{"id":15580,"date":"2017-11-16T00:18:42","date_gmt":"2017-11-15T22:18:42","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=15580\/"},"modified":"2017-11-16T00:18:42","modified_gmt":"2017-11-15T22:18:42","slug":"o-mercantilismo-e-a-politica-industrial-oscar-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/o-mercantilismo-e-a-politica-industrial-oscar-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"O MERCANTILISMO E A POL\u00cdTICA INDUSTRIAL &#8211; \u00d3scar Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">O MERCANTILISMO E A POL\u00cdTICA INDUSTRIAL<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00d3scar Rodr\u00edguez Carreiro &#8211;\u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Na actualidade, a pol\u00edtica industrial \u00e9 unha das ferramentas de intervenci\u00f3n estatal na econom\u00eda m\u00e1is en boga. A\u00ednda que as experiencias pasadas suxeriran, acertadamente, que os gobernos non deb\u00edan inmiscirse na promoci\u00f3n, planificaci\u00f3n e regulaci\u00f3n da industria, desafortunadamente, unha nova oleada de achegas te\u00f3ricas e pr\u00e1cticas pol\u00edticas volveu a situar \u00e1 pol\u00edtica industrial na axenda dos gobernos. As\u00ed, como sinalan Bailey, Lenihan e Arauzo-Carod<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Tras anos de desprestixio oficial, a pol\u00edtica industrial (PI) est\u00e1 de novo de moda a nivel rexional, nacional e da UE impulsada polas preocupaci\u00f3ns sobre competitividade, globalizaci\u00f3n, desindustrializaci\u00f3n, desemprego e o comparativamente lento crecemento da econom\u00eda da UE, especialmente nesta fase post recesi\u00f3n. Ao mesmo tempo, a PI foi un catalizador para o dese\u00f1o de estratexias de recuperaci\u00f3n econ\u00f3mica a nivel rexional, nacional e da UE [\u2026].<a href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Nesta nova oleada de pol\u00edtica industrial ad\u00f3itase afirmar que as intervenci\u00f3ns dos gobernos non te\u00f1en un car\u00e1cter anti-mercado, sen\u00f3n que serven para eliminar fallos de mercado e facilitar o seu funcionamento. Con todo, e como veremos a continuaci\u00f3n, o car\u00e1cter estatista e contrario ao libre mercado da pol\u00edtica industrial rev\u00e9lase na xenealox\u00eda da s\u00faa orixe.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En opini\u00f3n de Julien Mendoza e St\u00e9phane Rouhier, a aparici\u00f3n da pol\u00edtica industrial p\u00f3dese situar na \u00e9poca do mercantilismo; \u00e9 dicir, a primeira manifestaci\u00f3n sistem\u00e1tica de pol\u00edtica industrial ter\u00eda lugar na Europa do s\u00e9culo XVI. A pol\u00edtica industrial do mercantilismo base\u00e1base en catro ideas principais: que o comercio era unha fonte de obtenci\u00f3n de riqueza; que a industria \u00e9 unha fonte de poder econ\u00f3mico; que o Estado deb\u00eda estruturar a industria, ou ben controlando directamente o desenvolvemento industrial ou ben ofrecendo protecci\u00f3n \u00e1s industrias; e, para rematar, que deber\u00eda existir unha sinerx\u00eda entre o Estado e os axentes econ\u00f3micos. No mercantilismo e o colbertismo, estes autores atopan tres elementos com\u00fans a calquera pol\u00edtica industrial desde unha perspectiva hist\u00f3rica: primeiro, a necesidade dun Estado forte que coordine as prioridades de desenvolvemento da pol\u00edtica econ\u00f3mica; segundo, a intervenci\u00f3n do Estado para ordenar a estrutura da econom\u00eda; terceiro, a cooperaci\u00f3n do Estado con certos axentes econ\u00f3micos coa intenci\u00f3n de crear sinerx\u00edas. Segundo Mendoza e Rouhier, estas tres condici\u00f3ns son necesarias e suficientes para establecer a existencia dunha pol\u00edtica industrial.<a href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 De xeito similar, Erik Reinert, defensor e seguidor das teor\u00edas mercantilistas, sinalou os principios fundamentais que guiaban a pol\u00edtica industrial do mercantilismo. Estes principios incluir\u00edan a identificaci\u00f3n das manufacturas como o determinante principal do aumento do output e da produtividade, como un sector coa capacidade de absorber traballo e como un sector coa capacidade de aliviar os problemas da balanza de pagos; a selecci\u00f3n de actividades e sectores con retornos crecentes; a creaci\u00f3n de monopolios temporais para protexer os progresos en certas \u00e1reas crave (sistema de patentes); o establecemento de cotas, tarifas e impostos para penalizar a exportaci\u00f3n de materias primas; o reco\u00f1ecemento da necesidade de formaci\u00f3n do capital humano; a provisi\u00f3n de apoio financeiro a tipos de interese inferiores aos do mercado para o investimento en produci\u00f3n; o reco\u00f1ecemento da importancia dos mecanismos de creaci\u00f3n de sinerx\u00edas para o desenvolvemento; o apoio directo ao sector agr\u00edcola; e, a atracci\u00f3n de persoal cualificado do estranxeiro para facilitar a transferencia de tecnolox\u00eda e o desenvolvemento do co\u00f1ecemento.<a href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Para entender a pol\u00edtica industrial mercantilista, \u00e9 importante recordar que o obxectivo declarado dos escritores mercantilistas era aumentar o poder do Estado. Como explica Eli Hecksher, o que buscaban os mercantilistas era po\u00f1er a vida econ\u00f3mica ao servizo do interese de poder do Estado. As\u00ed, utiliz\u00e1base a pol\u00edtica econ\u00f3mica como un medio ao servizo do poder e o benestar dos s\u00fabditos ti\u00f1a unicamente como finalidade sentar unha base s\u00f3lida e necesaria para o poder do Estado.<a href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a> Como pol\u00edtica de poder, o mercantilismo segu\u00eda dous m\u00e9todos diferentes. O primeiro consist\u00eda en desviar a actividade econ\u00f3mica directamente cara aos fins particulares demandados polo poder pol\u00edtico. O segundo m\u00e9todo consist\u00eda en crear unha reserva de recursos econ\u00f3micos que o Estado puidese usar cando as\u00ed o requirise. Estes m\u00e9todos esix\u00edan a utilizaci\u00f3n de amplos controis ao longo da econom\u00eda nacional, polo que o mercantilismo persegu\u00eda a regulaci\u00f3n completa da vida econ\u00f3mica.<a href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Os mercantilistas asociaban a riqueza coa posesi\u00f3n de metais preciosos, mentres que os seus sucesores (laissez faire) consideraban a riqueza como os bens e servizos que a xente consume e os medios con que producilos. Xa que os mercantilistas daban tanta importancia \u00e1 posesi\u00f3n de metais preciosos, un dos obxectivos que buscaban era conseguir un exceso de exportaci\u00f3ns sobre as importaci\u00f3ns como un medio de obter fluxo de ouro e prata. Debido a que os movementos de metais preciosos s\u00f3 pod\u00edan ter lugar si un pa\u00eds perd\u00eda algo do seu stock en beneficio doutro, os mercantilistas consideraban que o comercio que \u00eda en beneficio dun pa\u00eds necesariamente ti\u00f1a que ir en prexu\u00edzo doutro. Como recorda Michael Heilperin, a noci\u00f3n do comercio como algo mutuamente beneficioso s\u00f3 pode xurdir do reco\u00f1ecemento de que o que importa no comercio \u00e9 o intercambio de bens, non a adquisici\u00f3n de di\u00f1eiro.<a href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a> Os mercantilistas estaban animados por un \u201cmedo aos bens\u201d, crendo que comprar era malo e vender era bo. A formulaci\u00f3n m\u00e1is extrema deste medo at\u00f3pase nos escritos do mercantilista alem\u00e1n Johann Joachim Becher, un de cuxos axiomas dic\u00eda: \u201c\u00e9 sempre mellor vender bens a outros que comprar bens doutros, pois o primeiro sup\u00f3n una certa vantaxe e o \u00faltimo un dano inevitable\u201d. O absurdo desta afirmaci\u00f3n resulta evidente. Con todo, parece que cando o punto de vista trasl\u00e1dase desde o individuo aos pa\u00edses, o absurdo resulta m\u00e1is dif\u00edcil de detectar, xa que a defensa do proteccionismo \u00e9 a expresi\u00f3n a nivel nacional da afirmaci\u00f3n de Becher. Como di Heilperin<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00bf\u00c9 menos absurdo que un pa\u00eds intente expandir as s\u00faas exportaci\u00f3ns por medio de subsidios, depreciaci\u00f3n do cambio e outros medios, mentres ao mesmo tempo levanta barreiras m\u00e1is altas e insuperables \u00e1s importaci\u00f3ns?<a href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O medo mercantilista aos bens estaba alimentado, entre outras cousas, pola idea de crear empregos e de tomar medidas contra o desemprego. Entre estas medidas atop\u00e1base a loita contra as importaci\u00f3ns, pois se cr\u00eda que os bens importados pod\u00edan eliminar a produci\u00f3n nacional e destru\u00edr postos de traballo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Unha das manifestaci\u00f3ns m\u00e1is sistem\u00e1ticas e organizadas do mercantilismo deuse na Francia de Lu\u00eds XIV da man do ministro de finanzas Colbert. O colbertismo base\u00e1base nos seguintes puntos: a existencia dun Estado forte que buscaba o poder a trav\u00e9s de medios econ\u00f3micos; a asunci\u00f3n por parte do Estado dun papel l\u00edder no desenvolvemento industrial, intervindo por medio da regulaci\u00f3n; a combinaci\u00f3n dun forte proteccionismo dos bens manufacturados coa importaci\u00f3n de materias primas; a procura do aumento do surplus do comercio; o desenvolvemento por parte do Estado de industrias de alto valor engadido; o control dos movementos de moeda.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo di Paul Mantoux, Colbert pensaba que a gran industria non pod\u00eda existir sen\u00f3n pola intervenci\u00f3n do Estado. No mercantilismo de Colbert os establecementos industriais estaban divididos en tres clases: no primeiro grupo estaban as manufacturas do Estado que, fundamentalmente, dedic\u00e1banse \u00e1 produci\u00f3n de obxectos de luxo para o rei. O segundo grupo era o das manufacturas reais, que pertenc\u00edan a particulares e fabricaban para o consumo p\u00fablico. A estas industrias prest\u00e1baselles un apoio continuo: subvenci\u00f3ns directas do Tesouro, pr\u00e9stamos sen intereses, exenci\u00f3n dos impostos m\u00e1is pesados, exenci\u00f3n do cumprimento dos regulamentos industriais aos que permanec\u00edan suxeitos os pequenos fabricantes, etc. O terceiro grupo form\u00e1bano as manufacturas privilexiadas, que estaban ata m\u00e1is favorecidas que as anteriores, gozando dun monopolio absoluto para fabricar e vender certos produtos.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo Mantoux, as manufacturas francesas do s\u00e9culo XVII recordan, a primeira vista, \u00e1s f\u00e1bricas modernas polo n\u00famero de obreiros empregados, a s\u00faa divisi\u00f3n en equipos especializados, a disciplina \u00e1 que estaban sometidos, etc. Pero hai unha caracter\u00edstica que as diferenza fundamentalmente das f\u00e1bricas que xurdir\u00e1n na Revoluci\u00f3n Industrial.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Si a man que elevou e que sost\u00e9n o edificio ret\u00edrase, todo se quebranta e ameaza ru\u00edna. Estas empresas non viv\u00edan sen\u00f3n de protecci\u00f3n e privilexio: abandonadas a si mesmas, moitas non tardar\u00edan en desaparecer.<a href=\"#_edn8\" name=\"_ednref8\">[viii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O mesmo p\u00f3dese dicir dos monopolios industriais da Inglaterra do s\u00e9culo XVII, que unicamente foron posibles grazas ao sost\u00e9n activo e continuo do Estado. Segundo Mantoux, o apoio mesmo do que se beneficiaban explica a s\u00faa impopularidade, as\u00ed como as campa\u00f1as dirixidas contra os seus privilexios desde a \u00e9poca de Cromwell, e a s\u00faa ru\u00edna axi\u00f1a que como lles foron retirados tales privilexios.<a href=\"#_edn9\" name=\"_ednref9\">[ix]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Nos nosos d\u00edas, a herdanza mercantilista da pol\u00edtica industrial manif\u00e9stase en elementos tales como os seguintes: 1) a preocupaci\u00f3n pola balanza de pago e o intento de xestionala; 2) a promoci\u00f3n do emprego nacional por medio da restrici\u00f3n de importaci\u00f3ns e da promoci\u00f3n de exportaci\u00f3ns; 3) a acci\u00f3n estatal deliberada para controlar a estrutura e o volume das importaci\u00f3ns, as exportaci\u00f3ns e as operaci\u00f3ns financeiras; 4) as pr\u00e1cticas proteccionistas e a idea de que \u00e9 mellor vender ao exterior que comprar do exterior; e, 5) o concepto de que o que deber\u00eda guiar as relaci\u00f3ns econ\u00f3micas \u00e9 a raz\u00f3n de Estado e non as decisi\u00f3ns individuais.<a href=\"#_edn10\" name=\"_ednref10\">[x]<\/a><\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> David Bailey, Helena Lenihan y Josep-Maria Arauzo-Carod, \u201cIndustrial Policy After the Crisis\u201d, en <em>Industrial Policy Beyond the Crisis<\/em>, ed. David Bailey, Helena Lenihan y Josep-Maria Arauzo-Carod (Oxon y Nueva York: Routledge, 2012).<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> Mendoza y Rouhier, \u201cEuropean Industrial Policy\u201d, pp. 3-4.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> Ver Erik Reinert, <em>How Rich Countries Got Rich and Why Poor Stay Poor<\/em>, (Londres: Constable, 2007); Erik Reinert, <em>How Rich Nations Got Rich. Essays in the History of Economic Policy <\/em>(Oslo: Centre for Development and the Environment, 2004), pp. 7-9; y Erik Reinert y Arno M. Daastol, \u201cThe Other Canon: the History of Reinassance Economics\u201d, pp. 21-70 en E. Reinert, ed., <em>Globalization, Economic Development and Inequality<\/em> (Cheltenham y Norhamptom: Edward Elgar, 2004), pp. 32-34.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a> Heckscher, <em>La \u00e9poca mercantilista<\/em>, pp. 461-466.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a> Heilperin, <em>Studies in Economic Nationalism<\/em>, p. 74.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a> Heilperin, <em>Studies in Economic Nationalism<\/em>, pp. 70-71.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref7\" name=\"_edn7\">[vii]<\/a> Heilperin, <em>Studies in Economic Nationalism<\/em>, p. 76.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref8\" name=\"_edn8\">[viii]<\/a> Mantoux, <em>La Revoluci\u00f3n Industrial en el siglo XVIII<\/em>, p. 9.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref9\" name=\"_edn9\">[ix]<\/a> Mantoux, <em>La Revoluci\u00f3n Industrial en el siglo XVIII<\/em>, p. 10.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref10\" name=\"_edn10\">[x]<\/a> Heilperin, <em>Studies in Economic Nationalism<\/em>, p. 81.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-15580","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15580","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15580"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15580\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15590,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15580\/revisions\/15590"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15580"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15580"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15580"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}