{"id":15458,"date":"2017-10-16T21:01:51","date_gmt":"2017-10-16T19:01:51","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=15458\/"},"modified":"2017-10-16T21:43:34","modified_gmt":"2017-10-16T19:43:34","slug":"as-limitacions-do-concepto-do-pib-oscar-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/as-limitacions-do-concepto-do-pib-oscar-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"AS LIMITACI\u00d3NS DO CONCEPTO DO PIB &#8211; \u00d3scar Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">AS LIMITACI\u00d3NS DO CONCEPTO DO PIB<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211;\u00a0\u00a0\u00d3scar Rodr\u00edguez Carreiro &#8211;\u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Nun proceso de produci\u00f3n concreto, cunha tecnolox\u00eda dada, podemos determinar a cantidade de factores de produci\u00f3n necesarios para a fabricaci\u00f3n dunha unidade de produto. \u00c9 o que se co\u00f1ece como a funci\u00f3n de produci\u00f3n, que establece a relaci\u00f3n entre as cantidades de factores de produci\u00f3n e o resultado final. Nas an\u00e1lises macroecon\u00f3micas, a econom\u00eda dun pa\u00eds conc\u00edbese como un \u00fanico proceso de produci\u00f3n. Un dos obxectivos da macroeconom\u00eda \u00e9 medir a suma total da produci\u00f3n dun pa\u00eds. Para iso, a econom\u00eda def\u00ednese como unha funci\u00f3n de produci\u00f3n na que existe unha relaci\u00f3n entre os factores de produci\u00f3n (capital e traballo) e o produto total da econom\u00eda. A produci\u00f3n total dun pa\u00eds m\u00eddese a trav\u00e9s do Produto Interno Bruto (PIB), que representa o valor da produci\u00f3n final de bens e servizos nun per\u00edodo. Existen tres formas de medir o PIB: 1) polo lado do gasto, que se refire ao gasto en bens e servizos dos diferentes axentes econ\u00f3micos: empresas, fogares, goberno e estranxeiros; 2) directamente como o produto total, \u00e9 dicir, o valor da produci\u00f3n final da econom\u00eda; 3) para rematar, polo lado dos ingresos. Sexa cal for o medio utilizado, alc\u00e1nzase a medici\u00f3n do PIB nominal. Ch\u00e1maselle as\u00ed porque valora a produci\u00f3n ao prezo actual dos bens e servizos. \u00c9 dicir, o PIB nominal consiste na suma das cantidades producidas multiplicada polos prezos actuais. Si os prezos de mercado permanecesen constantes ao longo do tempo, o PIB nominal permitir\u00eda realizar comparaci\u00f3ns do PIB ao longo do tempo e entre distintos pa\u00edses. O problema \u00e9 que os prezos cambian, polo que o PIB nominal pode aumentar non porque haxa m\u00e1is bens e servizos sen\u00f3n porque estes son m\u00e1is caros. Para remediar isto, util\u00edzanse os prezos dun ano base para intentar illar o efecto cantidade do efecto prezo, para o que se utilizan distintos \u00edndices de prezos.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Desde a perspectiva da escola austr\u00edaca de econom\u00eda p\u00f3dense realizar varias cr\u00edticas relacionadas co uso de estat\u00edsticas macroecon\u00f3micas como o PIB. A primeira destas cr\u00edticas ten que ver coa crenza de que o PIB est\u00e1 medindo a capacidade produtiva da econom\u00eda, e co m\u00e9todo de agregaci\u00f3n dos prezos dos bens e servizos finais para alcanzar unha \u00fanica cifra, considerando o di\u00f1eiro como a unidade de medida do valor dos bens. Esta crenza e este m\u00e9todo ve\u00f1en derivados da imitaci\u00f3n das ciencias naturais por parte da maior\u00eda dos economistas, como se pode observar, por exemplo, no lema da Sociedade Econom\u00e9trica: \u201ca Ciencia \u00e9 medici\u00f3n\u201d. O problema coa aplicaci\u00f3n desta idea \u00e1 econom\u00eda, \u00e9 que o propio concepto de medici\u00f3n sup\u00f3n a necesidade dunha unidade extensiva obxectiva que sirva como medida, pero as magnitudes da conciencia son necesariamente intensivas e, xa que logo, non poden ser medidas.<a href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a> Como explica Mises<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Un proceso de medici\u00f3n consiste no establecemento da relaci\u00f3n num\u00e9rica dun obxecto en relaci\u00f3n con outro obxecto, isto \u00e9, a unidade de medida [\u2026] A asunci\u00f3n subxacente \u00e1 medici\u00f3n \u00e9 a inmutabilidade da unidade.<a href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Dado que a actividade econ\u00f3mica depende da valoraci\u00f3n subxectiva que realizan os individuos e dado que dita valoraci\u00f3n establece escalas de valor que te\u00f1en exclusivamente un car\u00e1cter ordinal, non se pode establecer constante algunha no proceso de valoraci\u00f3n. Como di Antony P. Mueller<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Cada ben e servizo ten un valor diferente para cada usuario, e non hai dispo\u00f1ible un est\u00e1ndar com\u00fan de valor [\u2026] As valoraci\u00f3ns non son unicamente heterox\u00e9neas entre persoas, sen\u00f3n que tam\u00e9n difiren para a mesma persoa dacordo coas circunstancias espec\u00edficas.<a href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O valor econ\u00f3mico \u00e9 puramente subxectivo. Non existe unha \u201cunidade de valor\u201d que corresponda a unha medida obxectiva.<a href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a> O di\u00f1eiro, e os prezos monetarios que se establecen co uso de di\u00f1eiro, non est\u00e1n medindo o valor dos bens e servizos; como di Mises, \u201cos prezos non est\u00e1n medidos en di\u00f1eiro, consisten en di\u00f1eiro\u201d.<a href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a> \u00c9 o feito de que o di\u00f1eiro p\u00f3idase intercambiar por calquera mercanc\u00eda, \u00e9 dicir, o feito de que sexa o medio xeneral de intercambio, o que permite establecer ratios de intercambio de todas as mercanc\u00edas en unidades monetarias.<a href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a> O di\u00f1eiro apareceu historicamente, de xeito espont\u00e1neo e descentralizado, como un medio para facilitar as transacci\u00f3ns econ\u00f3micas. Imaxinemos unha sociedade na que non existe o di\u00f1eiro e os intercambios real\u00edzanse por medio de troques. Si unha persoa desta sociedade, que pos\u00fae unha mercanc\u00eda concreta, digamos patacas, quere intercambiala por unha mercanc\u00eda concreta, digamos zapatos, ten que atopar a unha persoa que pos\u00faa zapatos e que queira intercambialos por patacas. \u00c9 dicir, tense que producir unha dobre coincidencia de intereses. En cambio, si est\u00e1 disposto a intercambiar as patacas por outra mercanc\u00eda que non desexe directamente, pero que te\u00f1a unha demanda xeral e que sexa facilmente vendible, a posesi\u00f3n de devandita mercanc\u00eda facilitaralle a procura de persoas que te\u00f1an o produto que desexa directamente, sen ter que atopar a unha que, especificamente, queira patacas. As\u00ed foi como apareceu o di\u00f1eiro, como unha mercanc\u00eda valorada amplamente e que se converteu no medio xeneral aceptado de intercambio. Entre as primeiras mercanc\u00edas que se utilizaron como di\u00f1eiro podemos mencionar o gando, o sal ou os metais preciosos.<a href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A existencia do di\u00f1eiro permite establecer ratios de intercambio de t\u00f3dalas mercanc\u00edas en relaci\u00f3n con este medio xeneral de intercambio. Con todo<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Os ratios de intercambio cos que temos que tratar est\u00e1n flutuando permanentemente. Non hai nada constante e invariable neles. Desaf\u00edan calquera intento de medici\u00f3n. Non son feitos no sentido en que un f\u00edsico chama feito ao establecemento do peso dunha cantidade de cobre. Son acontecementos hist\u00f3ricos, que expresan o que unha vez ocorreu nun instante concreto e baixo circunstancias concretas.<a href=\"#_edn8\" name=\"_ednref8\">[viii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por iso, o di\u00f1eiro non \u00e9 unha medida do valor dos bens. Si un paga una certa cantidade de di\u00f1eiro por un coche, non est\u00e1 medindo o valor do coche, o que est\u00e1 demostrando \u00e9 que prefire o coche a esa cantidade de di\u00f1eiro. A persoa que vende o coche realiza a valoraci\u00f3n oposta. Sen esta diferenza en preferencias non ter\u00eda lugar o intercambio. Si o di\u00f1eiro medise o valor, tanto a persoa que compra o coche como a que o vende chegar\u00edan \u00e1 mesma \u201cmedida\u201d do valor do coche e resultar\u00eda imposible explicar por que ten lugar o intercambio.<a href=\"#_edn9\" name=\"_ednref9\">[ix]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A procura dun poder adquisitivo constante do di\u00f1eiro, por medio da utilizaci\u00f3n dos \u00edndices de prezos cos que se constr\u00fae o PIB real, \u00e9 completamente anticient\u00edfica. O que os economistas queren \u00e9 unha situaci\u00f3n na que un d\u00f3lar agora permita comprar a mesma \u201ccesta de bens\u201d dentro de seis meses ou un ano. Pero, a\u00ednda que nun momento determinado se poida comparar un prezo con outro, \u00bfque ocorre cando se pretende comparar os prezos dos bens agora cos prezos dos bens dentro de seis meses ou un ano? O m\u00e1is probable \u00e9 que os bens dispo\u00f1ibles ent\u00f3n non sexan exactamente os mesmos que agora. Ademais, debido aos cambios na oferta e a demanda para alg\u00fans destes bens, os prezos relativos dos bens de ambas listas poden diferir. Os economistas queren que a \u201cvara de medir\u201d do di\u00f1eiro permaneza constante ao longo do tempo, pero iso \u00e9 imposible, porque a \u201ccesta de bens\u201d e os prezos relativos da cesta cambian constantemente.<a href=\"#_edn10\" name=\"_ednref10\">[x]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As\u00ed pois, os prezos non se poden utilizar como vara de medida do valor dos bens e servizos finais, e resulta incorrecto, por iso, agregar os prezos como medio para constru\u00edr a cifra \u00fanica do PIB.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un problema derivado desta metodolox\u00eda consiste en que dita estat\u00edstica d\u00e1 a impresi\u00f3n de que o que produce bens e servizos non son as actividades dos individuos, sen\u00f3n algo exterior a estas actividades chamado \u201ca econom\u00eda\u201d. En realidade, como di Frank Shostak, esta \u201ceconom\u00eda\u201d nunca ten unha vida propia independente dos individuos: \u201ca as\u00ed chamada econom\u00eda \u00e9 unha met\u00e1fora &#8211; non existe\u201d.<a href=\"#_edn11\" name=\"_ednref11\">[xi]<\/a> Pero ao agregar os prezos dos bens e servizos finais, as axencias estat\u00edsticas dos gobernos concretan a ficci\u00f3n da econom\u00eda por medio da estat\u00edstica do PIB, o que lles permite falar desta entidade coma se fose un obxecto real sobre o que os gobernos poden intervir con \u00e9xito. Como explica Mises<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">O enfoque macroecon\u00f3mico f\u00edxase nun segmento arbitrariamente seleccionado da econom\u00eda de mercado (como norma: nunha naci\u00f3n) coma se fose unha unidade integrada. Todo o que ocorre neste segmento son acci\u00f3ns de individuos e de grupos de individuos que act\u00faan de xeito concertado. Pero a macroeconom\u00eda procede coma se todas estas acci\u00f3ns individuais fosen de feito o resultado da operaci\u00f3n mutua dunha magnitude macroecon\u00f3mica sobre outra tal magnitude.<a href=\"#_edn12\" name=\"_ednref12\">[xii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Outro problema do PIB \u00e9 que non serve para medir a produci\u00f3n. De feito, o que conta para a elaboraci\u00f3n do PIB son os gastos levados a cabo, independentemente da contribuci\u00f3n econ\u00f3mica que estes realicen. O que isto sup\u00f3n pod\u00e9molo observar no exemplo que prop\u00f3n Christopher P. Casey: a construci\u00f3n dun gran barco realizada cun elevado gasto contribuir\u00e1 en igual medida ao PIB, independentemente de que o barco faga cruceiros sen pasaxeiros, pesque sen obter capturas ou comercie sen transportar carga. De feito, contribuir\u00eda ao PIB a\u00ednda que permanecese varado na praia.<a href=\"#_edn13\" name=\"_ednref13\">[xiii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Ademais, como di Frank Shostak<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Esta estat\u00edstica est\u00e1 constru\u00edda de acordo coa visi\u00f3n de que o que move unha econom\u00eda non \u00e9 a produci\u00f3n de riqueza sen\u00f3n o seu consumo. O que importa aqu\u00ed \u00e9 a demanda de bens e servizos finais [\u2026] Debido a que a oferta de bens d\u00e1se por suposta, este marco conceptual ignora completamente o asunto das varias etapas de produci\u00f3n que preceden \u00e1 aparici\u00f3n do ben final.<a href=\"#_edn14\" name=\"_ednref14\">[xiv]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 No mundo real non \u00e9 suficiente con que exista demanda de bens, sen\u00f3n que deben existir os medios necesarios para satisfacer as demandas da xente. Os medios, varios bens intermedios que se requiren para a produci\u00f3n dos bens finais, non se atopan inmediatamente dispo\u00f1ibles, deben ser producidos. As\u00ed, para fabricar un coche, fai falta carb\u00f3n que ser\u00e1 utilizado na produci\u00f3n de aceiro, que, \u00e1 s\u00faa vez, ser\u00e1 empregado na fabricaci\u00f3n dun conxunto de ferramentas. Estas ser\u00e1n utilizadas para fabricar maquinaria e outras ferramentas e as\u00ed ata que se alcance a fase final da produci\u00f3n dun coche. A interacci\u00f3n harmoniosa das distintas etapas de produci\u00f3n ten como resultado o produto final. Con todo, no c\u00e1lculo do PIB elim\u00ednanse os bens intermedios para evitar a dobre contabilidade. Este procedemento sup\u00f3n a exclusi\u00f3n dun volume masivo de actividade econ\u00f3mica e a sobreestimaci\u00f3n do compo\u00f1ente do consumo en relaci\u00f3n co investimento. En 2014, o Departamento de Comercio dos Estados Unidos empezou a publicar a medida do Output Bruto, estat\u00edstica que resulta m\u00e1is apropiada para estimar a produci\u00f3n total. Esta medida incorpora as transacci\u00f3ns intermedias e mostra que a frecuentemente citada estat\u00edstica, derivada do PIB, de que o sector do consumo d\u00e1 conta do 70% do total da actividade econ\u00f3mica, red\u00facese, en realidade, a algo m\u00e1is do 30%<a href=\"#_edn15\" name=\"_ednref15\">[xv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0Outro problema importante do PIB \u00e9 que incl\u00fae os gastos gobernamentais. Pero o gasto, como recorda Rothbard, s\u00f3 serve para valorar a produci\u00f3n cando nos referimos \u00e1 econom\u00eda privada, xa que devandito gasto ten lugar de xeito voluntario debido a que se valoran os servizos prestados.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Co goberno, a situaci\u00f3n \u00e9 completamente diferente [\u2026] o seu gasto non ten relaci\u00f3n necesaria cos servizos que puidese prover ao sector privado. De feito, non hai xeito de valorar estes servizos.<\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A ausencia da acci\u00f3n voluntaria elimina a funci\u00f3n dos prezos e, sen verdadeiros prezos de mercado, \u00e9 imposible establecer os beneficios. Como di Joseph T. Salerno<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">En ausencia de produci\u00f3n e intercambio voluntarios, non hai forma de establecer o valor dos bens e servizos.<a href=\"#_edn16\" name=\"_ednref16\">[xvi]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Para que a estat\u00edstica do PIB f\u00f3ra algo m\u00e1is precisa, deber\u00edase eliminar dela todo gasto gobernamental.<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">O gasto gobernamental non se deber\u00eda sumar \u00e1 produci\u00f3n privada sen\u00f3n que se deber\u00eda restar dela para obter unha idea do est\u00e1ndar de vida das persoas privadas involucradas na actividade econ\u00f3mica produtiva.<a href=\"#_edn17\" name=\"_ednref17\">[xvii]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un exemplo do absurdo ao que pode levar o marco conceptual do PIB, ao agregar o gasto gobernamental \u00e1 produci\u00f3n, \u00e9 a idea xeralmente aceptada de que a econom\u00eda americana creceu durante o transcurso da Segunda Guerra Mundial, crecemento truncado unha vez finalizou a guerra. Semellante idea sup\u00f3n a afirmaci\u00f3n de que o gasto do goberno na construci\u00f3n de armamento, na destruci\u00f3n de cidades e na matanza de xente, resultou beneficioso para o conxunto dos americanos, mentres que reducir o gasto militar e deixar que os cidad\u00e1ns levasen vidas pac\u00edficas nas que realizasen traballos que contribu\u00edan \u00e1 produci\u00f3n para a satisfacci\u00f3n das necesidades da xente, ao parecer foi prexudicial para o conxunto dos americanos.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> Murray N. Rothbard, \u201cToward a Reconstruction of Utility and Welfare Economics\u201d, pp. 224-262 en Mary Sennholz, ed., <em>On Freedom and Free Enterprise<\/em> (Toronto: D. Van Nostrand, 1956), p. 241.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> Ludwig von Mises, <em>Human Action. The Scholar\u2019s Edition <\/em>(Auburn: Mises Institute, 1998), p. 210.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> Antony P. Mueller, \u201cWhat\u2019s Wrong With Economic Growth?\u201d (10-08-2005 [recuperado el 10-06-2015]) disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/library\/whats-wrong-economic-growth\">https:\/\/mises.org\/library\/whats-wrong-economic-growth<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a> David Gordon, \u201cSteve Forbes Misunderstands Money\u201d (27-08-2014 [recuperado el 10-06-2015]), disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/blog\/steve-forbes-misunderstands-money\">https:\/\/mises.org\/blog\/steve-forbes-misunderstands-money<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a> Mises, <em>Human Action<\/em>, p. 218.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a> Ludwig von Mises, <em>The Theory of Money and Credit<\/em> (New Haven: Yale University Press, 1953), p. 48.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref7\" name=\"_edn7\">[vii]<\/a> Ver Carl Menger, <em>On the Origins of Money<\/em> (Auburn: Mises Institute, 2009). Adem\u00e1is da amplia demanda, outras caracter\u00edsticas contribu\u00edan a que certas mercador\u00edas se convirtiran no medio xeral de intercambio, por exemplo, que foran f\u00e1cilmente divisibles, f\u00e1ciles de trasladar, duradeiras, etc.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref8\" name=\"_edn8\">[viii]<\/a> Mises, <em>Human Action<\/em>, p. 211.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref9\" name=\"_edn9\">[ix]<\/a> Ver David Gordon, \u201cBook Review. Money: How the Destruction of the Dollar Threatens the Global Economy- and What We Can Do About It\u201d, <em>Quarterly Journal of Austrian Economics<\/em>, 17, 4 (invierno, 2014): 532-533.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref10\" name=\"_edn10\">[x]<\/a> Ver David Gordon, \u201cOn Money: Measure for Measure\u201d (05-11-2014 [recuperado el 10-06-2015]), disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/blog\/money-measure-measure\">https:\/\/mises.org\/blog\/money-measure-measure<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref11\" name=\"_edn11\">[xi]<\/a> \u201cThe so-called economy is a metaphor- it doesn\u2019t exist\u201d. Frank Shostak, \u201cWhat is up with the GDP?\u201d (23-08-2001 [recuperado el 03-04-2015]), disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/library\/what-gdp\">https:\/\/mises.org\/library\/what-gdp<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref12\" name=\"_edn12\">[xii]<\/a> Ludwig von Mises, <em>The Ultimate Foundation of Economic Science<\/em>, <em>An Essay on Method<\/em> (Princeton: D. Van Nostrand Company, 1962), p. 83.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref13\" name=\"_edn13\">[xiii]<\/a> Christopher P. Casey, \u201cHow GDP Distorts Our View of the Economy\u201d (15-05-2015 [recuperado el 10-06-2015]), disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/library\/how-gdp-metrics-distort-our-view-economy\">https:\/\/mises.org\/library\/how-gdp-metrics-distort-our-view-economy<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref14\" name=\"_edn14\">[xiv]<\/a> Shostak, \u201cWhat Is Up With the GDP?\u201d<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref15\" name=\"_edn15\">[xv]<\/a> Casey, \u201cHow GDP Distorts Our View of the Economy\u201d.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref16\" name=\"_edn16\">[xvi]<\/a> Joseph T. Salerno, \u201cHow Reducing GDP Increases Economic Growth\u201d (02-01-2015 [recuperado el 10-06-2015]), disponible en <a href=\"https:\/\/mises.org\/library\/how-reducing-gdp-increases-economic-growth\">https:\/\/mises.org\/library\/how-reducing-gdp-increases-economic-growth<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a href=\"#_ednref17\" name=\"_edn17\">[xvii]<\/a> Salerno, \u201cHow Reducing GDP Increases Economic Growth\u201d.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-15458","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15458","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15458"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15458\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15461,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15458\/revisions\/15461"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15458"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15458"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15458"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}