{"id":15070,"date":"2017-08-02T20:14:15","date_gmt":"2017-08-02T18:14:15","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=15070\/"},"modified":"2017-08-02T20:14:15","modified_gmt":"2017-08-02T18:14:15","slug":"o-que-a-antiga-india-pode-ensinar-a-francia-de-macron-ignacio-almara","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/o-que-a-antiga-india-pode-ensinar-a-francia-de-macron-ignacio-almara\/","title":{"rendered":"O QUE A ANTIGA INDIA PODE ENSINAR \u00c1 FRANCIA DE MACRON. Ignacio Almar\u00e1"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">O QUE A ANTIGA INDIA PODE ENSINAR \u00c1 FRANCIA DE MACRON<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 -Ignacio Almar\u00e1\u00a0&#8211; \u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A sa\u00fade p\u00fablica \u00e9 a disciplina que se encarga do benestar das poboaci\u00f3ns. Polo xeral, ent\u00e9ndese que este servizo \u00e1 comunidade debe ser ofrecido polo Estado xa que o seu alcance m\u00e1is al\u00f3 do individuo faino competencia do \u00f3rgano que administra as comunidades. Esta filosof\u00eda que ampara de bo grado a intervenci\u00f3n gobernamental d\u00e1se, por exemplo, en aspectos como a rede sumidoiros ou a vacinaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Neste artigo centrar\u00e9monos neste \u00faltimo aspecto, a vacinaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 No s\u00e9culo XX as campa\u00f1as de vacinaci\u00f3n foron moi abundantes e, en gran parte, foron financiadas con fondos p\u00fablicos e promovidas polos gobernos. Nos \u00faltimos anos, as crises de sa\u00fade por enfermidades infecciosas como o \u00e9bola ou a gripe A dispararon de novo a preocupaci\u00f3n da xente por este problema. \u00c9 unha opini\u00f3n xeneralizada a de que \u00e9 o Estado o que debe encargarse da vacinaci\u00f3n, non s\u00f3 do establecemento dos calendarios vacinais (que din de que e cando hai que vacinarse) sen\u00f3n que as vacinas deben ser financiadas a trav\u00e9s de fondos p\u00fablicos obtidos a trav\u00e9s de impostos, e est\u00e1 comezando a ser com\u00fan a defensa da obrigatoriedade das vacinas.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Mostra disto \u00faltimo \u00e9 a iniciativa do goberno franc\u00e9s para o ano 2018, a cal prop\u00f3n facer obrigatoria a vacinaci\u00f3n de 11 enfermidades ante a preocupaci\u00f3n polos aumentos no n\u00famero de infectados.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O intervencionismo nesta disciplina non \u00e9 estra\u00f1o. Dende hai moito tempo os gobernos ve\u00f1en financiando a investigaci\u00f3n e as campa\u00f1as de vacinaci\u00f3n. Isto, sumado \u00e1 omnipresente intervenci\u00f3n dos pol\u00edticos en materia sanitaria, fai que a adopci\u00f3n de medidas por parte dos gobernos neste campo non s\u00f3 se entenda como o normal sen\u00f3n tam\u00e9n como o desexable. Para xustificar esta intervenci\u00f3n ad\u00f3itase defender que a vacinaci\u00f3n debe ser materia do ministerio porque transcende ao individuo, que debe ser gratu\u00edta e que se pode chegar a concibir como obrigatoria.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Resulta, de feito, inconcibible outra abordaxe do problema, xa que non se co\u00f1ecen, polo menos por parte do p\u00fablico xeral, alternativas \u00e1 sa\u00fade p\u00fablica controlada polo Estado.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, neste artigo intentaremos ofrecer outra perspectiva do problema.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><strong>\u00a0 A inmunizaci\u00f3n a trav\u00e9s da historia.<\/strong><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Clasicamente ent\u00e9ndese que a vacinaci\u00f3n comeza co Dr. Edward Jenner, quen se deu conta de que as muxidoiras de vacas non enfermaban co virus da var\u00edola humana. Ante isto disp\u00faxose a realizar un experimento sobre un neno no ano 1796. No experimento, raspou as costras de var\u00edola bovina da leiteira Sarah Nelmes e inoculou o contido purulento das mesmas nos brazos do neno de nove anos James Phipps. Tras isto, o neno sufriu un breve episodio de febre e inquietude e posteriormente recuperouse, quedando inmunizado ante a var\u00edola.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Este doutor, disc\u00edpulo de John Hunter,<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a> foi un dos primeiros en promover a vacinaci\u00f3n, e gran parte do tempo f\u00edxoo de forma privada, repetindo a mesma operaci\u00f3n que realizara sobre James Phipps nos veci\u00f1os da s\u00faa localidade. Pouco despois, a comunidade m\u00e9dica decatouse do grandioso descubrimento e Jenner comezou a ascender na xerarqu\u00eda das sociedades cient\u00edficas da Inglaterra do momento, recibindo, posteriormente, subvenci\u00f3ns p\u00fablicas co fin de continuar as s\u00faas investigaci\u00f3ns.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, antes de que Edward Jenner presentase o seu celeb\u00e9rrimo traballo, exist\u00edan outras formas de previr a enfermidade polo virus da var\u00edola.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A India foi desde tempos inmemoriais berce de descubrimentos e avances m\u00e9dicos. O co\u00f1ecemento m\u00e9dico tradicional, co\u00f1ecido como <em>ayurveda<\/em> polos indios, leva miles de anos evolucionando e, a\u00ednda que agora non goza do estatus e rigor cient\u00edfico que ten a medicina occidental, foron moitas as innovaci\u00f3ns que os m\u00e9dicos occidentais importaron da India. Entre elas cabe destacar a extracci\u00f3n de c\u00e1lculos renais, a extracci\u00f3n de corpos estra\u00f1os, as ces\u00e1reas ou a famosa rinoplastia india, intervenci\u00f3n de reconstruci\u00f3n nasal a trav\u00e9s dun colgallo vascularizado cuxa pr\u00e1ctica, a\u00ednda que est\u00e1 documentada en Italia no s\u00e9culo XVII, non se xeneralizou en Europa ata o s\u00e9culo XIX.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O co\u00f1ecemento m\u00e9dico indio, ademais, ti\u00f1a un car\u00e1cter preventivo, \u00e9 dicir, buscaba previr a enfermidade e manter a sa\u00fade, e por iso centr\u00e1base fortemente nos h\u00e1bitos diet\u00e9ticos. Con todo, na medicina terap\u00e9utica, a que entendemos como m\u00e1is com\u00fan en occidente, o <em>ayurveda<\/em> estruturaba o seu co\u00f1ecemento nunha forma exactamente igual \u00e1 actual medicina occidental. O <em>ayurveda<\/em> divid\u00edase en oito ramas, as cales, segundo o m\u00e9dico lendario Ch\u00e1raka, eran: principios xerais de medicina, patolox\u00eda, diagn\u00f3stico, fisiolox\u00eda e anatom\u00eda, progn\u00f3stico, terap\u00e9utica, farmacolox\u00eda e medios para asegurar o \u00e9xito no tratamento.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A\u00ednda que o <em>ayurveda<\/em>, non dispo\u00f1\u00eda de todos os co\u00f1ecementos necesarios, como anatom\u00eda de \u00f3rganos craneais ou de fisiolox\u00eda da ventilaci\u00f3n pulmonar, os m\u00e9dicos indios, tam\u00e9n chamados <em>vaidyas<\/em>, ti\u00f1an un gran co\u00f1ecemento do corpo humano. \u00c9 tal o nivel de co\u00f1ecemento ao que chegan que se te\u00f1en rexistros de que no ano 1000 d.C. empez\u00e1ronse a realizar variolizaci\u00f3ns. Estas son un arcaico sistema de inmunizaci\u00f3n baseado en entrar en contacto coas costras daqueles que estiveron previamente infectados. O que se fac\u00eda na India era triturar estas costras previamente extra\u00eddas dun infectado ou rascalas directamente para sacarlle o pus, e inocular o produto destas d\u00faas operaci\u00f3ns dentro dunha ferida realizada a un non infectado. O fin era inmunizar ao non infectado para que non tivese que padecer a enfermidade posteriormente.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As descrici\u00f3ns rexistradas indican que a xente dos pobos fac\u00eda colas para \u201ccomprar a enfermidade\u201d, a cal era ofrecida polos <em>vaidyas<\/em>. Unha vez realizada a intervenci\u00f3n, sufr\u00edase a infecci\u00f3n durante un pequeno per\u00edodo, e antes dunha semana est\u00e1base perfectamente.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Na China do s\u00e9culo XVI hai descritas situaci\u00f3ns similares, nas cales os individuos que pretend\u00edan inmunizarse trituraban as costras secas e as esnifaban a trav\u00e9s de distintos m\u00e9todos.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, o documento m\u00e1is fiable que temos sobre a variolizaci\u00f3n deb\u00e9mosllo \u00e1 muller do embaixador ingl\u00e9s en Constantinopla, Lady Mary Wortley Montagu.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Esta arist\u00f3crata inglesa do s\u00e9culo XVIII conta nunha carta a unha amiga como nun dos seus paseos por Constantinopla observou unha variolizaci\u00f3n. Lady Mary probou ela mesma o m\u00e9todo. Contactou cunha anci\u00e1 que lle trouxo un \u201cfrasco coa mellor var\u00edola\u201d e tras realizarlle un corte nunha vena introduciulle unha cantidade \u00ednfima do pus contido no frasco. Tras esta experiencia decidiu variolizar ao seu fillo coa supervisi\u00f3n do m\u00e9dico da embaixada. Cando volveu a Inglaterra estendeu o sistema e a variolizaci\u00f3n volveuse moi com\u00fan.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Edward Jenner ti\u00f1a 13 anos cando Lady Mary morreu. Para cando Edward Jenner descubriu a vacina, a cal xa fora albiscada por outros m\u00e9dicos, a variolizaci\u00f3n tra\u00edda por Lady Mary era unha pr\u00e1ctica moi estendida por Inglaterra. Os propios datos demostraban que era un m\u00e9todo efectivo. A taxa de mortalidade nunha epidemia de var\u00edola \u00e9 do 30%, coa variolizaci\u00f3n era do 2%. A vacina mellorou a\u00ednda m\u00e1is os resultados e reduciu a taxa de complicaci\u00f3ns.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Como vimos, no exemplo da India, o proceso de inmunizaci\u00f3n da comunidade non se produciu por un mandato coactivo por parte do goberno sen\u00f3n que se produciu a trav\u00e9s dun sistema espont\u00e1neo no que a xente, co fin de non infectarse e non infectar aos seus seres queridos e aos demais, acud\u00eda de forma voluntaria a facerse coa inmunizaci\u00f3n. \u00c9 l\u00f3xico pensar que ante unha situaci\u00f3n como a aparici\u00f3n dun brote de var\u00edola, a xente estea preocupada pola s\u00faa sa\u00fade e queira inmunizarse. No exemplo de Lady Mary Montagu vemos unha situaci\u00f3n exactamente igual, na cal acode a variolizar ao seu fillo de forma plenamente voluntaria. Cabo subli\u00f1ar que en ambos casos pag\u00e1base pola variolizaci\u00f3n como se fai por calquera outro servizo que se presta na sociedade, da mesma forma que se paga pola roupa, a comida ou por calquera outra necesidade por b\u00e1sica e urxente que sexa.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><strong>\u00a0 Conclusi\u00f3ns.<\/strong><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Malia que adoitamos pensar na sa\u00fade p\u00fablica e comunitaria como unha competencia do \u00f3rgano de goberno, vimos exemplos que demostran que existen incentivos suficientes para que se produza un proceso de inmunizaci\u00f3n comunitaria voluntaria e que este proceso \u00e9 posible grazas \u00e1 xente que oferta o servizo desexado. Ademais, p\u00f3dese administrar de forma totalmente privada, a trav\u00e9s do pago dun prezo establecido polo mercado, como ocorre coa comida, a roupa, a hixiene persoal ou calquera outra necesidade b\u00e1sica. Os exemplos empregados, a\u00ednda que afastados no tempo, dinnos que o individuo debe posu\u00edr sempre plenas liberdades sobre si mesmo e a s\u00faa propiedade, e que nin sequera a vacinaci\u00f3n pola forza ou o seu financiamento p\u00fablico est\u00e1n xustificadas. \u00c9 m\u00e1is, este proceso observado ser\u00eda, presumiblemente, moito m\u00e1is f\u00e1cil e barato a d\u00eda de hoxe, grazas aos sistemas de produci\u00f3n en masa e de conservaci\u00f3n de sustancias.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por iso, podemos conclu\u00edr que o papel do goberno neste aspecto \u00e9 innecesario ou no mellor dos casos redundante.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a><\/strong> \u201cFrancia establece la vacunaci\u00f3n obligatoria para 11 enfermedades\u201d, El Pa\u00eds (9 de Julio de 2017), dispo\u00f1ible en <a style=\"color: #999999;\" href=\"https:\/\/elpais.com\/elpais\/2017\/07\/06\/mamas_papas\/1499332165_960207.html\">https:\/\/elpais.com\/elpais\/2017\/07\/06\/mamas_papas\/1499332165_960207.html<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a><\/strong> Para un estudio en detalle da obra de Jenner e a vacina ver Stefan Riedel, \u201cEdward Jenner and the history of smallpox and vaccination\u201d, <em>Proceedings (Baylor University. Medical Center)<\/em> 18, 1 (Enero 2005): 21\u201325. Dispo\u00f1ible en <a style=\"color: #999999;\" href=\"https:\/\/www.ncbi.nlm.nih.gov\/pmc\/articles\/PMC1200696\/\">https:\/\/www.ncbi.nlm.nih.gov\/pmc\/articles\/PMC1200696\/<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a><\/strong> John Hunter (1728 \u2013 1793) foi un importante m\u00e9dico e cirurxi\u00e1n ingl\u00e9s. Esclareceu o funcionamento do sistema linf\u00e1tico, o desenvolvemento \u00f3seo e dental, o desenvolvemento do embri\u00f3n, estudiou as feridas de bala e foi un gran anatomista. \u00c9 unha das figuras m\u00e1is ilustres da historia da medici\u00f1a.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a><\/strong> A partir de a\u00ed, a historia da vacinaci\u00f3n est\u00e1 bastante ligada \u00e1 acci\u00f3n estatal. Tradicionalmente sin\u00e1lase a Xavier Balmis como un dos grandes promotores mundiais da vacinaci\u00f3n sistem\u00e1tica. Pouco despois do descubrimento de Jenner, partiu desde A Coru\u00f1a unha expedici\u00f3n financiada polo rei Carlos IV de Espa\u00f1a co fin de levar a vacina da var\u00edola por todas as colonias do reino. A expedici\u00f3n propo\u00f1\u00edase ir desde A Coru\u00f1a ata Filipinas pasando por Canarias e o Novo Mundo, co fin de protexer a todos os habitantes dos territorios espa\u00f1ois. Con todo, os m\u00e9todos empregados por Balmis contrastaban co suposto humanismo que lideraba a expedici\u00f3n. Para a Real Expedici\u00f3n Filantr\u00f3pica da Vacina se recrutaron a 22 nenos, dos cales morreron 2 antes de chegar ao Caribe, que serv\u00edan para un \u00fanico fin, transmitirse o virus da var\u00edola duns a outros para manter activo o pus e poder irllo inoculando duns a outros. Con todo, isto presentaba un problema lox\u00edstico, unha vez pasado o per\u00edodo de inmunizaci\u00f3n, os nenos deixaban de ser \u00fatiles para o fin da expedici\u00f3n, polo que deb\u00edan ser deixados nos pr\u00f3ximos portos. A\u00ednda que se sabe que en M\u00e9xico Balmis intentou garantir a s\u00faa educaci\u00f3n e residencia, pouco se sabe do futuro dos nenos que se foron quedando nos portos. Na viaxe ata Filipinas, s\u00e1bese do sufrimento que tiveron que pasar os nenos-vacina, os cales deb\u00edan convivir coas ratas e soportar as violentas sacudidas do barco e a s\u00faa carga. A\u00ednda que o fin da expedici\u00f3n pod\u00eda ser moralmente encomiable, os medios empregados foron bastante discutibles. Para un repaso detallado da viaxe de Balmis ver Luis Miguel Ariza, \u201cLa odisea del doctor Balmis\u201d (24 de Enero de 2010), dispo\u00f1ible en <a style=\"color: #999999;\" href=\"https:\/\/elpais.com\/diario\/2010\/01\/24\/eps\/1264318009_850215.html\">https:\/\/elpais.com\/diario\/2010\/01\/24\/eps\/1264318009_850215.html<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a><\/strong> Ver Charles Leslie, <em>Asian Medical Systems: a Comparative Study<\/em> (Berkeley: University of California Press, 1977). Para un breve repaso hist\u00f3rico sobre a vacinaci\u00f3n na India ver Chandrakant Lahariya, \u201cA brief history of vaccines &amp; vaccination in India\u201d, <em>Indian Journal of Medical Research<\/em>, 139, 4 (Abril 2014): 491\u2013511. Dispo\u00f1ible en <a style=\"color: #999999;\" href=\"https:\/\/www.ncbi.nlm.nih.gov\/pmc\/articles\/PMC4078488\/\">https:\/\/www.ncbi.nlm.nih.gov\/pmc\/articles\/PMC4078488\/<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a><\/strong> Para unha historia xeneral da vacina e a actualidade da mesma ver o documental <em>Amor, miedo y vacunas<\/em>, dispo\u00f1ible en <a style=\"color: #999999;\" href=\"http:\/\/www.rtve.es\/alacarta\/videos\/documentos-tv\/documentos-tv-amor-miedo-vacunas\/3640379\/\">http:\/\/www.rtve.es\/alacarta\/videos\/documentos-tv\/documentos-tv-amor-miedo-vacunas\/3640379\/<\/a><\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-15070","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15070","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15070"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15070\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15072,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15070\/revisions\/15072"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15070"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15070"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15070"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}