{"id":13737,"date":"2016-12-05T23:13:51","date_gmt":"2016-12-05T21:13:51","guid":{"rendered":"http:\/\/xoandelugo.org\/cy\/?p=13737"},"modified":"2017-04-30T11:53:30","modified_gmt":"2017-04-30T09:53:30","slug":"unha-homenaxe-involuntaria-o-despotismo-daniel-rodriguez-carreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/unha-homenaxe-involuntaria-o-despotismo-daniel-rodriguez-carreiro\/","title":{"rendered":"UNHA HOMENAXE INVOLUNTARIA \u00d3 DESPOTISMO &#8211; Daniel Rodr\u00edguez Carreiro"},"content":{"rendered":"<p><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">UNHA HOMENAXE INVOLUNTARIA \u00d3 DESPOTISMO<\/span><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><em><span style=\"color: #428fc9;\">-Daniel Rodr\u00edguez Carreiro- \u00a0\u00a0<\/span><\/em><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#eeee22;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-2 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 No mes de abril co\u00f1ec\u00edase a noticia de que o Goberno austriaco prepar\u00e1base para expropiar a casa onde naceu Adolf Hitler co obxectivo de evitar que se converta nun centro de peregrinaci\u00f3n de simpatizantes do nazismo. A s\u00faa actual propietaria negouse ata o momento para vender o edificio por considerar insuficientes as ofertas recibidas. Por iso o Parlamento tramitou unha lei especial para levar a cabo a expropiaci\u00f3n e evitar que a casa caia en malas mans.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Neste caso un non pode m\u00e1is que estar de acordo cos obxectivos perseguidos, pois non hai d\u00fabida algunha de que a loita contra calquera ideolox\u00eda que promove a violencia \u00e9 algo admirable e positivo. O problema non est\u00e1 neses obxectivos sen\u00f3n nos medios adoptados para alcanzalos. Sobre todo se temos en conta que, a trav\u00e9s deses medios e de forma paradoxal, o Goberno austriaco est\u00e1 a realizar unha homenaxe involuntaria a alg\u00fans dos principios econ\u00f3micos e xur\u00eddicos m\u00e1is importantes do nacional-socialismo.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Podemos resumir a cuesti\u00f3n da seguinte forma: 1\u00ba. O Goberno austriaco toma unha decisi\u00f3n que sit\u00faa o ben com\u00fan (evitar a propagaci\u00f3n do nazismo) por encima dos intereses individuais (os da propietaria do edificio). 2\u00ba Iso implica o control de determinados recursos econ\u00f3micos (a casa) cuxo uso se destinar\u00e1 a aquelas acci\u00f3ns que o Goberno considere m\u00e1is convenientes. 3\u00ba Para poder facer isto tram\u00edtase unha lei que ofreza cobertura legal \u00e1 decisi\u00f3n adoptada.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Eses tres elementos destacados foron compartidos pola filosof\u00eda xur\u00eddica e econ\u00f3mica do nacional-socialismo. En primeiro lugar o fascismo alem\u00e1n era un inimigo declarado do individualismo e consideraba que o ben com\u00fan deb\u00eda ter preferencia sobre o ben particular de cidad\u00e1ns individuais. Un dos pais intelectuais do fascismo alem\u00e1n foi Paul Lensch, quen declarou no seu libro <em>Three Years of World Revolution<\/em> que o socialismo deb\u00eda presentar unha oposici\u00f3n consciente e determinada ao individualismo. A filosof\u00eda do fascismo alem\u00e1n expres\u00e1base no slogan \u201co ben com\u00fan \u00e9 m\u00e1is importante que o ben privado\u201d. O propio Hitler manifestou publicamente que \u201co individuo non pode ser o centro dos coidados da lei, sen\u00f3n o pobo\u201d.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En segundo lugar, e como consecuencia do anterior, esta forma de totalitarismo estableceu un sistema econ\u00f3mico co\u00f1ecido como corporativismo fascista: unha econom\u00eda dirixida polo goberno, con participaci\u00f3n obrigatoria entre empresas, goberno e sindicatos, e organizado a trav\u00e9s dun sistema rexional de \u201cc\u00e1maras econ\u00f3micas\u201d. Neste sistema os obxectivos aos que se deb\u00edan destinar os recursos econ\u00f3micos eran decididos e supervisados polo Goberno.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En terceiro lugar a concepci\u00f3n do dereito estaba directamente influ\u00edda pola teor\u00eda do decisionismo legal de Carl Schmitt. Como doutrina legal, o decisionismo sost\u00e9n que en \u00faltima instancia a realizaci\u00f3n do dereito depende dunha decisi\u00f3n pol\u00edtica baleira de contido normativo. Isto non implica a ausencia de valores e normas na vida pol\u00edtica sen\u00f3n a convicci\u00f3n de que estes non poden ser seleccionados por medio dun proceso de deliberaci\u00f3n racional entre visi\u00f3ns alternativas do mundo sen\u00f3n que deben ser escollidos e interpretados por quen ten o poder pol\u00edtico. \u00c9 dicir que as normas xur\u00eddicas p\u00f3dense modificar en calquera momento e non te\u00f1en outra fundamentaci\u00f3n m\u00e1is que a vontade do poder pol\u00edtico.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por suposto na decisi\u00f3n adoptada polo Goberno austriaco, non se segue esta filosof\u00eda tan cr\u00faa de Schmitt sen\u00f3n a versi\u00f3n m\u00e1is cientificista de Hans Kelsen. Segundo este xurista:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Unha norma xur\u00eddica non vale por ter un contido determinado [&#8230;] sen\u00f3n por ser producida de determinada maneira, e, en \u00faltima instancia, por ser producida da maneira determinada por unha norma fundante b\u00e1sica presuposta [&#8230;] Por iso \u00e9 polo que calquera contido pode ser dereito. Non hai comportamento humano que, en canto tal, estea exclu\u00eddo de ser o contido dunha norma xur\u00eddica.<a style=\"color: #808080;\" href=\"#_edn1\" name=\"_ednref1\">[i]<\/a><\/span><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por tanto e, por moi nobre que podamos considerar o obxectivo perseguido, os medios que emprega o Goberno austriaco, ao crear unha lei <em>ad hoc<\/em> para expropiar a un individuo co obxectivo de perseguir un ben maior, son perfectamente compatibles coas ideas do totalitarismo alem\u00e1n. Ao situar ao Estado como o int\u00e9rprete \u00faltimo do que se considera o ben com\u00fan e ao crer que pode modificar ao seu antollo as normas e dispo\u00f1er como considere conveniente das propiedades dos cidad\u00e1ns est\u00e1 a reco\u00f1ecerse a situaci\u00f3n de submisi\u00f3n e dependencia destes ante as decisi\u00f3ns adoptadas pola autoridade pol\u00edtica.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Hai tempo consider\u00e1base \u00e1 propiedade privada como un dereito absoluto que non pod\u00eda ser modificado, vulnerado ou suprimido polos poderes p\u00fablicos. Esta consideraci\u00f3n sacra da propiedade era unha das principais armas que a xente corrente ti\u00f1a contra os abusos e o despotismo daqueles que ostentaban o poder. Dise que Federico II o Grande, rei de Prusia, quixo comprar a propiedade dun mui\u00f1eiro que se atopaba pr\u00f3xima ao seu palacio. Ante as s\u00faas reiteradas negativas o rei ameazou con emitir un decreto para expropiar os seus terreos. Pero o mui\u00f1eiro demandou ao rei ante os tribunais e foille outorgada a raz\u00f3n, conseguindo, desta maneira, evitar a ameaza de expropiaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Se o Goberno austriaco quere de verdade evitar as homenaxes a d\u00e9spotas e tiranos como Adolf Hitler far\u00eda moito mellor en seguir o exemplo do mui\u00f1eiro e considerar a defensa da propiedade privada como un elemento esencial para o mantemento da liberdade e a xustiza.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\"><a style=\"color: #999999;\" href=\"#_ednref1\" name=\"_edn1\">[i]<\/a> Hans Kelsen, <em>Pure Theory of Law<\/em> (Clark: The Lawbook Exchange, 2005) p. 198.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-2{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-13737","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13737","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13737"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13737\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14259,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13737\/revisions\/14259"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13737"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13737"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13737"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}