{"id":14014,"date":"2017-02-08T20:38:12","date_gmt":"2017-02-08T18:38:12","guid":{"rendered":"http:\/\/xoandelugo.org\/cy\/?p=14014"},"modified":"2017-04-30T11:53:25","modified_gmt":"2017-04-30T09:53:25","slug":"quen-e-o-principal-inimigo-da-familia-daniel-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/quen-e-o-principal-inimigo-da-familia-daniel-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"\u00bfQUEN \u00c9 O PRINCIPAL INIMIGO DA FAMILIA? &#8211; Daniel Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<p><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">\u00bfQUEN \u00c9 O PRINCIPAL INIMIGO DA FAMILIA?<\/span><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>\u00a0 \u00a0 &#8211; Daniel Rodr\u00edguez Carreiro &#8211; \u00a0 \u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#eeee22;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-2 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Nos \u00faltimos d\u00edas unha presentadora de televisi\u00f3n apareceu en diversos medios de comunicaci\u00f3n para falar do libro que escribiu sobre a s\u00faa recente experiencia como nai.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo a revolucionaria an\u00e1lise desta autora existe unha especie de conspiraci\u00f3n mundial para ocultar o feito de que ter fillos resulta moi sacrificado. Segundo as s\u00faas propias declaraci\u00f3ns a maternidade sup\u00faxolle un \u201csacrificio estratosf\u00e9rico&#8221; no que se embarcou subxugada polas mentiras e os cantos de sirena que propaga a sociedade sobre o feito de ter fillos. \u00abHai un relato \u00fanico da maternidad como un estado id\u00edlico, que non coincide coa realidade e estigmatiza \u00e1s mulleres&#8221;, afirma con frustraci\u00f3n, \u201cningu\u00e9n che conta o que \u00e9 en realidade a maternidade, tomas unha decisi\u00f3n enganada\u00bb. A revelaci\u00f3n deste segredo levou \u00e1 autora a declarar que \u201cter fillos \u00e9 unha perda de calidade de vida&#8221;.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 M\u00e1is al\u00f3 da importancia intelectual que mereza o \u201cdescubrimento\u201d desta autora, a s\u00faa negativa valoraci\u00f3n da maternidade ten o m\u00e9rito de simbolizar unha situaci\u00f3n relevante nos nosos d\u00edas. As sociedades occidentais est\u00e1n sufrindo un progresivo envellecemento da s\u00faa poboaci\u00f3n como consecuencia da constante reduci\u00f3n das taxas de natalidade. Cada vez t\u00e9\u00f1ense menos fillos e cada vez m\u00e1is tarde. \u00c1 s\u00faa vez increm\u00e9ntase o n\u00famero de divorcios e red\u00facese a importancia do matrimonio. Parece que cada vez menos xente est\u00e1 disposta a afrontar as responsabilidades e o sacrificio que supo\u00f1en a vida familiar e o coidado dos fillos. Como dic\u00eda a nosa autora iso sup\u00f3n un descenso da calidade de vida. A instituci\u00f3n da familia parece estar pasando por malos momentos. Pero, \u00bfcales son as causas deste fen\u00f3meno? \u00bfHai alg\u00fan responsable principal do mesmo? A resposta \u00e9 si: o principal inimigo da instituci\u00f3n familiar \u00e9 o Estado. Vexamos por que.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 A familia foi hist\u00f3ricamente o grupo social do que depend\u00eda en maior medida o benestar e a educaci\u00f3n das persoas. Ao establecer un forte sentimento de lealdade cara a un grupo independente do poder pol\u00edtico esta instituci\u00f3n representou sempre un freo e unha restricci\u00f3n moi importantes \u00e1 acci\u00f3n do goberno. Polo tanto a familia foi, hist\u00f3ricamente, unha molestia para os partidarios de incrementar o alcance e os \u00e1mbitos da intervenci\u00f3n do Estado.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O gran soci\u00f3logo Robert Nisbet explica en <em>The Quest for Community<\/em> como o Estado converteuse, no mundo moderno, no primordial centro de lealtad dos seres humanos e no seu principal refuxio fronte \u00e1s inseguridades e frustraci\u00f3ns da vida. Pero, para conseguir esta situaci\u00f3n de preeminencia, tivo que competir con outras instituci\u00f3ns que limitaban o seu poder, como a igrexa, a comunidade local ou a familia.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Todos aqueles que quer\u00edan incrementar o poder do Estado desenvolveron medidas para erosionar e desprestixiar tales instituci\u00f3ns intermedias co obxectivo de illar aos individuos e volvelos sumisos e dependentes das actuaci\u00f3ns e intervenci\u00f3ns gobernamentais. Nisbet dic\u00eda que a guerra entre o Estado e a familia era moi antiga na historia da humanidade e que, por regra xeral, hab\u00eda unha relaci\u00f3n inversa entre ambas instituci\u00f3ns: cando o Estado era forte a familia era d\u00e9bil e viceversa.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn2\" name=\"_ednref2\">[ii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un dos exemplos m\u00e1is extremos deste principio il\u00fastrao o caso de Pavlik Mor\u00f3zov, un neno glorificado pola propaganda da Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica por denunciar ao seu pai como inimigo do Estado. As autoridades sovi\u00e9ticas crearon un culto \u00e1 s\u00faa figura que animaba aos demais nenos a denunciar aos seus pais si estes se opo\u00f1\u00edan \u00e1s pol\u00edticas do goberno.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn3\" name=\"_ednref3\">[iii]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Este caso representa un dos exemplos m\u00e1is evidentes da procura sistem\u00e1tica da destruci\u00f3n dos lazos familiares. Pero hai outros procesos actuais menos espectaculares cuxas consecuencias perniciosas resultan m\u00e1is dif\u00edciles de discernir. As\u00ed, un dos pasos m\u00e1is destacados para debilitar a importancia da instituci\u00f3n familiar no mundo moderno foi a creaci\u00f3n do Estado de Benestar.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo Alan Carlson, moitas das medidas caracter\u00edsticas do Estado de Benestar representan un caso cl\u00e1sico de manipulaci\u00f3n burocr\u00e1tica co obxectivo de destru\u00edr o principal rival do Estado como foco de lealdade: a familia<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">A aparici\u00f3n do Estado de Benestar p\u00f3dese describir como a continua transferencia da funci\u00f3n de dependencia desde a familia ao Estado; desde persoas unidas por lazos de sangue, matrimonio ou adopci\u00f3n a persoas vinculadas a empregados p\u00fablicos.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn4\" name=\"_ednref4\">[iv]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 As medidas do Estado de Benestar, tales como as prestaci\u00f3ns por desemprego ou as pensi\u00f3ns p\u00fablicas, debilitan a responsabilidade do individuo \u00e1 hora de prover para as s\u00faas necesidades e as da s\u00faa familia e de aforrar para a s\u00faa vellez. Deste xeito as persoas tenden a reducir o seu horizonte temporal de planificaci\u00f3n e previsi\u00f3n. A utilidade do matrimonio, a familia e os fillos red\u00facese tam\u00e9n, pois non ser\u00e1 tan necesario contar con esas instituci\u00f3ns para asegurarse un soporte econ\u00f3mico. Establ\u00e9cese, polo tanto, unha tendencia ao debilitamento da instituci\u00f3n familiar, \u00e1 reduci\u00f3n da natalidade, ao incremento da taxa de divorcio, etc.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un elemento cuxa importancia foi crucial para o desenvolvemento e crecemento do Estado de Benestar \u00e9 o monopolio estatal do sistema monetario. As\u00ed o explican nun recente libro Philipp Bagus e Andreas Marquart.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn5\" name=\"_ednref5\">[v]<\/a><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Segundo estes autores, e seguindo a tradici\u00f3n de pensamento monetario da Escola Austriaca, o di\u00f1eiro non xurdiu a trav\u00e9s dun acto creador do Estado, como moita xente imax\u00edna, sen\u00f3n que foi unha creaci\u00f3n espont\u00e1nea de m\u00faltiples actores operando voluntariamente no mercado. A trav\u00e9s dun proceso evolutivo de descubrimento unha determinada mercanc\u00eda, normalmente o ouro ou a prata, adquiriu a funci\u00f3n de medio de intercambio que facilitaba as transacci\u00f3ns comerciais.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Pero, nun longo proceso hist\u00f3rico, os Estados acabaron por monopolizar o sistema monetario, substitu\u00edndo o ouro por papel moeda e arrog\u00e1ndose a facultade exclusiva de producir di\u00f1eiro. Deste xeito atoparon un instrumento excelente para financiar os seus programas de gasto pois ti\u00f1an a posibilidade de crear di\u00f1eiro, literalmente, da nada.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Malia as seus nefastas consecuencias, por exemplo en forma de crises econ\u00f3micas recurrentes, este sistema ten a enorme vantaxe de que os seus custos son m\u00e1is dif\u00edciles de detectar polos cidad\u00e1ns. Deste xeito o crecemento desmesurado do Estado de Benestar coincide hist\u00f3ricamente co abandono do patr\u00f3n ouro e a transici\u00f3n ao sistema de papel moeda pois, si o Estado se financiase \u00fanicamente a trav\u00e9s de impostos, cuxa carga n\u00f3tase dunha forma moito m\u00e1is directa nos petos, \u00e9 probable que os cidad\u00e1ns se tiveran rebelado fai tempo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 O crecemento da intervenci\u00f3n estatal que permite este sistema monetario ten enormes consecuencias morais sobre as persoas. Como din Bagus e Marquart:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">Na medida en que dependemos do Estado de previsi\u00f3n, necesitamos menos a axuda do pr\u00f3ximo, en especial da familia. R\u00f3mpense os v\u00ednculos sociais&#8230;A decadencia da familia como consecuencia do di\u00f1eiro malo e o Estado de Benestar carrexa unha grave crise moral e de valores. En suma, o di\u00f1eiro malo fai que a xente estea cada vez m\u00e1is illada socialmente, m\u00e1is desarraigada e tensa e sexa cada vez m\u00e1is dependente, inmatura, sumisa, imprudente, desconsiderada, ego\u00edsta, materialista, superficial e depresiva.<\/span><span style=\"color: #808080;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 \u00c9 dicir que mediante o monopolio da creaci\u00f3n de di\u00f1eiro, que permite o desenvolvemento e crecemento da intervenci\u00f3n estatal, se debilita de forma implacable a fortaleza da instituci\u00f3n familiar e se promove a irresponsabilidade, a inmadurez e o ego\u00edsmo. Un caldo de cultivo perfecto para que aparezan escritores que afirman con gran frustraci\u00f3n que ter fillos \u00e9 un sacrificio estratosf\u00e9rico que reduce a calidade de vida.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\"><a style=\"color: #808080;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\"><\/a><\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-2{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-3 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-2 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#eeee22;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-4\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a><\/strong> Robert Nisbet, <em>The Quest for Community: A Study in the Ethics of Order and Freedom<\/em> (New York: Oxford University Press, 1953).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref2\" name=\"_edn2\">[ii]<\/a><\/strong> Robert Nisbet, <em>Prejudices: A Philosophical Dictionary<\/em> (Cambridge, Mass.: Harvard University Press, 1982) p. 111.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>[iii]<\/strong> Orlando Figes, The Whisperers: Private Life in Stalin&#8217;s Russia (Londres: Penguin Books, 2007).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>[iv] <\/strong>Alan Carlson, &#8220;What Has Government Done to Our Families?&#8221;, <em>Essays in Political Economy 13<\/em> (Auburn, Ala.: Ludwig von Mises Institute, 1991), p. 1.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref5\" name=\"_edn5\">[v]<\/a><\/strong> Phillipp Bagus y Andreas Marquart, <em>Por qu\u00e9 otros se hacen cada vez m\u00e1s ricos a tu costa\u2026y qu\u00e9 responsabilidad tiene el Estado y c\u00f3mo juega con nuestro dinero<\/em> (Madrid: Deusto, 2016).<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-2{width:100% !important;}.fusion-builder-column-2 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-3{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-14014","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14014","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14014"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14014\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14225,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14014\/revisions\/14225"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14014"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14014"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14014"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}