmo xeito, o desexo de buscar o agrad\u00e1bel nunha persoa interponse no cami\u00f1o de calquera outra, por iso, o conflito \u00e9 inevitable. O estado natural do ser humano \u00e9 o dunha guerra continua cos demais, unha \u201cguerra de todos contra todos\u201d<a href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a> na que a vida resulta \u201csolitaria, pobre, desagradable, brutal e curta\u201d.<a href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Debido ao medo a unha morte violenta e, para sa\u00edr deste estado de guerra de todos contra todos, os homes recorren ao contrato social, un acordo simult\u00e1neo de todas as persoas, excepto o novo soberano, para abandonar o uso total dos seus poderes e permitir as\u00ed, ao recentemente creado soberano, facer uso completo dos seus sen estar impedido ou limitado polos seus s\u00fabditos. O soberano \u00e9 m\u00e1is un beneficiario que unha parte no contrato social hobbesiano. Na orde pol\u00edtica creada, os s\u00fabditos est\u00e1n obrigados por \u201ccadeas artificiais\u201d, chamadas leis civ\u00eds, polas que se ataron a si mesmos \u00e1s ordes do soberano.<a href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Para Hobbes non hai diferenza entre a transferencia da soberan\u00eda nos casos dun goberno institu\u00eddo por medio do contrato social ou por medio da conquista. A vontade, para Hobbes, \u00e9 un apetito que se move empuxado polo medo a unha morte violenta. O individuo, enfrontado directamente coa morte, abandona os seus dereitos e poderes ao soberano, ben sexa por contrato social ou por conquista. O soberano incorpora a vontade do individuo e, por iso, Hobbes ch\u00e1malle o seu representante. Ambos tipos de goberno son institu\u00eddos pola rendici\u00f3n ou o abandono dos dereitos debido ao medo a unha morte violenta. De feito, ambos tipos de obrigaci\u00f3ns p\u00f3dense establecer por medio da aquiescencia, sen necesidade de que exista unha declaraci\u00f3n expresa da vontade, xa que Hobbes permite a existencia de contratos baseados nos silencios, a contenci\u00f3n e as consecuencias das acci\u00f3ns.<a href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A teor\u00eda pol\u00edtica de Hobbes deriva da aplicaci\u00f3n da ciencia mec\u00e1nica. Francis Bacon, un dos principais impulsores na Idade Moderna da filosof\u00eda mec\u00e1nica da ciencia como o \u00fanico co\u00f1ecemento v\u00e1lido, evitou mostrar explicitamente como funcionaban a lei e a xustiza na s\u00faa visi\u00f3n da sociedade ideal (A Nova Atl\u00e1ntida) e nunca tratou, de xeito exhaustivo, de aplicar os principios da ciencia natural moderna \u00e1 nova ciencia pol\u00edtica. Hobbes, en cambio, non ten reparos en examinar, segundo os principios do mecanicismo, as orixes do comportamento humano e o \u00edmpeto para formar sociedades pol\u00edticas. Segundo Kimberly Hurd, Hobbes d\u00e1 un paso m\u00e1is \u00e1 hora de utilizar os m\u00e9todos de Bacon para examinar o que considera os impulsos e desexos m\u00e1is fundamentais do ser humano co prop\u00f3sito de descubrir que tipo de leis ser\u00e1n m\u00e1is eficaces \u00e1 hora de protexer a paz e a seguridade dos Estados.<a href=\"#_edn8\" name=\"_ednref8\">[viii]<\/a> Neste sentido, Juan Carlos Garc\u00eda Borr\u00f3n sinala que:<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">O m\u00e1is espec\u00edfico de Hobbes \u00e9 [\u2026] a prolongaci\u00f3n do mecanicismo ao home e aos problemas humanos. O home \u00e9 corpo; o seu obrar \u00e9 un nada libre xogo de forzas e de reacci\u00f3ns dos sentidos. A mesma ciencia, concibida segundo o lema baconiano de \u00absaber \u00e9 poder\u00bb, \u00e9 o resultado da mec\u00e1nica das sensaci\u00f3ns, que permite prever e calcular o mecanismo dos acontecementos. A moral f\u00fandase no asentimento e aprobaci\u00f3n que damos ao que produce sensaci\u00f3ns agradables e na desaprobaci\u00f3n do que as produce desagradables. Esa, que \u00e9 a base da moral, vai selo igualmente da pol\u00edtica.<a href=\"#_edn9\" name=\"_ednref9\">[ix]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Hobbes presentou a raz\u00f3n como unha forma das matem\u00e1ticas:<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">A RAZ\u00d3N [\u2026] non \u00e9 sen\u00f3n C\u00e1lculo (isto \u00e9, Sumar e Restar) das Consecuencias de nomes xerais aceptados para marcar e significar os nosos pensamentos.<a href=\"#_edn10\" name=\"_ednref10\">[x]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo Hobbes, o correcto uso da raz\u00f3n pode levar ao descubrimento de verdadeiros principios cient\u00edficos. A ciencia \u00e9 presentada como a actividade de combinar as causas, \u00e9 o co\u00f1ecemento das consecuencias e a dependencia dun feito sobre outros. Unha vez co\u00f1\u00e9cense as causas das cousas, p\u00f3dese provocar ou evitar unha variedade de efectos. A intenci\u00f3n de Hobbes \u00e9 reducir a vida pol\u00edtica a uns poucos principios cient\u00edficos, para reducir as\u00ed a impredicibilidade humana. A aplicaci\u00f3n da ciencia baconiana necesitaba da reduci\u00f3n dos seres humanos aos seus desexos e necesidades m\u00e1is fundamentais. Por iso, para Hobbes, os seres humanos non son sen\u00f3n seres intelixentes que loitan por atopar pracer e evitar dor, escravos dos seus desexos e imbu\u00eddos con medo.<a href=\"#_edn11\" name=\"_ednref11\">[xi]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 \u00c9 a influencia e utilizaci\u00f3n da filosof\u00eda mec\u00e1nica da ciencia, o que leva a que se considere a Hobbes un dos primeiros estudosos da pol\u00edtica verdadeiramente cient\u00edficos e iso, como sinala Elizabeth Elshtain:<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Malia as s\u00faas opini\u00f3ns extremas sobre a natureza humana e da s\u00faa incansable concentraci\u00f3n nos peores escenarios coma se estes fosen a norma.<a href=\"#_edn12\" name=\"_ednref12\">[xii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo esta autora, at\u00f3pase en Hobbes un mundo de extremos representado como normal, un mundo de excepci\u00f3ns presentado como a norma. Frank van Dun coincide con esta caracterizaci\u00f3n, sinalando que Hobbes iguala o m\u00e1is m\u00ednimo risco de conflito coa guerra de todos contra todos e argumenta que o confort e unha vida c\u00f3moda s\u00f3 poden ser posibles baixo a forma m\u00e1is estrita de centralismo absolutista. Destacando esta tendencia a utilizar os extremos coma se fosen a norma, van Dun recorda a opini\u00f3n de Leibniz, quen remarcou que \u201ca falacia de Hobbes reside nisto, que pensa que as cousas que poden supo\u00f1er inconveniencia non deber\u00edan soportarse no m\u00e1is m\u00ednimo &#8211; o que \u00e9 contrario \u00e1 natureza dos asuntos humanos\u201d.<a href=\"#_edn13\" name=\"_ednref13\">[xiii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Como sinala van Dun, no dereito natural da tradici\u00f3n escol\u00e1stica consid\u00e9rase ao ser humano como un <em>animal rationis capax<\/em>, un ser vivo f\u00edsico que se distingue doutras formas de vida polas s\u00faas facultades racionais. Debido a estas facultades racionais, un ser humano non \u00e9 s\u00f3 un axente f\u00edsico sen\u00f3n un \u201caxente moral\u201d, capaz de actuar base\u00e1ndose en raz\u00f3ns e de criticar e avaliar as raz\u00f3ns para actuar \u00e1 luz de varios obxectivos e valores. Como tal, un ser humano \u00e9 unha <em>persoa natural<\/em>, un axente libre cun m\u00ednimo de control racional sobre o seu corpo, as s\u00faas acci\u00f3ns e os seus resultados, a s\u00faa vida, a s\u00faa liberdade e a s\u00faa propiedade. Estes son os seus dereitos naturais, \u00e9 dicir, as cousas que controla coas s\u00faas facultades racionais. Ademais, os dereitos naturais dunha persoa est\u00e1n limitados e obrigados por aqueles doutra persoa, \u00e9 dicir, toda persoa debe respectar a outra e os seus dereitos naturais. Os dereitos naturais constit\u00faen unha orde natural ou lei natural do mundo humano.<a href=\"#_edn14\" name=\"_ednref14\">[xiv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A apostas\u00eda de Hobbes da filosof\u00eda tradicional da lei at\u00f3pase no seu rexeitamento da natureza racional do home como o fundamento dos dereitos naturais dunha persoa. En lugar das cousas que est\u00e1n, por natureza, baixo o control das facultades racionais dun home, Hobbes identificou os dereitos dun home como aquelas cousas sobre as que exerce un poder controlador dalg\u00fan tipo, independentemente de que esas cousas sexan doutras persoas ou non. Para poder facer isto, Hobbes redefiniu todos os t\u00e9rminos que pertenc\u00edan \u00e1 lei e \u00e1 xustiza. Esta revisi\u00f3n legalista lexitimaba a expansi\u00f3n do Estado.<a href=\"#_edn15\" name=\"_ednref15\">[xv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo Hobbes, o dereito natural do home \u00e9 a liberdade de facer todo o que poida si cre que \u00e9 \u00fatil para a s\u00faa autopreservaci\u00f3n, non importa que sexa o asasinato, roubo, violaci\u00f3n, etc. Hobbes escolleu constru\u00edr a s\u00faa teor\u00eda ao redor deste paradoxal \u201cdereito\u201d porque necesitaba xustificar a s\u00faa conclusi\u00f3n de que o absolutismo pol\u00edtico era a \u00fanica sa\u00edda \u00e1 guerra de todos contra todos. A paz s\u00f3 era posible cando hab\u00eda un \u00fanico gobernante con suficiente poder para facer f\u00fatil toda resistencia \u00e1s s\u00faas ordes.<a href=\"#_edn16\" name=\"_ednref16\">[xvi]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Como sinala Elshtain, Hobbes \u00e9 un reducionista extremo.<a href=\"#_edn17\" name=\"_ednref17\">[xvii]<\/a> O seu home \u00e9 un \u00e1tomo movido polo apetito e a aversi\u00f3n. No contrato social \u00e9ntrase por medo. A xustiza, o nobre concepto central ao entendemento medieval do prop\u00f3sito da vida pol\u00edtica, red\u00facese ao obedecemento das leis e o cumprimento dos contratos. A xustiza consiste en cumprir as ordes do soberano. Os conceptos de \u201cxusto\u201d ou \u201cinxusto\u201d nin sequera existen ata que existe un poder coercitivo. Non hai unha lei natural no sentido escol\u00e1stico que ofreza unha visi\u00f3n da xustiza \u00e1 que aspire a sociedade humana. Non hai, xa que logo, unha lei inxusta. Si \u00e9 unha lei (si \u00e9 unha orde do soberano) \u00e9, por definici\u00f3n, xusta. O Estado, por definici\u00f3n, \u00e9 xusto. \u00c9, ademais, unha persoa legal ficticia, un home artificial, dotado de raz\u00f3n e de vontade, que chega \u00e1 existencia por medio da alianza coercitiva. Esta persoa legal ficticia, o Leviat\u00e1n, \u00e9 presentado nunha linguaxe de grandeza e asombro. \u00c9 un \u201cDeus Mortal\u201d<a href=\"#_edn18\" name=\"_ednref18\">[xviii]<\/a> que utiliza a forza de todos os s\u00fabditos e a transforma nunha forza irresistible. Este deus mortal \u00e9 unha unidade, ningunha parte do poder soberano pode alienarse. Os seus s\u00fabditos, agora chamados cidad\u00e1ns, tendo rendido a s\u00faa independencia natural, volv\u00e9ronse parte integrante do Estado e, xa que logo, pertencen a el incondicionalmente. Calquera propiedade pertence, basicamente, ao Estado xa que, sen a protecci\u00f3n e o poder do Estado, non haber\u00eda propiedade.<a href=\"#_edn19\" name=\"_ednref19\">[xix]<\/a> Ademais da unidade, outro atributo do Estado-Leviat\u00e1n \u00e9 o poder. Xa que o soberano disp\u00f3n libremente, segundo a s\u00faa propia vontade, do maior poder humano imaxinable e, xa que s\u00f3 a el sonlle conferidos os poderes de todos os individuos singulares, o soberano pode, por conseguinte, modelar a vontade de todos os cidad\u00e1ns que, na esfera p\u00fablica, d\u00e9benlle obediencia absoluta.<a href=\"#_edn20\" name=\"_ednref20\">[xx<\/a><a href=\"#_edn17\" name=\"_ednref17\">]<\/a><\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a href=\"https:\/\/xoandelugo.org\/la-violencia-asocial-y-la-teoria-de-clases-libertaria-daniel-rodriguez-carreiro\/#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/strong><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Que pode ser un solo home o un conxunto de homes. Thomas Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, ed. Richard Tuck (Cambridge: Cambridge University Press, 1996), p. 120.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, pp. 37-39.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, pp. 145-147.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201c[\u2026] a warre [\u2026] of every man, against every man\u201d. Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, p. 88.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201c[\u2026] solitary, poore, nasty, brutish and short\u201d. Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, p. 89.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, p. 147. Como explica Williamson M. Evers, en canto \u00e1 vontade, hai unha contradicci\u00f3n en Hobbes. Por unha parte chama \u00e1 vontade \u201co \u00faltimo apetito\u201d no proceso de deliberaci\u00f3n. Esta visi\u00f3n parece concordar cunha visi\u00f3n da natureza humana na cal a vontade non \u00e9 unha facultade moral relevante sino simplemente unha parte nun mecanismo humano. Por outra parte, cando Hobbes discute a transferencia dos dereitos a outros, di que \u00e9 o <em>deber<\/em> dunha persoa cumplir co seu acto voluntario. Desde este punto de vista, a vontade \u00e9 unha facultad moralmente relevante e o acordo voluntario asenta unha obrigaci\u00f3n. Ver Williamson M. Evers, \u201cSocial Contract: a Critique\u201d, <em>Journal of Libertarian Studies<\/em>, 1, no. 3 (1977): 187.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Evers, \u201cSocial Contract: a Critique\u201d, p. 188.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Kimberly Hurd, &#8220;The lost city: examining the relationship between science, philosophy and the Atlantis myth&#8221; (2012). LSU Doctoral Dissertations, pp. 149-150.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Juan Carlos Garc\u00eda Borr\u00f3n, <em>Empirismo e Ilustraci\u00f3n Inglesa: de Hobbes a Hume<\/em> (Madrid: Cincel, 1985), p. 59.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201cREASON [\u2026] is nothing but <em>Reckoning<\/em> (that is Adding and Subtracting) of the Consequences of general names agreed upon for the <em>marking<\/em> and <em>signifying<\/em> of our thoughts\u201d. Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, p. 32.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Hurd, \u201cThe Lost City\u201d, pp. 150-153.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201cDespite his extreme views on human nature and his relentless focus on worst-case scenarios as if these were the norm\u201d. Jean Bethke Elshtain, <em>Sovereignty<\/em>. <em>God, State and Self<\/em> (Nueva York: Basic Books, 2008), p. 104.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201cHobbes\u2019 fallacy lies in this, that he thinks things which can entail inconvenience should not be borne at all \u2013 which is contrary to the nature of human affairs\u201d. Citado por Frank van Dun, \u201cHuman Dignity: Reason or Desire? Natural Rights versus Human Rights\u201d, <em>Journal of Libertarian Studies<\/em>, 15, no. 4 (Oto\u00f1o 2001): 9.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Dun, \u201cHuman Dignity: Reason or Desire?\u201d, p. 15.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Dun, \u201cHuman Dignity: Reason or Desire?\u201d, p. 20.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Dun, \u201cHuman Dignity: Reason or Desire?\u201d, p. 21.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Elshtain<em> Sovereignty<\/em>, pp. 107-108.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] \u201cMortall God\u201d. Hobbes, <em>Leviathan<\/em>, p. 120.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Dun, \u201cHuman Dignity: Reason or Desire?\u201d, p. 22. Ver tam\u00e9n Carlo Altini, <em>La f\u00e1brica de la soberan\u00eda. Maquiavelo, Hobbes, Spinoza y otros modernos<\/em> (Buenos Aires: El cuenco de plata, 2005), p. 93.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">[1] Altini,<em> La f\u00e1brica de la soberan\u00eda<\/em>, p. 96.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-2 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-3 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-5\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\">\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-3{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-3 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-3{width:100% !important;}.fusion-builder-column-3 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-3{width:100% !important;}.fusion-builder-column-3 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-2{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-16031","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16031","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16031"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16031\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16032,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16031\/revisions\/16032"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16031"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16031"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16031"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}