{"id":15493,"date":"2017-10-27T21:48:02","date_gmt":"2017-10-27T19:48:02","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=15493\/"},"modified":"2021-03-09T03:06:01","modified_gmt":"2021-03-09T01:06:01","slug":"eugen-von-bohm-bawerk-1855-1914-segunda-parte-por-oscar-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/eugen-von-bohm-bawerk-1855-1914-segunda-parte-por-oscar-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"EUGEN VON B\u00d6HM-BAWERK (1855-1914). SEGUNDA PARTE &#8211; Por \u00d3scar Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:1248px;margin-left: calc(-4% \/ 2 );margin-right: calc(-4% \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">Na mi\u00f1a opini\u00f3n, B\u00f6hm-Bawerk \u00e9 o economista austr\u00edaco m\u00e1is importante logo de Ludwig von Mises. Digo isto base\u00e1ndome no feito de que as s\u00faas obras ofrecen de lonxe o mellor e m\u00e1is completo desenvolvemento que se pode atopar da lei da utilidade marxinal decrecente e a s\u00faa aplicaci\u00f3n \u00e1 teor\u00eda dos prezos.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0George Reisman<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Nesta segunda parte dedicada a B\u00f6hm-Bawerk centrar\u00e9monos nos aspectos da s\u00faa obra que mereceron o eloxio de Reisman, concretamente a s\u00faa an\u00e1lise do valor, da utilidade marxinal e da determinaci\u00f3n dos prezos en <em>A teor\u00eda positiva do capital<\/em>.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"text-decoration: underline; color: #000000;\">O valor.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 B\u00f6hm-Bawerk enfatizou o car\u00e1cter subxectivo do valor, defin\u00edndoo como a importancia que un ben ou un conxunto de bens pos\u00faen en relaci\u00f3n co benestar dun suxeito. Reco\u00f1ec\u00eda que todos os bens te\u00f1en utilidade, pero non todos os bens te\u00f1en valor. Para que apareza o valor, ademais de utilidade, ten que existir escaseza.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">Cando a oferta de bens non \u00e9 suficiente, e algunhas das necesidades permanecen insatisfeitas, est\u00e1 claro que a perda de ata un \u00fanico ben sup\u00f3n a perda dunha posible satisfacci\u00f3n, mentres que a adici\u00f3n dun \u00fanico ben sup\u00f3n a adquisici\u00f3n dunha satisfacci\u00f3n doutro xeito imposible; e, consecuentemente, est\u00e1 claro que algunha gratificaci\u00f3n ou forma de benestar depende da existencia dese ben. Do mesmo xeito, est\u00e1 bastante claro que, si hai sobre-abundancia dalgunha clase de bens, non sucede ning\u00fan dano si se perde un deses bens- xa que pode ser reemprazado inmediatamente do stock sobre-abundante; tampouco se obt\u00e9n ningunha utilidade si se engade outro ben dese tipo- xa que non pode ser empregado de ning\u00fan xeito \u00fatil.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Os bens insuficientes son os que hai que economizar e son, xa que logo, bens econ\u00f3micos. Os bens econ\u00f3micos te\u00f1en valor, mentres que os bens libres, aqueles sobre-abundantes, non o te\u00f1en.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"text-decoration: underline; color: #000000;\">A utilidade marxinal.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Para entender o concepto da utilidade marxinal, B\u00f6hm-Bawerk analiza a utilidade que te\u00f1en os bens econ\u00f3micos, aqueles bens con valor e afectados pola escaseza. B\u00f6hm-Bawerk preg\u00fantase: \u00bfentre varias necesidades a satisfacer, cal depende dunha mercanc\u00eda? Isto resp\u00f3ndese de xeito moi simple cando se co\u00f1ece que necesidade se ver\u00eda insatisfeita si esa mercanc\u00eda non estivese presente: esa necesidade ser\u00eda a dependente. E as\u00ed, \u00e9 f\u00e1cil mostrar que a necesidade que quedou insatisfeita ser\u00e1 sempre a menos importante de todas as necesidades en cuesti\u00f3n, \u00e9 dicir, de entre todas as necesidades que se satisfixeron grazas ao stock total desa clase de mercanc\u00edas.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Segundo B\u00f6hm-Bawerk, ningu\u00e9n ser\u00eda tan necio como para esgotar os recursos \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n en necesidades triviais e privarse as\u00ed dos medios para satisfacer as necesidades m\u00e1is importantes. Pola contra, todo o mundo ten coidado de usar os recursos \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n para prover primeiro as s\u00faas necesidades m\u00e1is importantes, despois as necesidades que van tras estas en importancia, despois, as de terceiro rango, etc., organizando a s\u00faa actividade de tal modo que as necesidades menos importantes sexan satisfeitas unha vez xa o estean as m\u00e1is importantes e a\u00ednda queden medios que utilizar. Actuamos do mesmo xeito cando o noso stock sofre un cambio coa perda dun membro.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 As necesidades que son m\u00e1is importantes que esta \u201c\u00faltima\u201d necesidade non se ver\u00e1n afectadas pola perda do ben, xa que a s\u00faa satisfacci\u00f3n est\u00e1 garantida. Tampouco se ver\u00e1n afectadas as necesidades que son menos importantes que a \u201cnecesidade marxinal\u201d, xa que seguir\u00e1n insatisfeitas. A \u00fanica necesidade afectada \u00e9 a \u00faltima daquelas que, doutro xeito, ser\u00edan satisfeitas: satisfarase si o ben est\u00e1 a\u00ed. Non se satisfar\u00e1 si o ben falta. \u00c9 a necesidade dependente que estamos buscando.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 As\u00ed, segundo B\u00f6hm-Bawerk, o valor dun ben est\u00e1 determinado pola s\u00faa utilidade marxinal, \u00e9 dicir, aquela necesidade que quedar\u00eda insatisfeita en caso de perder unha unidade do stock dispo\u00f1ible:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">O valor dun ben se mide pola importancia desa necesidade concreta, ou necesidade parcial, que \u00e9 a menos urxente de entre as necesidades que se satisf\u00e1n cun stock de bens similares. O que determina o valor dun ben, xa que logo, non \u00e9 a s\u00faa maior utilidade, nin a s\u00faa utilidade media, sen\u00f3n a \u00faltima utilidade [\u2026] en cuxa satisfacci\u00f3n poder\u00eda empregarse razoablemente baixo concretas condici\u00f3ns econ\u00f3micas.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 As\u00ed pois, a utilidade marxinal econ\u00f3mica dun ben \u00e9 a utilidade que se atopa na marxe do economicamente permisible.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Para ilustrar o concepto da utilidade marxinal, B\u00f6hm-Bawerk emprega o exemplo hipot\u00e9tico dun granxeiro que ten cinco sacos de millo. O granxeiro utiliza os sacos para satisfacer as necesidades que considera m\u00e1is importantes. Necesita un saco para o seu propio sustento. Un segundo saco para manter o seu vigor. Utiliza o terceiro para alimentar aves de curral. Utiliza o cuarto para destilar alcohol. Utiliza o quinto para alimentar loros que mant\u00e9n como mascotas. \u00bfCanta utilidade perder\u00e1 si perde un saco de millo?, preg\u00fantase B\u00f6hm-Bawerk. Un \u00fanico curso de acci\u00f3n \u00e9 posible: cos catro sacos que quedan, o granxeiro satisfar\u00e1 os catro grupos de necesidades m\u00e1is urxentes e renunciar\u00e1 a satisfacer a \u00faltima e menos importante, a utilidade marxinal. Neste caso, alimentar aos loros. O granxeiro valorar\u00e1 cada saco individual do seu stock de acordo con esta utilidade menos importante. Si os sacos son iguais entre eles, cada saco ter\u00e1 esa valoraci\u00f3n, posto que para o granxeiro ser\u00eda indiferente perder un ou outro saco, sempre que perdese un e quedasen catro para satisfacer as outras necesidades m\u00e1is urxentes.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Canto m\u00e1is completa e intensa sexa a necesidade, maior ser\u00e1 a utilidade marxinal e viceversa. \u00c9 dicir, canto m\u00e1is numerosas e intensas sexan as necesidades que demandan satisfacci\u00f3n e canto menor sexa a cantidade de bens dispo\u00f1ibles para satisfacelas, m\u00e1is alto ser\u00e1 o rango das necesidades que quedan insatisfeitas e maior a utilidade marxinal. E, en sentido oposto, canto menores sexan as necesidades e m\u00e1is bens haxa para satisfacelas, as necesidades que quedar\u00e1n insatisfeitas ocupar\u00e1n un rango m\u00e1is baixo e tam\u00e9n baixar\u00e1 a utilidade marxinal e o valor. Segundo B\u00f6hm-Bawerk p\u00f3dese dicir case o mesmo, s\u00f3 que de xeito m\u00e1is impreciso, do seguinte xeito: a Utilidade e a Escaseza son os determinantes \u00faltimos do valor dos bens.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Xa que as relaci\u00f3ns de necesidades e provisi\u00f3n var\u00edan extremadamente entre individuos, o mesmo ben pode posu\u00edr un valor subxectivo completamente distinto para diferentes persoas &#8211; sen o cal ser\u00eda dif\u00edcil entender como poder\u00eda haber calquera tipo de intercambio. E as\u00ed, baixo circunstancias similares, as mesmas cantidades de bens poden ter un diferente valor para o rico e para o pobre. Para o rico un valor menor, para o pobre un valor maior. O rico, dispo\u00f1endo dunha maior cantidade de bens, pode dedicalos \u00e1 satisfacci\u00f3n das necesidades menos urxentes, e a satisfacci\u00f3n engadida ou subtra\u00edda dependente dun ben particular \u00e9 de pouca consideraci\u00f3n. Para o pobre, que s\u00f3 \u00e9 capaz de prover para as s\u00faas necesidades m\u00e1is urxentes, a utilidade que depende de cada ben \u00e9 moito maior.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Si un ben ten empregos diferentes con diferentes utilidades marxinais, \u00bfcal deses empregos determina a s\u00faa utilidade marxinal? Para B\u00f6hm-Bawerk, a resposta \u00e9 f\u00e1cil: \u00e9 sempre a utilidade marxinal m\u00e1is alta. Como se viu, a utilidade marxinal dun ben \u00e9 id\u00e9ntica coa menor utilidade para a que pode ser economicamente empregado. Si varios empregos mutuamente excluentes compiten por un ben, o m\u00e1is importante de entre eles ter\u00e1 preferencia. Os usos menos importantes ser\u00e1n exclu\u00eddos e, xa que o ben non pode ser utilizado neses usos, non te\u00f1en influencia sobre o establecemento do valor do ben. No caso de bens que permiten empregos ou usos alternativos e poden producir distintas utilidades marxinais neses usos, aquel emprego que renda a utilidade marxinal m\u00e1is alta converterase no est\u00e1ndar para o valor econ\u00f3mico do ben.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">Sempre seguimos o mesmo curso de acci\u00f3n; asignamos o noso stock de bens entre os usos concretos que te\u00f1en maior importancia na nosa escala, e o \u00faltimo destes determina para n\u00f3s a utilidade marxinal e o valor do ben.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"text-decoration: underline; color: #000000;\">O valor dos bens de producci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Seguindo a an\u00e1lise mengeriana das distintas ordes dos bens econ\u00f3micos, B\u00f6hm-Bawerk analiza o valor dos bens de produci\u00f3n. Do mesmo xeito que fac\u00eda Menger, B\u00f6hm-Bawerk afirma que, ao contrario que os bens de consumo, que serven para satisfacer directamente as necesidades humanas, todos os bens de produci\u00f3n comparten unha caracter\u00edstica: s\u00f3 serven para satisfacer as necesidades de xeito indirecto.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Un ben de produci\u00f3n, do mesmo xeito que calquera outro ben, s\u00f3 ten valor para n\u00f3s a trav\u00e9s do noso reco\u00f1ecemento de que, da s\u00faa posesi\u00f3n ou non posesi\u00f3n, depende unha ganancia ou perda dalgunha utilidade, \u00e9 dicir, algunha satisfacci\u00f3n dunha necesidade. O seu valor ser\u00e1 m\u00e1is alto cando a satisfacci\u00f3n dependente sexa m\u00e1is importante, e m\u00e1is baixo cando o sexa menos. A \u00fanica diferenza estriba en que, no caso de bens de consumo inmediato, o ben e a satisfacci\u00f3n at\u00f3panse un xunto ao outro nunha cadea causal directa, mentres que, no caso dos bens de produci\u00f3n, interponse unha serie m\u00e1is ou menos longa de membros intermedios, os produtos sucesivos. Destes produtos depende a mesma ganancia para o benestar humano: a utilidade marxinal do produto final.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 O valor dos grupos de bens de produci\u00f3n \u00e9, substancialmente, o mesmo. Este valor est\u00e1 regulado, en \u00faltima instancia, pola utilidade marxinal do produto final. En primeira instancia, o valor de cada grupo de bens de produci\u00f3n ten a s\u00faa medida inmediata no valor do seu produto. Canto m\u00e1is importante sexa o produto que se fai, maior ser\u00e1 a estima concedida \u00e1 utilidade que prov\u00e9. A utilidade marxinal do produto final refl\u00edctese no valor dos bens de ordes m\u00e1is altas. O valor cond\u00facese desde esta utilidade marxinal cara a todos os grupos de bens de produci\u00f3n, pero esta conduci\u00f3n faise por etapas. Primeiro, a utilidade marxinal determina o valor do produto final. Despois, f\u00f3rmase o valor do grupo de bens dos que procede o produto final, \u00e9 dicir, os bens de segunda orde. Isto, \u00e1 s\u00faa vez, determina o valor do terceiro grupo, os bens de terceira orde que serven para producir os bens de segunda orde. O valor dos bens de terceira orde determina o dos bens de cuarta orde, e as\u00ed sucesivamente. De etapa a etapa, o nome dos elementos determinantes cambia pero, baixo os distintos nomes act\u00faa a mesma forza: a utilidade marxinal do produto final.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"text-decoration: underline;\">\u00a0 A lei fundamental da formaci\u00f3n dos prezos.<\/span> <\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 A continuaci\u00f3n, B\u00f6hm-Bawerk emprega a an\u00e1lise subxectiva para estudar sistematicamente a formaci\u00f3n dos prezos, analizando dita formaci\u00f3n nun intercambio illado (aquel no que hai un \u00fanico comprador e un \u00fanico vendedor), un intercambio con competici\u00f3n unilateral de compradores (m\u00e1is dun comprador e un \u00fanico vendedor), un intercambio con competici\u00f3n unilateral de vendedores (m\u00e1is dun vendedor e un \u00fanico comprador) e, finalmente, un intercambio con competici\u00f3n bilateral (m\u00e1is dun comprador e m\u00e1is dun vendedor).<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 B\u00f6hm-Bawerk comeza sinalando que, cando se fan intercambios, b\u00fascase \u201cintercambiar de tal forma que aquel que realiza o intercambio ga\u00f1e m\u00e1is benestar dos bens que obt\u00e9n do benestar que perde cos bens que d\u00e1; ou, xa que a importancia que os bens te\u00f1en para a vida e o benestar est\u00e1 expresada no seu valor subxectivo, intercambiar de tal xeito que os bens recibidos pos\u00faan un maior valor subxectivo que os bens dos que se desprende. Un intercambio \u00e9 economicamente posible s\u00f3 entre persoas que conceden un valor diferente, incluso un valor oposto, sobre o ben e sobre o prezo equivalente\u201d.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Para algu\u00e9n que busca unha vantaxe, o intercambio s\u00f3 \u00e9 economicamente posible cando estima m\u00e1is o ben que adquire que o que cede. Isto prod\u00facese con maior facilidade canto menos valor lle conceda un ao ben que pos\u00fae e m\u00e1is valor lle conceda ao ben que desexa. Un home que valora o seu cabalo subxectivamente en 50 libras e valora un bocoi de vi\u00f1o en 10 libras \u00e9 m\u00e1is capaz de intercambio que outro que valora o seu cabalo en 100 libras e o bocoi de vi\u00f1o en 5. O primeiro pode proceder ao intercambio si se lle ofrecen seis bocois polo seu cabalo, mentres que o segundo non proceder\u00e1 ao intercambio a menos que se lle ofrezan m\u00e1is de vinte. Si unha terceira parte valora o seu cabalo en 40 libras e un bocoi de vi\u00f1o en 15, ser\u00eda capaz de conclu\u00edr un intercambio si se lle ofrecen tres bocois. De xeito xeral, p\u00f3dese dicir que ser\u00e1 m\u00e1is capaz de intercambio aquel que conceda menos valor ao seu ben en comparaci\u00f3n co que se lle ofrece.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 B\u00f6hm-Bawerk il\u00fastrao cun novo exemplo hipot\u00e9tico, o dun campesi\u00f1o, ao que chama A, que require un cabalo. As s\u00faas circunstancias individuais son tales que lle asigna un valor \u00e1 posesi\u00f3n do cabalo igual a 30 libras. Un veci\u00f1o, a quen chama B, ten un cabalo \u00e1 venda. Si as circunstancias de B son tales que considera a posesi\u00f3n do cabalo tanto ou m\u00e1is valiosa que 30 libras, non pode haber intercambio entre eles. Supo\u00f1amos, en cambio, que B valora o seu cabalo considerablemente por debaixo de 30 libras, digamos que en 10. \u00bfQue ocorrer\u00e1? Primeiro, o intercambio ocorrer\u00e1 con certeza, xa que ambas partes sair\u00e1n beneficiadas por el. A pregunta \u00e9, \u00bfa que prezo se producir\u00e1 o intercambio? Ten que ser inferior a 30, ou A non sair\u00eda ga\u00f1ando. E ten que ser superior a 10, ou B non sair\u00eda ga\u00f1ando. Pero o punto exacto entre 30 e 10 no que se fixar\u00e1 o prezo non se pode determinar de antem\u00e1n con certeza. Calquera prezo entre eses dous extremos \u00e9 economicamente posible. Nun intercambio illado (un intercambio entre un \u00fanico comprador e un \u00fanico vendedor) o prezo determ\u00ednase nalg\u00fan punto entre a valoraci\u00f3n subxectiva do comprador como o l\u00edmite superior e a valoraci\u00f3n subxectiva do vendedor como o l\u00edmite inferior.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 O seguinte paso \u00e9 analizar unha competici\u00f3n unilateral de compradores. Seguindo o exemplo anterior, B\u00f6hm-Bawerk imax\u00ednase que A1 at\u00f3pase cun competidor, ao que chama A2, que tam\u00e9n se quere facer co cabalo. As circunstancias de A2 son tales que valora a posesi\u00f3n do cabalo en 20 libras. \u00bfQue ocorrer\u00e1? Os dous compradores potenciais intentar\u00e1n convencer a B de que lles venda o cabalo e o medio de persuasi\u00f3n ser\u00e1 subindo o prezo. A proposici\u00f3n de ofertas m\u00e1is altas continuar\u00e1 ata que alcancen a valoraci\u00f3n do competidor menos capaz que, neste caso, \u00e9 A2, quen non pode ir m\u00e1is al\u00f3 de 20 libras sen perder no intercambio. Neste punto A2 abandona o intento de compra e d\u00e9ixalle o campo libre ao seu competidor. Isto non quere dicir que A1 vaia a pagar 20 libras. O \u00fanico que sabemos con certeza \u00e9 que o prezo non superar\u00e1 as 30 libras e non estar\u00e1 por debaixo de 20.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Asumamos agora que aparecen outros tres compradores: A3, A4 e A5, e que as s\u00faas circunstancias son tales que valoran a posesi\u00f3n do cabalo en 22, 25 e 28 libras respectivamente. Segundo B\u00f6hm-Bawerk, resulta f\u00e1cil observar que, na competici\u00f3n subseguinte, A3 ter\u00e1 que parar nunha oferta de 22 libras, A4 nunha de 25 libras e A5 nunha de 28 libras. O competidor m\u00e1is capaz segue sendo A1 e o prezo, neste caso, quedar\u00e1 fixado entre 30 libras como o l\u00edmite superior e 28 libras como o l\u00edmite inferior.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Unha vez exposto o exemplo, B\u00f6hm-Bawerk expresa o principio xeral que se pode deducir del: nunha competici\u00f3n exclusivamente de compradores (un intercambio no que hai un \u00fanico vendedor e varios compradores) aquel que conceda maior valor \u00e1 mercanc\u00eda ser\u00e1 o que efect\u00fae a compra e o prezo atoparase entre a valoraci\u00f3n do comprador con \u00e9xito como l\u00edmite superior e a valoraci\u00f3n do m\u00e1is capaz dos compradores sen \u00e9xito como l\u00edmite inferior, entend\u00e9ndose sempre que o prezo non pode ser m\u00e1is baixo que o l\u00edmite inferior marcado pola valoraci\u00f3n do vendedor. A competici\u00f3n entre compradores ten o efecto de estreitar cara arriba a esfera dentro da que se determina o prezo. Con A e B, os l\u00edmites dentro dos que se determinaba o prezo eran 10 e 30 libras; debido \u00e1 competencia engadida pola aparici\u00f3n de novos compradores, o l\u00edmite inferior moveuse cara arriba ata 28 libras.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Nunha competici\u00f3n unilateral entre vendedores suceder\u00e1 o oposto que no exemplo anterior. O competidor m\u00e1is capaz, aquel que conceda o menor valor \u00e1 mercanc\u00eda da que se quere desprender, ser\u00e1 o que consiga vender e o prezo estar\u00e1 nalg\u00fan punto entre a valoraci\u00f3n do vendedor con \u00e9xito como l\u00edmite inferior e a valoraci\u00f3n do m\u00e1is capaz dos vendedores sen \u00e9xito como l\u00edmite superior. A competencia entre vendedores ten como efecto o estreitamento cara abaixo da esfera dentro da que se determina o prezo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Finalmente, B\u00f6hm-Bawerk analiza o caso m\u00e1is com\u00fan da vida econ\u00f3mica: unha competencia bilateral entre compradores e vendedores. B\u00f6hm-Bawerk representa esta situaci\u00f3n t\u00edpica cun esquema no que mostra a 10 compradores e oito vendedores, cada un deles desexando comprar ou vender un cabalo, e o grado da valoraci\u00f3n subxectiva concedida ao cabalo por cada un dos actores.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A1 valora un cabalo a (e comprar\u00e1 a calquera prezo por debaixo de)-30<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A2-28<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A3-26<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A4-24<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A5-22<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A6-21<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A7-20<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A8-18<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A9-17<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">A10-15<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B1 valora un cabalo a (e vender\u00e1 a calquera prezo por encima de)-10<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B2-11<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B3-15<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B4-17<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B5-20<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B6-21,10<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B7-25<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">B8-26<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 A calquera prezo por debaixo de 15 libras todos os compradores poden competir. Por encima dese punto os compradores menos capaces iranse retirando da competici\u00f3n un \u00e1 un. A 15 libras irase A10, a 17 libras irase A9, a 18 libras irase A8, a 20 irase A7. \u00c1 vez que as puxas aumentan, o n\u00famero de vendedores capaces de vender increm\u00e9ntase. B3 estar\u00e1 disposto a vender por encima de 15 libras, B4 por encima de 17 libras e B5 por encima de 20 libras. As\u00ed, red\u00facese gradualmente a desproporci\u00f3n entre os cabalos demandados e os cabalos ofrecidos en venda; mentres que, a 13 libras hai unha demanda efectiva de dez cabalos pero s\u00f3 dous poden ser vendidos, a calquera prezo por encima de 20 libras s\u00f3 se demandan seis e ofr\u00e9cense cinco.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 Mentres os compradores en competencia sexan maior\u00eda non pode haber un arranxo final. A situaci\u00f3n res\u00f3lvese a partir de 21 libras. A ese prezo A6 deixa de puxar e hai unha demanda de cinco cabalos e unha oferta de cinco cabalos. A puxa entre compradores finaliza e o acordo poder\u00eda pecharse a 21 libras. Pero os vendedores a\u00ednda poder\u00edan querer un prezo maior. Nese caso, os compradores ter\u00edan que seguir puxando m\u00e1is alto, pero estanse achegando ao l\u00edmite. Si os vendedores piden un prezo superior a 22 libras, A5 debe abandonar a puxa e ent\u00f3n haber\u00eda cinco vendedores e catro compradores. Un dos vendedores deber\u00eda renunciar \u00e1 venda, pero como a s\u00faa valoraci\u00f3n subxectiva a\u00ednda o permite e ning\u00fan querer\u00e1 abandonar, os cinco vendedores puxar\u00e1n \u00e1 baixa entre eles ata que a oferta volva igualar \u00e1 demanda por baixo de 22 libras. De feito, o prezo debe ir a\u00ednda m\u00e1is baixo, pois no caso dun prezo maior de 21,10 libras, B6 estar\u00eda disposto a vender e a oferta volver\u00eda superar \u00e1 demanda. A un prezo por baixo de 21,10 libras o n\u00famero de competidores en cada lado igualarase e atopouse o prezo ao cal pode cesar a competici\u00f3n. As\u00ed, os l\u00edmites entre os que se pode determinar o prezo estreit\u00e1ronse entre 21 libras e 21,10 libras.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">\u00a0 O que decide o \u00e9xito nunha competici\u00f3n entre compradores e vendedores \u00e9, do mesmo xeito que no caso dunha competici\u00f3n unilateral, o grado de \u201ccapacidade\u201d para o intercambio. O prezo determ\u00ednase dentro dunha latitude cuxo l\u00edmite superior est\u00e1 constitu\u00eddo pola valoraci\u00f3n do \u00faltimo comprador con \u00e9xito e a do vendedor m\u00e1is capaz exclu\u00eddo, e o l\u00edmite inferior pola valoraci\u00f3n do \u00faltimo vendedor con \u00e9xito e a valoraci\u00f3n do comprador m\u00e1is capaz exclu\u00eddo. O prezo de mercado est\u00e1 limitado e determinado polas valoraci\u00f3ns subxectivas destes dous Pares Marxinais.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000000;\">O prezo, de comezo a fin, \u00e9 o produto de valoraci\u00f3ns subxectivas [\u2026] \u00c9 a relaci\u00f3n da valoraci\u00f3n subxectiva do ben e o equivalente de prezo o que decide que persoas poden considerar adecuado competir, ben sexa como compradores ou como vendedores; \u00e9 dicir, decide que partes son \u201ccapaces de intercambio\u201d. \u00c9 a mesma relaci\u00f3n a que decide o grado de capacidade de intercambio de cada competidor.<a style=\"color: #000000;\" href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 1.92%;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 1.92%;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 1.92%;margin-left : 1.92%;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 1.92%;margin-left : 1.92%;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-has-icon fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#e2e2e2;border-top-width:3px;border-bottom-width:3px;\"><\/div><span class=\"icon-wrapper\" style=\"border-color:#e2e2e2;background-color:#428fc9;font-size:16px;width: 1.75em; height: 1.75em;border-width:3px;padding:3px;\"><i class=\" fa fa-graduation-cap\" style=\"font-size: inherit;color:#e2e2e2;\" aria-hidden=\"true\"><\/i><\/span><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#e2e2e2;border-top-width:3px;border-bottom-width:3px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> \u201cIn my opinion B\u00f6hm-Bawerk is the most important Austrian economist after Ludwig von Mises. I say this on the basis of the fact that his writings provide by far the best and most comprehensive development of the law of diminishing marginal utility and its application to price theory that is to be found anywhere\u201d. George Reisman, \u201cEugen von B\u00f6hm-Bawerk\u2019s \u2018Value, Cost, and Marginal utility\u2019: Notes on the Translation\u201d, <em>The Quarterly Journal of Austrian Economics<\/em>, 5, 3 (oto\u00f1o 2002): 26.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> \u201cWhen the supply of goods is not sufficient, and some of the wants which they are adapted to satisfy must remain unsatisfied, it is clear that the loss of even a single good involves the loss of a posible satisfaction, while the addition of a single good involves the acquisition of a satisfaction otherwise impossible; and it is clear, consequently, that some gratification or form of wellbeing depends on the existence of that good. Conversely, it is quite as clear that, if goods of any class are to be had in superfluity, there is no harm done if one of the goods be lost\u2014since it can be immediately replaced from the superfluous stock; nor any utility got if another such good be added\u2014since it cannot be employed in any useful way\u201d. Eugen von B\u00f6hm-Bawerk, <em>The Positive Theory of Capital<\/em> (Nueva York: G. E. Stechert &amp; Co., 1930) p. 136.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> \u201cThe value of a good is measured by the importance of that concrete want, or partial want, which is least urgent among the wants that are met from the available stock of similar goods. What determines the value of a good, then, is not its greatest utility, not its average utility, but the least utility which it [\u2026] might be reasonably employed in providing under the concrete economical conditions\u201d. B\u00f6hm-Bawerk, <em>The Positive Theory of Capital<\/em>, p. 148.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a> We always follow one and the same course; we allocate our stock of goods among the concrete uses which are of most importance on our scale, and the last of these determines for us the marginal utility and the value of the good. B\u00f6hm-Bawerk, <em>The Positive Theory of Capital<\/em>, p. 165.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a> \u201c[\u2026] to exchange in such a way that the exchanger gains more in well being from the goods he gets than he loses in the goods he gives; or, since the importance that goods have for life and well being is expressed in their subjective value, to exchange in such a way that the goods received possess a greater subjective value than the goods parted with. An exchange is economically posible only between persons who put a different value, even an opposite value, upon the commodity and upon the price equivalent\u201d. B\u00f6hm-Bawerk, <em>The Positive Theory of Capital<\/em>, p. 195.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a> \u201cPrice, from beginning to end, is the product of subjective valuations [\u2026] It is the relation of the subjective valuation of commodity and price equivalent which decides the persons who may consider it worth their while to compete, either as buyers or sellers; that is to say, decides which parties are &#8220;capable of exchange\u201d. It is the same relation which decides on the degree of each competitor&#8217;s capability of exchange\u201d. B\u00f6hm-Bawerk, <em>The Positive Theory of Capital<\/em>, p. 210.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 1.92%;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 1.92%;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 1.92%;margin-left : 1.92%;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 1.92%;margin-left : 1.92%;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[214],"tags":[],"class_list":["post-15493","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-o-salon-da-fama"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15493","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15493"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15493\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17221,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15493\/revisions\/17221"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15493"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15493"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15493"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}