{"id":13620,"date":"2016-11-21T16:05:31","date_gmt":"2016-11-21T14:05:31","guid":{"rendered":"http:\/\/xoandelugo.org\/cy\/?p=13620"},"modified":"2017-04-30T11:53:31","modified_gmt":"2017-04-30T09:53:31","slug":"e-necesario-un-sistema-educativo-miguel-alonso-davila","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/e-necesario-un-sistema-educativo-miguel-alonso-davila\/","title":{"rendered":"\u00bf\u00c9 NECESARIO UN SISTEMA EDUCATIVO? &#8211; Miguel Alonso Davila"},"content":{"rendered":"<p><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container hundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: center center;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"width:calc( 100% + 0px ) !important;max-width:calc( 100% + 0px ) !important;margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><strong><span style=\"color: #428fc9;\">\u00bf\u00c9 NECESARIO UN SISTEMA EDUCATIVO?\u00a0<\/span><\/strong><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>-Miguel Alonso Davila- \u00a0\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#eeee22;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 20px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-fullwidth.fusion-builder-row-1 { overflow:visible; }.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 0px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 0px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-2 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Cada certo tempo, con motivo da implantaci\u00f3n dun novo plan de estudos, asistimos a discusi\u00f3ns e controversias en torno ao sistema educativo nas que podemos atopar todo tipo de posturas e argumentos: temos un sistema educativo creado para satisfacer as demandas da revoluci\u00f3n industrial que agora est\u00e1 obsoleto por atoparnos noutro sistema produtivo; deber\u00edase potenciar m\u00e1is a creatividade e non tanto a memorizaci\u00f3n; deberiamos ensinar a aprender, deixando en segundo plano o contido das materias; etc. Pero, independentemente de cal sexa o sistema sinalado como correcto, do que nunca hai d\u00fabidas \u00e9 que ten que haber un. Incluso os que avogan por un sistema menos convencional, para escapar dunha educaci\u00f3n cuxo \u00fanico fin, segundo eles, \u00e9 lavar o cerebro \u00e1s persoas para crear s\u00fabditos d\u00f3ciles, propo\u00f1en tam\u00e9n un sistema educativo. Todos eles, sexa cal for a s\u00faa ideolox\u00eda ou a s\u00faa orientaci\u00f3n pol\u00edtica, cren que debe existir un sistema educativo. E por suposto, o mellor, o que emendar\u00e1 todos os males, \u00e9 o seu.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Pero, \u00bfpor que ten que haber un sistema educativo? \u00bfPor que ha de estar a educaci\u00f3n regulada e centralizada? \u00bfQuen debe regular e determinar o contido da educaci\u00f3n? \u00bfPor que te\u00f1en que estudar todos o mesmo?<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Un dos argumentos que se utilizan para xustificar a existencia do sistema educativo, \u00e9 a afirmaci\u00f3n de que este resulta imprescindible para eliminar a brecha que separa a ricos e a pobres. Dise que, normalmente, s\u00f3 os ricos poden estudar, e, as\u00ed, s\u00f3 eles poden acceder aos postos de goberno desde os cales lexislar\u00e1n ao seu favor. \u00c1 s\u00faa vez, os pobres, ao non poder estudar, est\u00e1n condenados a postos de traballo mal remunerados, de modo que o statu quo perpet\u00faase. \u00c9 dicir, crese que o sistema educativo contribuir\u00eda a eliminar a desigualdade e a que todos te\u00f1amos igualdade de oportunidades.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Pero o certo, \u00e9 que resulta imposible conseguir esa igualdade, posto que non estamos todos igualmente capacitados, non somos todos igual de intelixentes, \u00e1xiles, fortes ou guapos e, por tanto, non imos ter as mesmas oportunidades (unha persoa moi guapa ter\u00e1 m\u00e1is oportunidades para traballar de modelo que una que non o \u00e9), a non ser que queiramos afear ao guapo e po\u00f1erlle un cepo ao \u00e1xil para igualarnos a todos. Hai que ter en conta, ademais, a influencia do entorno: non ter\u00e1 as mesmas oportunidades para vivir do ciclismo unha persoa que naza en Espa\u00f1a que outra que naza en Siberia, ou de aprender artes marciais un chin\u00e9s que un sevillano. Se me gusta o debuxo e quero facer diso a mi\u00f1a profesi\u00f3n, resultarame m\u00e1is sinxelo se te\u00f1o a sorte de que haxa na mi\u00f1a r\u00faa unha tenda de c\u00f3mics cuxo dono me orienta e ens\u00edna, que se nazo noutra r\u00faa onde non a hai. Se te\u00f1o a sorte de co\u00f1ecer a un bo profesor terei m\u00e1is oportunidades de aprender. Deste xeito, para alcanzar a igualdade, ademais de tentar facernos iguais a todos, haber\u00eda que facer que o mundo fose igual en todas partes. E isto non se pode conseguir.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Esta inerradicable desigualdade non ten por que ser negativa. Un deber\u00eda aceptar as condici\u00f3ns nas que naceu e tentar alcanzar os seus obxectivos (en lugar de queixarse por ter nacido feo, por exemplo). Non escollemos onde empezamos pero si onde queremos acabar. Podemos alcanzar os nosos obxectivos co noso esforzo e o noso traballo, pero non ser\u00eda l\u00edcito querer alcanzalo co esforzo dos demais, esixindo que o goberno lles quite aos demais o di\u00f1eiro que eu necesito para alcanzar os meus obxectivos. Nese caso, o custo as\u00fameo o resto da xente mentres os beneficios reperc\u00fatenme unicamente a min.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Quiz\u00e1 o que o sistema educativo pretende conseguir \u00e9 unha igualdade de oportunidades, no sentido de que todos partamos co mesmo co\u00f1ecemento. Pero, neste caso, haber\u00eda que realizar d\u00faas preguntas: primeiro, \u00bfque co\u00f1ecemento \u00e9 ese?, e, segundo, \u00bfpor que temos que posu\u00edr todos o mesmo co\u00f1ecemento?<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En canto \u00e1 primeira pregunta, considero que o ensino obrigatorio tende a transmitir poucos co\u00f1ecementos, xa que as clases est\u00e1n orientadas \u00e1 consecuci\u00f3n dun \u00fanico fin, aprobar os exames. Para iso proc\u00e9dese \u00e1 memorizaci\u00f3n duns datos concretos, que se adoitan esquecer cedo. Memorizar informaci\u00f3n non ten porqu\u00e9 constitu\u00edr co\u00f1ecemento. Por exemplo, memorizar un poema en ingl\u00e9s sobre o amor sen dominar ese idioma nin estar namorado, \u00e9 adquirir datos, non co\u00f1ecemento. \u00c9 equivalente a aprenderse o list\u00edn telef\u00f3nico. En realidade, \u00e9 iso o que facemos no colexio: memorizar unha serie de datos que non sabemos moi ben de onde proceden nin para que serven. Pero se nos fixamos con atenci\u00f3n, hai unha serie de ideas que case todo o mundo aprende ben: a necesidade do Estado, a benevolencia da democracia, etc. Non hai case ningu\u00e9n que fose \u00e1 escola que dubide destas ideas. As\u00ed pois, discursos oficiais aparte, iso \u00e9 o que consegue o sistema educativo na pr\u00e1ctica. Non vexo que vantaxe podemos obter por ter todos ese \u201cco\u00f1ecemento\u201d.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 En canto \u00e1 segunda pregunta, a\u00ednda que o que haxa que estudar non fose determinado polo goberno (que sempre ter\u00e1 uns incentivos moi fortes para establecer que o que han de aprender os nenos sexa algo que lle beneficie) sen\u00f3n por un grupo de persoas totalmente desinteresadas, \u00bfcomo establecer o que ten que estudar todo o mundo se non sabemos os fins concretos que anhela cada persoa? \u00bfDe que lle vale o \u00e1lxebra a unha persoa que quere ser oleiro ou dese\u00f1ador de moda? Obviamente, non lle v\u00e9n mal saber dese tema, pero tampouco lle vir\u00eda mal saber de bot\u00e1nica, danza, literatura, cinema, soldadura, papiroflexia, etc. \u00bfComo escoller? Ou nos fixamos nos fins que quere alcanzar unha persoa concreta ou a lista de co\u00f1ecementos ser\u00e1 totalmente arbitraria. P\u00f3dese obxectar que, no caso da educaci\u00f3n primaria, os nenos a\u00ednda non te\u00f1en uns obxectivos establecidos, pero si os ter\u00e1n os pais. Estes, desexar\u00e1n que os seus fillos sexan instru\u00eddos nunhas materias concretas.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Saber ler, escribir e algo de aritm\u00e9tica sempre nos resultar\u00e1 \u00fatil pero, \u00bffan falta oito anos no colexio?, \u00bfnon poderiamos aprendelo en casa ou cun profesor pago por aqueles que as\u00ed o desexen? Desta maneira, \u00e1 parte de tratarse dunha acci\u00f3n voluntaria, aos nenos ensinar\u00e1selles o que os pais crean oportuno.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 \u00c9 com\u00fan tam\u00e9n eloxiar o labor de socializaci\u00f3n da escola. Entendo ent\u00f3n que, ata que apareceu o sistema educativo obrigatorio, a xente estaba sen socializar. \u00c9 de supo\u00f1er que o costume de dar os bos d\u00edas ocorr\u00e9uselle a un te\u00f3rico do ensino. Isto \u00e9 rid\u00edculo, os nenos aprenden a convivir e a relacionarse cos demais na s\u00faa casa, cos seus familiares, os seus veci\u00f1os, e os seus amigos. E estas relaci\u00f3ns adoitan estar supervisados por adultos case todo o tempo, ao contrario que nos recreos do colexio onde se poden ver comportamentos que resulta dif\u00edcil cualificar de educados.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #808080;\">\u00a0 Por todo o exposto non creo que o sistema educativo sirva para o que os seus defensores pregoan. O que de facto consegue \u00e9 transmitir unha serie de ideas que facilitan a existencia e as acci\u00f3ns do Estado: ese constit\u00fae o seu verdadeiro obxectivo. De modo que podemos afirmar que, en realidade, o sistema educativo funciona ben, xa que serve ao prop\u00f3sito para o que foi realmente constru\u00eddo. Por iso \u00e9 importante que a educaci\u00f3n sexa obrigatoria e igual en todo o territorio do Estado. Desta forma, cons\u00e9guese que ningu\u00e9n poida escapar a unha homoxeneizaci\u00f3n que facilita o control da poboaci\u00f3n posto que, se todos pensan igual, dominalos a todos ser\u00e1 como dominar a un \u00fanico individuo.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-2{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-13620","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13620","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13620"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13620\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14269,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13620\/revisions\/14269"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13620"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13620"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13620"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}