{"id":14865,"date":"2017-07-03T21:01:07","date_gmt":"2017-07-03T19:01:07","guid":{"rendered":"https:\/\/xoandelugo.org\/?p=14865\/"},"modified":"2017-07-03T21:01:55","modified_gmt":"2017-07-03T19:01:55","slug":"economia-de-esquerdas-e-economia-de-dereitas-miguel-alonso-davila","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/economia-de-esquerdas-e-economia-de-dereitas-miguel-alonso-davila\/","title":{"rendered":"ECONOM\u00cdA DE ESQUERDAS E ECONOM\u00cdA DE DEREITAS &#8211; Miguel Alonso Davila"},"content":{"rendered":"<div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">ECONOM\u00cdA DE ESQUERDAS E ECONOM\u00cdA DE DEREITAS<\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211; Miguel Alonso Davila &#8211; \u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#ffe500;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En ocasi\u00f3ns escoitamos que o goberno deber\u00eda implantar unha econom\u00eda de esquerdas ou de dereitas, coma se esta puidese funcionar ao noso antollo. Este tipo de ideas revela unha confusi\u00f3n: as leis econ\u00f3micas son obxectivas, non existe unha econom\u00eda de esquerdas e outra de dereitas, sen\u00f3n unicamente econom\u00eda. Podemos instaurar unha pol\u00edtica econ\u00f3mica ou outra, pero isto non significa que haxa d\u00faas econom\u00edas diferentes. A pol\u00edtica econ\u00f3mica unicamente ind\u00edcanos que grado de interferencia se aplica sobre a econom\u00eda.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Algunhas persoas creen que cando o goberno manipula o mercado, en realidade est\u00e1 cambiando as leis econ\u00f3micas. \u00c9 dicir, estas persoas creen que podemos manipular a econom\u00eda para obter as leis que m\u00e1is nos gusten. Desgraciadamente ese non \u00e9 o caso. Si as\u00ed o fose poderiamos decidir establecer unhas leis econ\u00f3micas nas que non houbese que traballar duro e aforrar para aumentar a riqueza e que, pola contra, bastase con consumir, incluso a base de cr\u00e9ditos, para que unha abundancia de riquezas se espallase sobre a sociedade. Ser\u00eda marabilloso que bastase con facer a danza da choiva para que chovesen casas e coches do ceo. Pero esta non \u00e9 a situaci\u00f3n. As intervenci\u00f3ns econ\u00f3micas por parte do goberno non cambian para nada as leis econ\u00f3micas. Estas son tan obxectivas como as leis da f\u00edsica.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Supo\u00f1amos que algu\u00e9n descobre unha lei f\u00edsica que di que todos os corpos tenden a caer cara ao chan. Si agora unha persoa coloca unha mesa moi grande nun sitio concreto onde est\u00e1n caendo unha serie de obxectos, impedir\u00e1 que os obxectos cheguen ao chan, pero iso non significa que a lei f\u00edsica se suspendeu, ou que podamos cambiala ao noso antollo. A lei segue rexendo igual que antes. \u00c9 m\u00e1is, esta lei, xunto con outras, informaranos de cales ser\u00e1n as consecuencias desa interferencia. Advertiranos, por exemplo, que os obxectos se acumular\u00e1n sobre a mesa, o que orixinar\u00e1 que ao cabo dun tempo volvan caer sobre o chan, iso no caso de que non rompan a mesa antes. Do mesmo xeito, si po\u00f1emos fronteiras e prohibimos a inmigraci\u00f3n nun pa\u00eds dado, iso non provocar\u00e1 que a xente deixe de querer entrar nel, que cesen de migrar de zonas pobres a zonas ricas, que a man de obra vaia de onde sobra a onde fai falta, simplemente far\u00e1 que se acumule xente en torno a esa fronteira, e tarde ou cedo algunhas persoas conseguir\u00e1n entrar.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Os teoremas econ\u00f3micos, por exemplo o da produtividade marxinal decrecente, cumpriranse sempre, proceda como proceda o Estado. As acci\u00f3ns pol\u00edticas sobre a econom\u00eda son an\u00e1logas a po\u00f1er obst\u00e1culos na canle natural dun r\u00edo: por moi grandes que sexan estes iso non causar\u00e1 que a auga deixe de flu\u00edr das zonas m\u00e1is altas \u00e1s m\u00e1is baixas; a forza que ocasiona ese comportamento non desaparecer\u00e1 a\u00ednda que o obst\u00e1culo logre interromper o fluxo de auga por completo. Moi ao contrario, xerar\u00e1 unhas consecuencias que nos resultar\u00e1n imprevistas si caemos no erro de crer que con esa operaci\u00f3n alteramos as leis obxectivas da natureza.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Tam\u00e9n \u00e9 interesante facer notar que, cando se fala de intervenci\u00f3n econ\u00f3mica, tr\u00e1tase, en realidade, de algo forzoso, isto \u00e9, util\u00edzase a violencia para intentar cambiar o curso natural das cousas. Cando nos referimos ao curso natural das cousas (como aquel que se d\u00e1 nun mercado libre) non o facemos porque sexa o que defendemos (si fose as\u00ed, un socialista poder\u00eda chamarlle \u201ccurso natural das cousas\u201d a unha sociedade cunha econom\u00eda centralizada), sen\u00f3n porque \u00e9 o \u00fanico no que non existe coacci\u00f3n (entendida esta como violencia ou ameaza de violencia), \u00e9 o \u00fanico no que se respecta a liberdade individual. Ademais, en ocasi\u00f3ns util\u00edzase a expresi\u00f3n \u201cintervir na econom\u00eda\u201d coma se esa acci\u00f3n se realizase sobre un ente abstracto, para ocultar que, en realidade, esa agresi\u00f3n recae sobre os cidad\u00e1ns. En efecto, cando o goberno decide instaurar unha lei econ\u00f3mica, por exemplo fixar un prezo m\u00e1ximo para unha mercanc\u00eda, faio para impedir que as persoas intercambien un ben concreto por encima do importe establecido polo Estado, impedindo as\u00ed un intercambio libre e voluntario. Si erixen esa barreira \u00e9 precisamente porque hab\u00eda xente disposta a comprar por encima desa cantidade de di\u00f1eiro. Obviamente, o goberno xustificarao declarando que esa medida vai destinada a alcanzar un certo obxectivo social que nos beneficia a todos. A falsidade deste aserto queda ao descuberto cando nos damos conta de que se utiliza a violencia. Si fose algo que quixese todo o mundo de forma natural non far\u00eda falta utilizala.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Como diciamos, as leis econ\u00f3micas son tan obxectivas como as da f\u00edsica. A ningu\u00e9n se lle ocorrer\u00eda falar dunha f\u00edsica de esquerdas ou de dereitas. As leis f\u00edsicas nada nos mencionan sobre o que debemos facer, unicamente nos indican que \u00e9 o que suceder\u00e1. Igualmente as leis econ\u00f3micas non nos enuncian o que debemos facer, soamente nos informan de cales ser\u00e1n as consecuencias econ\u00f3micas dos nosos actos, pero nada nos formulan sobre estes. A este respecto podemos facer o que queiramos. Non atoparemos (ou non deberiamos atopar) nos manuais de econom\u00eda nin unha soa palabra sobre como deber\u00eda ser a sociedade, ou sobre cal deber\u00eda ser o noso comportamento, ou sobre que obxectivos deber\u00edamos perseguir por ser os m\u00e1is elevados e sublimes. En cambio, a econom\u00eda inf\u00f3rmanos de que cami\u00f1o \u00e9 o m\u00e1is adecuado para alcanzar un fin concreto, por exemplo, como pode ter lugar o enriquecemento dunha sociedade ou o seu empobrecemento.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Deste xeito as leis econ\u00f3micas son moralmente neutras, non nos expo\u00f1en o que debemos facer. As\u00ed, a econom\u00eda non nos exhorta a que aforremos, sin\u00e1lanos simplemente que si o facemos seremos m\u00e1is ricos e que si o gastamos todo seremos m\u00e1is pobres.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As leis econ\u00f3micas son tam\u00e9n politicamente neutras, non nos falan de esquerdas nin de dereitas. Rev\u00e9lannos, por exemplo, que si aumenta a cantidade de di\u00f1eiro en circulaci\u00f3n, a igualdade de circunstancias, os prezos tender\u00e1n a subir. Pero nada nos di sobre si se debe ou non realizar dita expansi\u00f3n monetaria (no caso de que sexa artificial), si ese acto \u00e9 moralmente malo, ou politicamente desexable.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Son tam\u00e9n eticamente neutras. Si un gobernante decide reducir a oferta monetaria, a igualdade de circunstancias, os prezos tender\u00e1n \u00e1 baixa, mais nada proclama a econom\u00eda sobre si ese acto do gobernante \u00e9 xusto ou inxusto.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Con todo, \u00e9 imprescindible saber cales son as leis econ\u00f3micas obxectivas que rexen o mercado para advertir as consecuencias de intervir nel.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A Escola Austr\u00edaca de Econom\u00eda, seguindo o m\u00e9todo causal-realista, parte do axioma da acci\u00f3n humana e a partir del deduce teoremas que ser\u00e1n tan verdadeiros como o propio axioma (si non hai erros no razoamento). Desenv\u00f3lvese as\u00ed todo un corpus te\u00f3rico que nos permite alcanzar certas conclusi\u00f3ns. Unha delas \u00e9 que s\u00f3 existe unha forma de alcanzar a riqueza: traballo, aforro e libre mercado. Poderiamos desexar que fose doutro xeito, pero o caso \u00e9 que non hai outro modo. Non hai receitas milagrosas, o mesmo d\u00e1 de que parte do espectro pol\u00edtico prove\u00f1an. Non importa que interve\u00f1amos os prezos, obrigando a subir uns e a baixar outros, coma se estiv\u00e9semos axustando os resortes dunha m\u00e1quina. As\u00ed non conseguiremos nada, xa que o mercado non \u00e9 unha m\u00e1quina. O mercado son eu comprando unha barra de pan, por exemplo. Non importa que inxectemos unha cantidade enorme de di\u00f1eiro no mercado nun tempo r\u00e9cord, esperando medorentos a ver como reaccionar\u00e1n os mercados, coma se estiv\u00e9semos fac\u00e9ndolle unha ofrenda a alg\u00fan deus caprichoso (o cal reflicte un pensamento m\u00e1xico). Tampouco as\u00ed conseguiremos nada, xa que o mercado non \u00e9 ning\u00fan ente abstracto, \u00e9 vostede comprando no supermercado. Por moito que interve\u00f1amos, as casas non chover\u00e1n do ceo, nin os coches brotar\u00e1n da terra. O \u00fanico que pode lograr a intervenci\u00f3n \u00e9 dificultar ou impedir a creaci\u00f3n de riqueza.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Os defensores da Escola Austr\u00edaca ansiamos o mesmo que ans\u00eda a maior parte da xente: que todo o mundo sexa cada vez m\u00e1is rico. No \u00fanico que diferimos \u00e9 en cales son os medios necesarios para lograr tal fin.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-double sep-solid\" style=\"border-color:#ffeb3b;border-top-width:1px;border-bottom-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-14865","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14865","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14865"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14865\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14866,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14865\/revisions\/14866"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14865"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14865"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14865"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}