{"id":13555,"date":"2016-10-26T19:24:16","date_gmt":"2016-10-26T17:24:16","guid":{"rendered":"http:\/\/xoandelugo.org\/cy\/?p=13555"},"modified":"2017-04-30T11:53:31","modified_gmt":"2017-04-30T09:53:31","slug":"el-problema-de-la-inmigracion-miguel-alonso-davila","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/el-problema-de-la-inmigracion-miguel-alonso-davila\/","title":{"rendered":"O PROBLEMA DA INMIGRACI\u00d3N &#8211; Miguel Alonso Davila"},"content":{"rendered":"<p><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-1 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-0 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-1\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #428fc9;\">O PROBLEMA DA INMIGRACI\u00d3N\u00a0<\/span><\/h1>\n<\/div><div class=\"fusion-text fusion-text-2\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #428fc9;\"><em>&#8211; Miguel Alonso Davila &#8211;\u00a0<\/em><\/span><\/h4>\n<\/div><div class=\"fusion-separator fusion-full-width-sep\" style=\"align-self: center;margin-left: auto;margin-right: auto;width:100%;\"><div class=\"fusion-separator-border sep-single sep-solid\" style=\"border-color:#eeee22;border-top-width:1px;\"><\/div><\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-0{width:100% !important;}.fusion-builder-column-0 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-1{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><div class=\"fusion-fullwidth fullwidth-box fusion-builder-row-2 fusion-flex-container nonhundred-percent-fullwidth non-hundred-percent-height-scrolling\" style=\"background-color: rgba(255,255,255,0);background-position: left top;background-repeat: no-repeat;border-width: 0px 0px 0px 0px;border-color:#e2e2e2;border-style:solid;\" ><div class=\"fusion-builder-row fusion-row fusion-flex-align-items-flex-start\" style=\"max-width:calc( 1200px + 0px );margin-left: calc(-0px \/ 2 );margin-right: calc(-0px \/ 2 );\"><div class=\"fusion-layout-column fusion_builder_column fusion-builder-column-1 fusion_builder_column_1_1 1_1 fusion-flex-column fusion-flex-align-self-flex-start fusion-column-no-min-height\"><div class=\"fusion-column-wrapper fusion-flex-justify-content-flex-start fusion-content-layout-column\" style=\"background-position:left top;background-repeat:no-repeat;-webkit-background-size:cover;-moz-background-size:cover;-o-background-size:cover;background-size:cover;padding: 0px 0px 0px 0px;\"><div class=\"fusion-text fusion-text-3\" style=\"transform:translate3d(0,0,0);\"><p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Como sucede actualmente coa crise dos refuxiados, cada certo tempo aparece unha noticia que nos lembra as grandes cantidades de persoas que se api\u00f1an nalg\u00fans puntos concretos das nosas fronteiras, nas inmediaci\u00f3ns das mesmas ou en zonas de pa\u00edses veci\u00f1os desde as cales tentan introducirse no noso territorio. Ante o tama\u00f1o crecente desas aglomeraci\u00f3ns \u00e9ntranos medo e, baixo a crenza de que a econom\u00eda propia non poder\u00e1 absorber semellante cantidade de persoas, esiximos o fortalecemento das fronteiras, a construci\u00f3n de valos m\u00e1is altos e a intensificaci\u00f3n dos controis. Consideramos o posible maremoto de emigrantes como o problema e as fronteiras como a soluci\u00f3n ao mesmo. As\u00ed exposto, o problema parece loxicamente anterior \u00e1 soluci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 \u00bfPero sucede realmente as\u00ed? Imaxinemos un pobo situado nun val atravesado por un pequeno r\u00edo. Este r\u00edo fl\u00fae de forma natural das zonas m\u00e1is altas dunha monta\u00f1a pr\u00f3xima ata o mar pasando polo citado pobo. Os habitantes vense enriquecidos polas augas que transporta. Agora imaxinemos que algu\u00e9n constr\u00fae no r\u00edo un dique de proporci\u00f3ns xigantescas (d\u00e1 igual por que motivo). Co tempo, o dique acaba por encherse e a auga comeza a ameazar con desbordalo, ou a\u00ednda peor, con romper o propio dique alagando todo o pobo. Ante tal posibilidade, \u00e9 normal que os habitantes do pobo sintan medo, e empecen a falar de facer o dique a\u00ednda m\u00e1is grande.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Pero neste caso, \u00bfo problema \u00e9 a auga ou \u00e9 o dique? Antes da construci\u00f3n do mesmo a auga flu\u00eda de forma natural e non xeraba ning\u00fan tipo de problema. \u00c9 pois, o dique o que xera un problema antes inexistente, e non unha soluci\u00f3n ao mesmo. Da mesma maneira, se non houbese fronteiras haber\u00eda un fluxo natural de persoas que emigrar\u00edan desde zonas pobres a zonas ricas como veu sucedendo ao longo da historia.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Nas localidades de orixe dos emigrantes haber\u00e1 pouca demanda de man de obra e moita oferta da mesma, o que se traducir\u00e1 en baixos salarios. Estes baixos salarios contrastar\u00e1n con outros m\u00e1is elevados de zonas m\u00e1is ricas. Este contraste, esta diferenza de prezos, ser\u00e1 o incentivo que mova \u00e1s persoas para emigrar. Pero non todo o mundo estar\u00e1 nas mesmas circunstancias, nin ter\u00e1 as mesmas oportunidades, nin estar\u00e1 disposto de igual modo a asumir os custos dunha viaxe e un futuro incertos. Quizais primeiro emprendan a viaxe os m\u00e1is desesperados, os m\u00e1is intr\u00e9pidos, e os que consigan reunir o capital necesario para asumir o custo da viaxe. Segundo m\u00e1is habitantes partan da s\u00faa localidade e vaian chegando ao seu destino, a diferenza de prezos da man de obra entre os dous lugares irase reducindo (o prezo da man de obra no lugar de orixe aumentar\u00e1 debido ao descenso da oferta da mesma, posto que agora hai menos traballadores; e o prezo no lugar de destino diminuir\u00e1 ao aumentar a oferta da mesma). Esta reduci\u00f3n far\u00e1 que, chegado un punto, o di\u00f1eiro que se poder\u00eda ga\u00f1ar a maiores emigrando non cubra os custos de semellante aventura. Pero isto non afectar\u00e1 a todos por igual, poida que a alg\u00fans xa non lles compense, ao seu xu\u00edzo, a viaxe e a outros si. Isto depender\u00e1 das circunstancias de cada un, que estar\u00e1n continuamente cambiando, as\u00ed como tam\u00e9n cambian as circunstancias nos posibles lugares de destino. Toda esta informaci\u00f3n, continuamente cambiante, transm\u00edtese a trav\u00e9s do mercado. As\u00ed pois, os habitantes dunha localidade poder\u00e1n adquirir parte desta informaci\u00f3n acerca de distintos lugares e valorar a posibilidade de emigrar a un deles.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Hai quen di que isto \u00faltimo non \u00e9 certo, que os emigrantes non te\u00f1en ningunha informaci\u00f3n e que seguir\u00e1n emigrando a unha cidade concreta a pesar de que xa non haxa traballo nela e os soldos sexan baixos. Coma se actuasen de modo irracional, seguir\u00e1n emigrando como tolos a esa cidade ata afundila por baixo do nivel do mar co seu propio peso. Poida que a ollos dos que viven na cidade as condici\u00f3ns de vida sexan malas, pero seguramente para os inmigrantes ser\u00e1n mellores que as que ti\u00f1an nos seus lugares de orixe. Se os emigrantes non act\u00faan utilizando informaci\u00f3n para decidir a que sitios emigrar e a cales non, sen\u00f3n que o fan por azar, xa \u00e9 casualidade que a maior\u00eda queira emigrar a Europa e Estados Unidos.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Todo este proceso pode observarse claramente nas migraci\u00f3ns que te\u00f1en lugar dentro de cada pa\u00eds. Non sucede de golpe que toda a poboaci\u00f3n dun pa\u00eds emigre a unha cidade do mesmo. A xente quere mellorar as s\u00faas condici\u00f3ns de vida, e por tanto, deixar\u00e1n de migrar a unha zona concreta en canto non lle sirva para alcanzar esa mellora.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 Observamos as\u00ed que os valos e as barreiras non son a soluci\u00f3n ao problema das aglomeraci\u00f3ns de inmigrantes ao redor das nosas fronteiras, sen\u00f3n a s\u00faa orixe.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 A migraci\u00f3n interna fainos ademais preguntarnos o seguinte: se a migraci\u00f3n interna non \u00e9 dani\u00f1a, \u00bfpor que si o \u00e9 a emigraci\u00f3n internacional? Quizais as d\u00faas sexan dani\u00f1as, pero en tal caso, haber\u00eda que po\u00f1er fronteiras entre as provincias e tam\u00e9n entre os pobos. Isto \u00e9 claramente absurdo. Se cadra a emigraci\u00f3n \u00e9 prexudicial a partir dun tama\u00f1o, pero, \u00bfa partir de que tama\u00f1o?, \u00bfcal \u00e9 a escala correcta? Porque hai pa\u00edses de todos os tama\u00f1os. \u00bfComo defender que hai que po\u00f1er fronteiras entre dous pa\u00edses, cando hai alg\u00fan pa\u00eds m\u00e1is grande que eses dous xuntos sen fronteiras internas?<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #999999;\">\u00a0 O fluxo natural de persoas duns lugares a outros non \u00e9 dani\u00f1o, sen\u00f3n beneficioso. Cons\u00e9guese as\u00ed que a man de obra despr\u00e1cese al\u00ed onde \u00e9 m\u00e1is demandada (ningu\u00e9n dir\u00eda que \u00e9 malo que os tomates vaian de onde sobran onde fan falta). Ao chegar emigrantes a unha cidade aumenta a poboaci\u00f3n, pero os sitios m\u00e1is poboados adoitan ser os m\u00e1is ricos. E isto \u00e9 as\u00ed, posto que un maior n\u00famero de persoas far\u00e1 posible unha maior especializaci\u00f3n do co\u00f1ecemento, que xunto coa acumulaci\u00f3n de capital necesaria, posibilitar\u00e1 un alongamento da estrutura produtiva. Alongamento que xerar\u00e1 un aumento da riqueza ao haber un maior n\u00famero de bens de m\u00e1is calidade a prezos relativos menores.<\/span><\/p>\n<\/div><\/div><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;margin-top : 0px;margin-bottom : 0px;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {padding-top : 0px !important;padding-right : 0px !important;margin-right : 0px;padding-bottom : 0px !important;padding-left : 0px !important;margin-left : 0px;}@media only screen and (max-width:1024px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}@media only screen and (max-width:640px) {.fusion-body .fusion-builder-column-1{width:100% !important;}.fusion-builder-column-1 > .fusion-column-wrapper {margin-right : 0px;margin-left : 0px;}}<\/style><\/div><style type=\"text\/css\">.fusion-body .fusion-flex-container.fusion-builder-row-2{ padding-top : 20px;margin-top : 0px;padding-right : 0px;padding-bottom : 20px;margin-bottom : 0px;padding-left : 0px;}<\/style><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-13555","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-cy"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13555","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13555"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13555\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14283,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13555\/revisions\/14283"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13555"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13555"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xoandelugo.org\/cy\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13555"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}