{"id":15024,"date":"2017-07-26T16:39:00","date_gmt":"2017-07-26T14:39:00","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=15024\/"},"modified":"2017-07-26T16:44:14","modified_gmt":"2017-07-26T14:44:14","slug":"liberdade-e-propiedade-na-historia-do-pensamento-politico-daniel-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/liberdade-e-propiedade-na-historia-do-pensamento-politico-daniel-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"LIBERDADE E PROPIEDADE NA HISTORIA DO PENSAMENTO POL\u00cdTICO &#8211; Daniel Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">LIBERDADE E PROPIEDADE NA HISTORIA DO PENSAMENTO POL\u00cdTICO<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 -Daniel Rodr\u00edguez Carreiro &#8211; \u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un dos principios te\u00f3ricos fundamentais do anarcocapitalismo \u00e9 a defensa da propiedade privada, comezando polo dereito que te\u00f1en todas as persoas \u00e1 propiedade do seu corpo. Para cumprir cos requerimentos da xustiza un sistema legal debe respectar e defender eses dereitos de propiedade. O postulado fundamental do anarcocapitalismo \u00e9 o Principio da Non-Agresi\u00f3n. Segundo este principio ningu\u00e9n ten dereito a iniciar o uso da violencia f\u00edsica contra as persoas ou as propiedades de terceiros. O anarcocapitalismo oponse, polo tanto, a toda forma de servidume involuntaria e considera como un elemento esencial para a defensa da liberdade o respecto aos dereitos de propiedade. Unha an\u00e1lise hist\u00f3rica do pensamento pol\u00edtico revela que estas ideas, caracter\u00edsticas do anarcocapitalismo, enm\u00e1rcanse dentro dunha tradici\u00f3n de pensamento antiga e venerable.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As\u00ed, resulta instrutivo comprobar que \u00e9 o que di o historiador Peter Garnsey na primeira frase do libro deste autor en torno \u00e1s ideas antigas sobre a escravitude:<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Un escravo era propiedade. Os dereitos do dono sobre o seu escravo-propiedade eran totais, cubrindo a persoa as\u00ed como o traballo do escravo.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Garnsey sost\u00e9n que a calidade de vida de moitos escravos nas sociedades antigas era significativamente mellor que a das masas de homes libres pobres, cuxo traballo era irregular, de baixo nivel e mal pago. Isto non \u00e9 \u00f3bice para reco\u00f1ecer que a escravitude \u00e9 a instituci\u00f3n m\u00e1is degradante e opresiva inventada polo home.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a> A degradaci\u00f3n da condici\u00f3n humana caracter\u00edstica da escravitude p\u00f3dese comprobar, por exemplo, na homologaci\u00f3n legal que exist\u00eda no pensamento xur\u00eddico romano entre os escravos e o gando dom\u00e9stico.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O desenvolvemento xur\u00eddico da idea de propiedade no pensamento legal romano foi considerable. Tal e como di o historiador Richard Pipes a principal contribuci\u00f3n de Roma \u00e1 idea de propiedade descansa no \u00e1mbito da lei:<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Os xuristas romanos foron os primeiros en formular o concepto de propiedade privada absoluta, ao que denominaban <em>dominium<\/em> e que aplicaron aos bens ra\u00edces e aos escravos.<\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, a consideraci\u00f3n dos escravos como propiedade acabar\u00eda por representar un problema e unha contradici\u00f3n non resolta na fundamentaci\u00f3n xeral da propiedade privada. Coa progresiva expansi\u00f3n do territorio de Roma polo Mediterr\u00e1neo os romanos acabaron por formular a idea do Dereito de xentes, buscando os principios com\u00fans que sustentaban os diversos sistemas legais cos que entraron en contacto. Baixo a influencia filos\u00f3fica dos estoicos, o Dereito de xentes fusionouse gradualmente co Dereito Natural. Este proceso completouse no s\u00e9culo III d.C., cando a cidadan\u00eda romana estendeuse a todos os s\u00fabditos do Imperio. Foi ent\u00f3n cando apareceu un postulado fundamental no pensamento occidental, \u00e9 dicir, a idea de que a xustiza non \u00e9 un concepto arbitrario sen\u00f3n que descansa sobre normas que te\u00f1en o seu fundamento na natureza e que, polo tanto, afectan a toda a humanidade. Os problemas \u00e9ticos d\u00e9bense resolver en relaci\u00f3n coa Lei Natural, que \u00e9 racional e est\u00e1 situada por encima das leis positivas das diversas comunidades. Un elemento esencial desta Lei Natural \u00e9 a igualdade ante a lei de todos os homes e o principio dos dereitos humanos, que incl\u00faen o dereito \u00e1 propiedade privada, os cales anteceden \u00e1 creaci\u00f3n do Estado e son independentes do mesmo. As\u00ed, a\u00ednda que inicialmente os fil\u00f3sofos e xuristas romanos trataron a propiedade privada como pertencente ao dereito de xentes, posteriormente coa fusi\u00f3n de ambos conceptos acabar\u00edan por considerala fundamentada sobre o dereito natural. A\u00ednda que non houbo unha defensa te\u00f3rica sistem\u00e1tica da propiedade privada ata moitos s\u00e9culos despois, segundo Pipes, aos romanos xa se lles ocorreu esta idea.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As\u00ed, \u00e9 moi significativo o tratamento da propiedade privada que fai Cicer\u00f3n no seu tratado sobre as virtudes c\u00edvicas. Segundo Cicer\u00f3n:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Quen est\u00e1 \u00e1 fronte da Rep\u00fablica ter\u00e1 que coidar ante todo que cada un conserve os seus bens propios e que pola actuaci\u00f3n do Estado non dimin\u00faan os bens de ning\u00fan cidad\u00e1n privado\u2026 Os Estados e as cidades foron constitu\u00eddos precisamente para que cada un conservase o seu. E, a\u00ednda que os homes congreg\u00e1banse por inclinaci\u00f3n natural, con todo buscaban a axuda das cidades coa esperanza de conservar os seus bens.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Esta \u00e9 a primeira defensa filos\u00f3fica co\u00f1ecida que destaca a importancia da propiedade privada na construci\u00f3n dunha teor\u00eda do Estado. Para Cicer\u00f3n calquera intento de arrebatar pola forza a propiedade privada doutras persoas violaba a lei da sociabilidade humana. A seguridade, protecci\u00f3n e benestar de todos os cidad\u00e1ns era inseparable da preservaci\u00f3n da propiedade privada dos cidad\u00e1ns individuais.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn6\" name=\"_ednref6\">[vi]<\/a> Neal Wood destaca tam\u00e9n que Cicer\u00f3n presenta un individualismo moral, econ\u00f3mico e pol\u00edtico moi marcado, que est\u00e1 ausente noutras figuras crave do pensamento antigo, como Plat\u00f3n ou Arist\u00f3teles por exemplo, e que \u00eda ser un elemento caracter\u00edstico do pensamento social e pol\u00edtico moderno.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn7\" name=\"_ednref7\">[vii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O reco\u00f1ecemento da existencia duns principios de dereito natural superiores \u00e1 lei positiva que reco\u00f1ecen a liberdade natural de todos os homes, e a idea de que os homes \u00fanense voluntariamente e acordan formar instituci\u00f3ns de goberno para defender a propiedade privada foron elementos esenciais que os pensadores ingleses do s\u00e9culo XVII adoptaron do republicanismo de Cicer\u00f3n.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn8\" name=\"_ednref8\">[viii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Doutra banda, e aplicando as ideas romanas sobre o <em>dominium<\/em>, diversos pensadores medievais desenvolveron a distinci\u00f3n entre o home libre e o escravo utilizando a idea de auto- propiedade. Virpi M\u00e4kinen afirma que a noci\u00f3n de auto-propiedade converteuse nun elemento b\u00e1sico dos dereitos naturais no s\u00e9culo XIV. O control psicol\u00f3xico que cada individuo exerc\u00eda sobre as s\u00faas propias vidas era chamado o seu <em>dominium<\/em> natural ou propiedade.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn9\" name=\"_ednref9\">[ix]<\/a> Segundo Brian Tierney as modernas doutrinas dos dereitos non son tanto innovaci\u00f3ns do s\u00e9culo dezasete ou da Ilustraci\u00f3n como o produto final dunha tradici\u00f3n que se foi desenvolvendo desde os s\u00e9culos doce e trece en diante. Unha das ideas centrais nesta tradici\u00f3n pre-lockeana do dereito natural foi a noci\u00f3n de auto-propiedade. Esta idea implicaba que ningu\u00e9n pertence a outra persoa e que, polo tanto, ningu\u00e9n \u00e9 de forma natural o amo de ning\u00fan outro, e ser\u00eda utilizada por pensadores medievais como Jean Gerson, Marsilio de Padua ou Conrad Summenhart. Os escol\u00e1sticos espa\u00f1ois tam\u00e9n a empregar\u00edan. As\u00ed, Francisco de Vitoria apuntaba que, segundo a lei romana, un escravo non pod\u00eda ter propiedade e todo o que adquir\u00eda pertenc\u00eda ao seu amo. Pero, para Vitoria, todas as persoas eran por natureza propietarias de si mesmas e pod\u00edan posu\u00edr outras cousas. Utilizou estes argumentos, precisamente, para denunciar os abusos dos espa\u00f1ois na conquista de Am\u00e9rica. Francisco Su\u00e1rez tam\u00e9n empregou a idea de auto-propiedade como constitutiva da liberdade, apelando \u00e1 idea romana de libertas, daquel que \u00e9 un suxeito propio de dereito (<em>sui iuris<\/em>) e non est\u00e1 sometido a outro. Esta idea de auto-propiedade reaparecer\u00eda nos autores ingleses do s\u00e9culo dezasete.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn10\" name=\"_ednref10\">[x]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo Lorenzo Sabaddini, unha afirmaci\u00f3n que case todos os republicanos ingleses do s\u00e9culo XVII estaban ansiosos por defender era que, si ser libre defin\u00edase como o feito de non ser propiedade doutra persoa, ent\u00f3n a posibilidade de posu\u00edr propiedade era un atributo fundamental da liberdade.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn11\" name=\"_ednref11\">[xi]<\/a> Moitos destes autores relacionaron a idea da liberdade coa idea da auto-propiedade. Ao facer isto declararon que calquera interferencia arbitraria coa propiedade dun individuo tam\u00e9n erosionaba a s\u00faa auto-propiedade e era, polo tanto, incompatible coa liberdade.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A idea de auto-propiedade na revoluci\u00f3n inglesa emerxeu cos Levellers, quen se opo\u00f1\u00edan \u00e1 interferencia na propiedade dun individuo realizada por calquera instituci\u00f3n (non s\u00f3 polo rei sen\u00f3n tam\u00e9n polo Parlamento); esta idea, que tam\u00e9n influir\u00eda profundamente en Milton e Marchamont Nedham, ser\u00eda descartada por outros republicanos como Harrington ou Neville e, posteriormente, recuperada por Locke.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn12\" name=\"_ednref12\">[xii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Cando atacan o poder real absolutista unha das principais estratexias ret\u00f3ricas que empregan os autores da revoluci\u00f3n inglesa \u00e9 establecer unha comparaci\u00f3n entre a situaci\u00f3n dos s\u00fabditos e a escravitude. Pero poden facer isto porque consideran que, si o rei pode dispo\u00f1er ao seu arbitrio das propiedades dos seus s\u00fabditos, iso sit\u00faa aos s\u00fabditos de xeito efectivo baixo a mesma condici\u00f3n de subxugaci\u00f3n na que se atopan os escravos. Esa estreita relaci\u00f3n entre a liberdade e o dereito de propiedade trasladouse ao pensamento pol\u00edtico e constitucional da revoluci\u00f3n americana. O dereito de propiedade privada e a protecci\u00f3n da mesma eran elementos determinantes para o mantemento da liberdade.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 John Phillip Reid, que estuda a influencia dos conceptos legais e do pensamento constitucional nas ideas pol\u00edticas brit\u00e1nicas e americanas do s\u00e9culo XVIII, destaca a importancia que ti\u00f1a a idea de propiedade en relaci\u00f3n coa concepci\u00f3n da liberdade. Para o pensamento legal brit\u00e1nico a liberdade, do mesmo xeito que todos os demais dereitos dos cidad\u00e1ns, consider\u00e1base como a propiedade persoal da xente. A autoridade b\u00e1sica que se utilizaba para defender o dereito \u00e1 liberdade era o principio legal da propiedade. O feito de que a liberdade, do mesmo xeito que os demais dereitos civ\u00eds, tivese a consideraci\u00f3n de propiedade axuda a explicar por que o dereito de propiedade ti\u00f1a unha prioridade tan alta no dereito constitucional brit\u00e1nico. A defensa da propiedade significaba a defensa da liberdade, non unicamente a preservaci\u00f3n das posesi\u00f3ns materiais.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn13\" name=\"_ednref13\">[xiii]<\/a> Reid di que poida que non exista ning\u00fan americano educado do s\u00e9culo XVIII que non asociase a defensa da liberdade coa defensa da propiedade.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn14\" name=\"_ednref14\">[xiv]<\/a> O prop\u00f3sito do goberno era garantir a seguridade do dereito de propiedade e, si fracasaba neste cometido deixaba de ser un goberno lex\u00edtimo. O dereito de propiedade era o fundamento sobre o que descansaba a liberdade.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn15\" name=\"_ednref15\">[xv]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Pensadores anarcocapitalistas como Rothbard ou Hoppe, coinciden deste xeito, coas ideas sobre a liberdade aqu\u00ed expostas pero levan esta li\u00f1a de pensamento \u00e1 s\u00faa conclusi\u00f3n l\u00f3xica: tendo en conta que o Estado vulnera de xeito sistem\u00e1tico os dereitos de propiedade, a teor\u00eda pol\u00edtica anarcocapitalista considera que esta \u00e9 unha organizaci\u00f3n ilex\u00edtima e que debe ser substitu\u00edda por sistemas sociais baseados en relaci\u00f3ns libres e voluntarias.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Polo tanto, e lonxe de ser unha filosof\u00eda pol\u00edtica para exc\u00e9ntricos, a teor\u00eda pol\u00edtica anarcocapitalista \u00e9 a expresi\u00f3n m\u00e1is rigorosa, depurada e loxicamente consistente de todo un conxunto de ideas sobre a relaci\u00f3n que existe entre a liberdade e a propiedade que foron desenvolvendo progresivamente moitos dos pensadores m\u00e1is ilustres da tradici\u00f3n pol\u00edtica occidental.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> <\/strong>Peter Garnsey, <em>Ideas of Slavery from Aristotle to Augustine<\/em> (Cambridge: Cambridge University Press, 1996), p.1.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a> <\/strong>Garnsey (1996: 5)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref3\" name=\"_edn3\">[iii]<\/a> <\/strong>\u201cOs escravos e o gando \u2013<em>mancipium<\/em>&#8211; forman parte do patrimonio econ\u00f3mico da familia. Concepci\u00f3n que arranca dende os primeiros tempos.\u201d Guillermo Su\u00e1rez Bl\u00e1zquez, <em>Derecho de empresas en la Roma cl\u00e1sica<\/em> (Madrid: Editorial Dykinson, 2014) p. 235.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref4\" name=\"_edn4\">[iv]<\/a><\/strong> Richard Pipes, <em>Property and Freedom<\/em> (New York: Alfred A. Knopf, 1999), pp. 10-13.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a><\/strong> Cicer\u00f3n, <em>De Officiis<\/em>, II, 73.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref6\" name=\"_edn6\">[vi]<\/a><\/strong> Ver Robert T. Radford, <em>Cicero: A Study in the Origins of Republican Philosophy<\/em> (Amsterdam-New York, NY: Editions Rodopi, 2002) p. 30.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref7\" name=\"_edn7\">[vii]<\/a> <\/strong>Neal Wood, <em>Cicero\u00b4s Social and Political Thought<\/em> (Berkeley: University of California Press, 1988) p. 12. Do mesmo xeito, Thomas N. Mitchell di que o particular \u00e9nfase de Cicer\u00f3n na protecci\u00f3n do dereito de propiedade privada e a s\u00faa insistencia xeral en que a mellora econ\u00f3mica persoal era algo encomiable e non deb\u00eda ser perturbada polo Estado representa a primeira defensa dunha doctrina econ\u00f3mica que ir\u00eda, m\u00e1is tarde, a formar o n\u00facleo do liberalismo econ\u00f3mico e do capitalismo de laissez-faire. Thomas N. Mitchell, \u201cRoman Republicanism: The Underrated Legacy\u201d, <em>Proceedings of the American Philosophical Society<\/em>, vol. 145, no. 2, 2001, pp. 127-137.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref8\" name=\"_edn8\">[viii]<\/a><\/strong> Janet Coleman, \u201cEl concepto de rep\u00fablica. Continuidad m\u00edtica y continuidad real\u201d, <em>Res publica<\/em>, 15, 2005, p.36<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref9\" name=\"_edn9\">[ix]<\/a> <\/strong>Virpi M\u00e4kinen, \u201cMedieval Natural Rights Discourse\u201d en Pamela Slotte y Mila Halme-Tuomisaari (eds.) <em>Revisiting the Origins of Human Rights<\/em> (Cambridge: Cambridge University Press, 2015) pp. 64-81<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref10\" name=\"_edn10\">[x]<\/a><\/strong> Brian Tierney, &#8220;Dominion of Self and Natural Rights Before Locke and After&#8221; en Virpi Makinen y Petter Korkman (ed.) <em>Transformations in Medieval and Early-Modern Rights Discourse<\/em> (Dordrecht: Springer, 2006) pp. 173-203<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref11\" name=\"_edn11\">[xi]<\/a><\/strong> Lorenzo Sabbadini, <em>Property, Liberty and Self-Ownership in the English Revolution<\/em>, T\u00e9sis Doctoral (Queen Mary, University of London, 2013) p. 25<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref12\" name=\"_edn12\">[xii]<\/a><\/strong> Sabbadini (2013:10)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref13\" name=\"_edn13\">[xiii]<\/a><\/strong> John Phillip Reid, <em>The Concept of Liberty in the Age of the American Revolution<\/em> (Chicago: The University of Chicago Press, 1988) pp. 24-25<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref14\" name=\"_edn14\">[xiv]<\/a><\/strong> John Phillip Reid, <em>Constitutional History of the American Revolution: The Authority of Rights<\/em> (Madison, Wis.: University of Wisconsin Press, 1986) p. 33<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref15\" name=\"_edn15\">[xv]<\/a><\/strong> \u201cLong before the era of the revolutionary controversy, the centrality of property to the definition of liberty, to the rule of law, and to constitutionalism had become established British legal dogma\u2026the dominant theory was that liberty and good laws depended on the sanctity of private property.\u201d John Phillip Reid, <em>Constitutional History of the American Revolution: The Authority of Rights<\/em> (Madison, Wis.: University of Wisconsin Press, 1986) p. 29.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-15024","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15024","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15024"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15024\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15027,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15024\/revisions\/15027"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15024"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15024"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15024"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}